Dihidrouracilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dihidrouracilo
Identificadores
Número CAS 504-07-4
PubChem 649
ChemSpider 629
MeSH Dihydrouracil
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C4H6N2O2
Masa molecular 114,10264

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O dihidrouracilo é unha base nitroxenada pirimidínica derivada do uracilo, do cal é un intermediario de degradación. Está presente de forma natural nos ARNt formando parte da dihidrouridina. Un exemplo é o ARNt que transporta fenilalanina.[1] A diferenza do uracilo o anel pirimidínico do dihidrouracilo incorporou dous átomos de hidróxeno, polo que está completamente saturado e carece de dobres enlaces. O dihidrouracilo pode formar pares de bases de Watson e Crick coa adenina.

Estrutura do par de bases adenina-dihidrouracilo (A-D).
ARNt-Phe de lévedo que ten nun dos brazos (brazo DHU) o nucleósido dihidrouridina, que contén dihidrouracilo (indicado por D).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Huijing Shi et Peter B. Moore, « The crystal structure of yeast phenylalanine tRNA at 1.93 Å resolution: A classic structure revisited », RNA, vol. 6, no 8,‎ août 2000, p. 1091-1105. PMID 10943889, PMCID 1369984, DOI 10.1017/S1355838200000364