Dihidrofolato redutase
| DHFR | |||
|---|---|---|---|
| Estruturas dispoñibles | |||
| PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB
Lista de códigos PDB
| ||
| Identificadores | |||
| Nomenclatura | Outros nomes
| ||
| Identificadores externos | |||
| Locus | Cr. 5 q14.1 | ||
| Ortólogos | |||
| Especies |
| ||
| Entrez |
| ||
| Ensembl |
| ||
| UniProt |
| ||
| RefSeq (ARNm) |
| ||
| RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
| Localización (UCSC) |
| ||
| PubMed (Busca) |
| ||
A dihidrofolato redutase ou DHFR é un encima que reduce o ácido dihidrofólico a ácido tetrahidrofólico usando NADPH como doante de electróns, o cal pode converterse despois nos tipos de cofactores tetrahidrofolato utilizados na química de transferencia dun carbono. Nos humanos, o encima DHFR está codificado polo xene DHFR[1][2] situado na rexión q14.1 do cromosoma 5.[3]
Hai dúas clases estruturais de DHFR, que non están relacionadas evolutivamente entre si. O mencionado anteriormente é o que xeralmente se chama DHFR e atópase en cromosomas bacterianos e de animais. Porén, nas bacterias, a presión exercida polos antibióticos causou que nesta clase evolucionasen diferentes xeitos de unirse a moléculas diaminoheterocíclicas, orixinando diversos "tipos" incluídos nesta clase, mentres que os de mamíferos permaneceron con características moi similares.[4] A segunda das clases (as de tipo II) está representada pola R67 codificada en plastidios, que é un encima diminuto que funciona formando un homotetrámero.[5]
Función
[editar | editar a fonte]| Dihidrofolato redutase | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Identificadores | |||||||||
| Número EC | 1.5.1.3 | ||||||||
| Número CAS | 9002-03-3 | ||||||||
| Bases de datos | |||||||||
| IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
| BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
| ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
| KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
| MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
| PRIAM | perfil | ||||||||
| Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
| Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
| |||||||||
A dihidrofolato redutase converte o dihidrofolato en tetrahidrofolato, unha lanzadeira de protóns necesaria para a síntese de novo de purinas, ácido timidílico e certos aminoácidos. Aínda que o xene funcional da dihidrofolato redutase se mapeou no cromosoma 5, identificáronse múltiples psuedoxenes procesados sen intróns similares ao da dihidrofolato redutase situados noutros cromosomas.[6]
- Reacción catalizada pola DHFR.
- Vía de síntese do tetrahidrofolato.
A DHFR, que se atopa en todos os organismos, ten un papel fundamental na regulación da cantidade de tetrahidrofolato da célula. O tetrahidrofolato e os seus derivados son esenciais para a síntese de purinas e timidilato, que son importantes para a proliferación e crecemento celular.[7] A DHFR xoga un papel central na síntese de precursores de ácidos nucleicos, e observouse que as células mutantes que carecen completamente de DHFR necesitan para crecer glicina, unha purina e timidina.[8] A DHFR é tamén un encima implicado no rescate de tetrahidrobiopterina a partir de dihidrobiopterina.[9][10]
Estrutura
[editar | editar a fonte]| Dihidrofolato redutase | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura cristalina da dihidrofolato redutase de fígado de galiña. Entrda de PDB 8dfr | |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| Símbolo | DHFR_1 | ||||||||
| Pfam | PF00186 | ||||||||
| Pfam clan | CL0387 | ||||||||
| InterPro | IPR001796 | ||||||||
| PROSITE | PDOC00072 | ||||||||
| SCOPe | 1dhi / SUPFAM | ||||||||
| |||||||||
A principal característica do pregmento do esqueleto polipeptídico da DHFR é unha folla beta de 8 febras.[11] Sete destas febras son paralelas e a oitava discorre antiparalela. Catro hélices alfa conectan as sucesivas febras beta.[12] Os residuos 9–24 denomínanse "Met20" ou "bucle 1" e, xunto con outros bucles, forman parte do subdominio principal que rodea o sitio activo.[13] O sitio activo está situado na metade N-terminal da secuencia, que inclúe un dipéptido conservado Pro-Trp; o triptófano está implicado na unión do encima co substrato.[12]
Mecanismo
[editar | editar a fonte]Mecanismo xeral
[editar | editar a fonte]
A DHFR cataliza a transferencia dun hidruro do NADPH ao dihidrofolato acompañada dunha protonación para producir tetrahidrofolato.[7] Ao final, o dihidrofolato redúcese a tetrahidrofolato e o NADPH oxídase a NADP+. A gran flexibilidade do Met20 e outros bucles próximos ao sitio activo xoga un papel na promoción da liberación do produto, o tetrahidrofolato. En concreto, o bucle Met20 axuda a estabilizar o anel de nicotinamida do NADPH para promover a transferencia do hidruro desde o NADPH ao dihidrofolato.[13]
O mecanismo deste encima funciona paso a paso e é aleatorio en estado estacionario. A reacción catalítica comeza coa unión do NADPH e do substrato ao sitio activo do encima, seguida da protonación e transferencia de hidruro desde o cofactor NADPH ao substrato. Porén, os dous pasos útimos non teñen lugar simultaneamente no mesmo estado de transición.[14][15] Nun estudo no que se usaron estratexias computacionais e experimentais, Liu et al concluíron que o paso de protonación precede á transferencia do hidruro.[16]

O mecanismo encimático da DHFR é dependente do pH, particularmente o paso da transferencia do hidruro, xa que os cambios de pH teñen unha considerable influencia na electrostática do sitio activo e no estado de inonización dos seus residuos.[16] A acidez do nitróxeno afectado do substrato é importante na unión do substrato ao sitio de unión do encima, que se demostrou que é hidrófobo malia estar en contacto directo coa auga.[14][17] O Asp27 é o único residuo hidrófilo cargado do sitio de unión, e a neutralización da carga do Asp27 pode alterar o pKa do encima. O Asp27 xoga un papel crítico no mecanismo catlítico axudando coa protonación do substrato e restrinxido o substrato na conformación favorable para a transferencia do hidruro.[18][14][17] O paso de protonación está asociado coa tautomerización enol mesmo se esta conversión non se considera favorable para doar protóns.[15] Unha molécula de auga está implicada no paso de protonación.[19][20][21] A entrada da molécula de auga no sitio activo do encima é facilitda polo bucle Met20.[22]
Cambios conformacionais da DHFR
[editar | editar a fonte]
O ciclo catalítico da reacción catalizada pola DHFR incorpora cinco intermediarios importantes: holoencima (E:NADPH), complexo de Michaelis (E:NADPH:DHF), complexo ternario do produto (E:NADP+:THF), complexo binario do tetrahidrofolato (E:THF), e complexo THF‚NADPH (E:NADPH:THF). O paso da disociación do produto (THF) do E:NADPH:THF ao E:NADPH é o paso limitante da velocidade durante o recambio do estado estacionario.[18]
Os cambios conformacionais son fundamentais no mecanismo catalítico da DHFR.[23] O bucle Met20 da DHFR pode abrir, pechar ou ocluír o sitio activo.[20][14] En correspondencia, asignáronse tres conformacións ao Met20 clasificadas como estados aberto, pechado e ocluído. Ademais, definiuse unha conformación distorsionada extra da Met20 debido ao carácter indistinto dos resultados.[20] O bucle Met20 obsérvase na súa conformación ocluída nos tres intermediarios que se ligan ao produto, nos que o anel de nicotinamida está ocluído do sitio activo. Esta característica conformacional explica que a substitución do NADP+ por NADPH se produce antes da disociación do produto. Deste xeito, pode producirse a seguinte rolda de reacción despois da unión do substrato.[18]
DHFR R67
[editar | editar a fonte]| R67 dihidrofolato reductase | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A R67 en complexo co DHF e o NADP+, monómero. Entrada de PDB 2rk1
. | |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| Símbolo | DHFR_2 | ||||||||
| Pfam | PF06442 | ||||||||
| InterPro | IPR009159 | ||||||||
| SCOPe | 1vif / SUPFAM | ||||||||
| |||||||||
Debido á súa estrutura única e características catalíticas, a DHFR R67 é moi estudada. A DHFR R67 é unha DHFR de tipo II codificada no plásmido R sen relación xenética ou estrutural coa DHFR cromosómica de Escherichia coli. É un homotetrámero que posúe simetría 222 cun só poro de sitio activo que está exposto ao solvente.[24] Esta simetría do sitio activo ten como resultado o modo de unión diferente que presenta o encima: pode unirse con dúas moléculas de dihidrofolato (DHF) con cooperatividade positiva ou con dúas moléculas de NADPH con coopertividade negativa, ou a un substrato máis a outro, pero só o último ten a actividade catalítica.[25] Comparado coa DHFR cromosómica de E. coli, ten unha maior Km na unión do dihidrofolato (DHF) e NADPH. A cinética catalítica moito menor mostra que a transferencia de hidruro é o paso limitante da velocidade e non a liberación do produto (THF).[26]
Na estrutura da DHFR R67, o homotetrámero forma un poro de sitio activo. No proceso catlítico, o DHF e o NADPH entran no poro desde poicións opostas. A interacción de empillado π-π entre o anel de nicotinamida do NADPH e o anel de pteridina do DHF conectan estreitamente dous reactantes no sitio activo. Porén, observouse unha flexibilidade da cola p-aminobenzoilglutamato do DHF despois da unión, o cal pode promover a formación do estado de transición.[27]
- Comparación da cinética da reacción entre A DHFR de E. coli (EcDHFR) e a DHFR R67.
- Diferenza na estrutura da unión do substrato en EcDHFR e DHFR R67.
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]As mutacións na DHFR causan deficiencia de dihidrofolato redutase, unha rara doenza conxénita autosómica recesiva do metaboismo do folato que ten como resultado anemia megaloblástica, pancitopenia e deficiencia de folato cerebral grave. Estes problemas poden ser superados pola suplementación cunha forma reducida do folato, normalmente ácido folínico.[6][28][29]
Aplicacións terapéuticas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Inhibidor da dihidrofolato redutase.
A DHFR é unha atractiva diana farmacéutica para a inhibición polo seu papel central como precursor da timina para a síntese do ADN. O trimetoprim, un antibiótico, inhibe a DHFR bacteriana, mentes que o metotrexato, un axente quimioterápico, inhibe a DHFR de mamíferos. Porén, desenvolveuse resistencia contra algúns destes fármacos, como resultado de cambios mutacionais na propia DHFR.[30]
Cancro
[editar | editar a fonte]A DHFR é responsable dos niveis de tetrahidrofolato na célula, e a inhibición da DHFR pode limitar o crecemento e proliferación de células que son características do cancro e de infeccións bacterianas. O metotrexato, un inhibidor competitivo da DHFR, é un deses fármacos anticancro que inhibe a DHFR.[31]
O folato é necesario para o crecemento,[32] e a vía do metabolismo do folato é unha diana en tratamentos en desenvolvemento para o cancro. A DHFR é unha desas dianas. Un tratamento con fluorouracilo, doxorrubicina e metotrexato prolonga a supervivencia de pacientes con cancro gástrico avanzado.[33] Máis estudos sobre inhibidores da DHFR poden orixinar máis formas de tratar o cancro.
Infección
[editar | editar a fonte]As bacterias tamén necesitan a DHFR para crecer e multiplicarse e, por tanto, os inhibidores selectivos para a DHFR bacteriana encontraron aplicación como axentes antibacterianos.[34] O trimetoprim ten actividade contra diversos patóxenos bacterianos grampositivos.[34] Porén, a resistencia ao trimetoprim e outros fármacos dirixidos contra a DHFR pode orixinarse por diversos mecanismos, limitando o éxito dos seus usos terapéuticos.[35][36][37] A resistencia pode orixinarse pola amplificación do xene DHFR, mutacións na DHFR,[38][39] diminución na captación deses fármacos, entre outros. Malia todo, o trimetoprim e o sulfametoxazol en combinación foron utilizados como axentes antibacterianos durante décadas.[34]
A pirimetamina é un axente antiprotozoario moi usado.[40]
Outras clases de compostos que teñen como diana a DHFR en xeral, e as DHFRs bacerianas en particular, pertencen a clases como as diaminopteridinas, diaminotriazinas, diaminopirroloquinazolinas, estilbenos, chalconas, desoxibenzoínas, diaminoquinazolinas, diaminopirroloquinazolinas, entre outras.
Posible tratamento para o ántrax
[editar | editar a fonte]
A DHDR de Bacillus anthracis (BaDHFR) é unha diana de fármacos validada para o tratamento da enfermidade infecciosa do ántrax. A BaDHFR é menos sensible a análogos da trimetoprima do que é a dihidrofolato redutase doutras especies como Escherichia coli, Staphylococcus aureus e Streptococcus pneumoniae. Un aliñameno estrutural da dihidrofolato redutase desas catro especies mostra que só a BaDHFR ten a combinación de fenilalanina e tirosina nas posicións 96 e 102, respectivamente.
A resistencia da BaDHFR a análogos do trimetoprim débese a estes dous residuos (F96 e Y102), que tamén lle meloran a cinética e a eficiencia catalítica.[41] A investigación actual usa sitios activos na BaDHFR para guiar a optimización de novos inhibidores antifolato.[41]
Como ferramenta de investigación
[editar | editar a fonte]A DHFR utilizouse como ferramenta para detectar interaccións proteína-proteína nun ensaio de complementación de fragmento de proteína (PCA), usando unha estratexia de proteína dividida.[42]
As células CHO carentes de DHFR son a liña celular máis usada para a produción de proteínas recombinantes. Estas células son transfectadas cun plásmido que porta o xene dhfr e o xene para a proteína recombinante nun só sistema de expresión, e despois son sometidas a condicións selectivas e medio de crecemento sen timidina. Soamente sobreviven as células co xene DHFR exóxeno xunto co xene de interese. A suplementación deste medio con metotrexato, un inhibidor competitivo da DHFR, pode facer unha ulterior selección das células que expresan os maiores niveis de DHFR, e así, seleccionar os mellores produtores de proteínas recombinantes.[43]
Interaccións
[editar | editar a fonte]A dihidrofolato redutase interacciona con GroEL[44] e Mdm2.[45]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chen MJ, Shimada T, Moulton AD, Harrison M, Nienhuis AW (decembro de 1982). "Intronless human dihydrofolate reductase genes are derived from processed RNA molecules". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 79 (23): 7435–9. Bibcode:1982PNAS...79.7435C. PMC 347354. PMID 6961421. doi:10.1073/pnas.79.23.7435.
- ↑ Chen MJ, Shimada T, Moulton AD, Cline A, Humphries RK, Maizel J, Nienhuis AW (marzo de 1984). "The functional human dihydrofolate reductase gene". The Journal of Biological Chemistry 259 (6): 3933–43. PMID 6323448. doi:10.1016/S0021-9258(17)43186-3.
- ↑ "DHFR dihydrofolate reductase [Homo sapiens (human)]". Gene - NCBI. Consultado o 21 de febreiro de 2023.
- ↑ Smith SL, Patrick P, Stone D, Phillips AW, Burchall JJ (novembro de 1979). "Porcine liver dihydrofolate reductase. Purification, properties, and amino acid sequence". The Journal of Biological Chemistry 254 (22): 11475–84. PMID 500653. doi:10.1016/S0021-9258(19)86510-9.
- ↑ Krahn JM, Jackson MR, DeRose EF, Howell EE, London RE (decembro de 2007). "Crystal structure of a type II dihydrofolate reductase catalytic ternary complex". Biochemistry 46 (51): 14878–14888. PMC 3743094. PMID 18052202. doi:10.1021/bi701532r.
- 1 2 "Entrez Gene: DHFR dihydrofolate reductase".
- 1 2 Schnell JR, Dyson HJ, Wright PE (2004). "Structure, dynamics, and catalytic function of dihydrofolate reductase". Annual Review of Biophysics and Biomolecular Structure 33 (1): 119–40. PMID 15139807. doi:10.1146/annurev.biophys.33.110502.133613.
- ↑ Urlaub G, Chasin LA (xullo de 1980). "Isolation of Chinese hamster cell mutants deficient in dihydrofolate reductase activity". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 77 (7): 4216–20. Bibcode:1980PNAS...77.4216U. PMC 349802. PMID 6933469. doi:10.1073/pnas.77.7.4216.
- ↑ Crabtree MJ, Tatham AL, Hale AB, Alp NJ, Channon KM (outubro de 2009). "Critical role for tetrahydrobiopterin recycling by dihydrofolate reductase in regulation of endothelial nitric-oxide synthase coupling: relative importance of the de novo biopterin synthesis versus salvage pathways". The Journal of Biological Chemistry 284 (41): 28128–36. PMC 2788863. PMID 19666465. doi:10.1074/jbc.M109.041483.
- ↑ Harpey JP (1989). "Chapter 17: The Relationship Between Biopterin and Folate Metabolism". En Zittoun JA, Cooper BA. Folates and Cobalamins. Springer-Verlag. pp. 215–218. ISBN 978-3-540-50653-9. doi:10.1007/978-3-642-74364-1_17.
- ↑ Matthews DA, Alden RA, Bolin JT, Freer ST, Hamlin R, Xuong N, Kraut J, Poe M, Williams M, Hoogsteen K (xullo de 1977). "Dihydrofolate reductase: x-ray structure of the binary complex with methotrexate". Science 197 (4302): 452–5. Bibcode:1977Sci...197..452M. PMID 17920. doi:10.1126/science.17920.
- 1 2 Filman DJ, Bolin JT, Matthews DA, Kraut J (novembro de 1982). "Crystal structures of Escherichia coli and Lactobacillus casei dihydrofolate reductase refined at 1.7 Å resolution. II. Environment of bound NADPH and implications for catalysis". The Journal of Biological Chemistry 257 (22): 13663–72. PMID 6815179. doi:10.1016/S0021-9258(18)33498-7.
- 1 2 Osborne MJ, Schnell J, Benkovic SJ, Dyson HJ, Wright PE (agosto de 2001). "Backbone dynamics in dihydrofolate reductase complexes: role of loop flexibility in the catalytic mechanism". Biochemistry 40 (33): 9846–59. PMID 11502178. doi:10.1021/bi010621k.
- 1 2 3 4 Rod TH, Brooks CL (xullo de 2003). "How dihydrofolate reductase facilitates protonation of dihydrofolate". Journal of the American Chemical Society 125 (29): 8718–9. Bibcode:2003JAChS.125.8718R. PMID 12862454. doi:10.1021/ja035272r.
- 1 2 Wan Q, Bennett BC, Wilson MA, Kovalevsky A, Langan P, Howell EE, Dealwis C (decembro de 2014). "Toward resolving the catalytic mechanism of dihydrofolate reductase using neutron and ultrahigh-resolution X-ray crystallography". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 111 (51): 18225–30. Bibcode:2014PNAS..11118225W. PMC 4280638. PMID 25453083. doi:10.1073/pnas.1415856111.
- 1 2 Liu CT, Francis K, Layfield JP, Huang X, Hammes-Schiffer S, Kohen A, Benkovic SJ (decembro de 2014). "Escherichia coli dihydrofolate reductase catalyzed proton and hydride transfers: temporal order and the roles of Asp27 and Tyr100". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 111 (51): 18231–6. Bibcode:2014PNAS..11118231L. PMC 4280594. PMID 25453098. doi:10.1073/pnas.1415940111.
- 1 2 Czekster CM, Vandemeulebroucke A, Blanchard JS (xaneiro de 2011). "Kinetic and chemical mechanism of the dihydrofolate reductase from Mycobacterium tuberculosis". Biochemistry 50 (3): 367–75. PMC 3074011. PMID 21138249. doi:10.1021/bi1016843.
- 1 2 3 Fierke CA, Johnson KA, Benkovic SJ (xuño de 1987). "Construction and evaluation of the kinetic scheme associated with dihydrofolate reductase from Escherichia coli". Biochemistry 26 (13): 4085–92. PMID 3307916. doi:10.1021/bi00387a052.
- ↑ Reyes VM, Sawaya MR, Brown KA, Kraut J (febreiro de 1995). "Isomorphous crystal structures of Escherichia coli dihydrofolate reductase complexed with folate, 5-deazafolate, and 5,10-dideazatetrahydrofolate: mechanistic implications". Biochemistry 34 (8): 2710–23. PMID 7873554. doi:10.1021/bi00008a039.
- 1 2 3 Sawaya MR, Kraut J (xaneiro de 1997). "Loop and subdomain movements in the mechanism of Escherichia coli dihydrofolate reductase: crystallographic evidence". Biochemistry 36 (3): 586–603. PMID 9012674. doi:10.1021/bi962337c.
- ↑ Chen YQ, Kraut J, Blakley RL, Callender R (xuño de 1994). "Determination by Raman spectroscopy of the pKa of N5 of dihydrofolate bound to dihydrofolate reductase: mechanistic implications". Biochemistry 33 (23): 7021–6. PMID 8003467. doi:10.1021/bi00189a001.
- ↑ Shrimpton P, Allemann RK (xuño de 2002). "Role of water in the catalytic cycle of E. coli dihydrofolate reductase". Protein Science 11 (6): 1442–51. PMC 2373639. PMID 12021443. doi:10.1110/ps.5060102.
- ↑ Antikainen NM, Smiley RD, Benkovic SJ, Hammes GG (decembro de 2005). "Conformation coupled enzyme catalysis: single-molecule and transient kinetics investigation of dihydrofolate reductase". Biochemistry 44 (51): 16835–43. PMID 16363797. doi:10.1021/bi051378i.
- ↑ Narayana N, Matthews DA, Howell EE, Nguyen-huu X (novembro de 1995). "A plasmid-encoded dihydrofolate reductase from trimethoprim-resistant bacteria has a novel D2-symmetric active site". Nature Structural Biology 2 (11): 1018–25. PMID 7583655. doi:10.1038/nsb1195-1018.
- ↑ Bradrick TD, Beechem JM, Howell EE (setembro de 1996). "Unusual binding stoichiometries and cooperativity are observed during binary and ternary complex formation in the single active pore of R67 dihydrofolate reductase, a D2 symmetric protein". Biochemistry 35 (35): 11414–24. PMID 8784197. doi:10.1021/bi960205d.
- ↑ Park H, Zhuang P, Nichols R, Howell EE (xaneirode 1997). "Mechanistic studies of R67 dihydrofolate reductase. Effects of pH and an H62C mutation". The Journal of Biological Chemistry 272 (4): 2252–8. PMID 8999931. doi:10.1074/jbc.272.4.2252.
- ↑ Kamath G, Howell EE, Agarwal PK (outubro de 2010). "The tail wagging the dog: insights into catalysis in R67 dihydrofolate reductase". Biochemistry 49 (42): 9078–88. PMID 20795731. doi:10.1021/bi1007222.
- ↑ Banka S, Blom HJ, Walter J, Aziz M, Urquhart J, Clouthier CM, Rice GI, de Brouwer AP, Hilton E, Vassallo G, Will A, Smith DE, Smulders YM, Wevers RA, Steinfeld R, Heales S, Crow YJ, Pelletier JN, Jones S, Newman WG (febreiro de 2011). "Identification and characterization of an inborn error of metabolism caused by dihydrofolate reductase deficiency". American Journal of Human Genetics 88 (2): 216–25. PMC 3035707. PMID 21310276. doi:10.1016/j.ajhg.2011.01.004.
- ↑ Nyhan WL, Hoffmann GF, Barshop BA (30 de decembro de 2011). Atlas of Inherited Metabolic Diseases 3E. CRC Press. pp. 141–. ISBN 978-1-4441-4948-7.
- ↑ Cowman AF, Lew AM (novembro de 1989). "Antifolate drug selection results in duplication and rearrangement of chromosome 7 in Plasmodium chabaudi". Molecular and Cellular Biology 9 (11): 5182–8. PMC 363670. PMID 2601715. doi:10.1128/mcb.9.11.5182.
- ↑ Li R, Sirawaraporn R, Chitnumsub P, Sirawaraporn W, Wooden J, Athappilly F, Turley S, Hol WG (xaneiro de 2000). "Three-dimensional structure of M. tuberculosis dihydrofolate reductase reveals opportunities for the design of novel tuberculosis drugs". Journal of Molecular Biology 295 (2): 307–23. PMID 10623528. doi:10.1006/jmbi.1999.3328.
- ↑ Bailey SW, Ayling JE (setembro de 2009). "The extremely slow and variable activity of dihydrofolate reductase in human liver and its implications for high folic acid intake". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 106 (36): 15424–9. PMC 2730961. PMID 19706381. doi:10.1073/pnas.0902072106.
- ↑ Murad AM, Santiago FF, Petroianu A, Rocha PR, Rodrigues MA, Rausch M (xullo de 1993). "Modified therapy with 5-fluorouracil, doxorubicin, and methotrexate in advanced gastric cancer". Cancer 72 (1): 37–41. PMID 8508427. doi:10.1002/1097-0142(19930701)72:1<37::AID-CNCR2820720109>3.0.CO;2-P.
- 1 2 3 Hawser S, Lociuro S, Islam K (marzo de 2006). "Dihydrofolate reductase inhibitors as antibacterial agents". Biochemical Pharmacology 71 (7): 941–8. PMID 16359642. doi:10.1016/j.bcp.2005.10.052.
- ↑ Narayana N, Matthews DA, Howell EE, Nguyen-huu X (novembro de 1995). "A plasmid-encoded dihydrofolate reductase from trimethoprim-resistant bacteria has a novel D2-symmetric active site". Nature Structural Biology 2 (11): 1018–25. PMID 7583655. doi:10.1038/nsb1195-1018.
- ↑ Huennekens FM (xuño de 1996). "In search of dihydrofolate reductase". Protein Science 5 (6): 1201–8. PMC 2143423. PMID 8762155. doi:10.1002/pro.5560050626.
- ↑ Banerjee D, Mayer-Kuckuk P, Capiaux G, Budak-Alpdogan T, Gorlick R, Bertino JR (xullo de 2002). "Novel aspects of resistance to drugs targeted to dihydrofolate reductase and thymidylate synthase". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Molecular Basis of Disease 1587 (2–3): 164–73. PMID 12084458. doi:10.1016/S0925-4439(02)00079-0.
- ↑ Toprak E, Veres A, Michel JB, Chait R, Hartl DL, Kishony R (decembro de 2011). "Evolutionary paths to antibiotic resistance under dynamically sustained drug selection". Nature Genetics 44 (1): 101–5. PMC 3534735. PMID 22179135. doi:10.1038/ng.1034.
- ↑ Rodrigues JV, Bershtein S, Li A, Lozovsky ER, Hartl DL, Shakhnovich EI (marzo de 2016). "Biophysical principles predict fitness landscapes of drug resistance". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 113 (11): E1470–8. Bibcode:2016PNAS..113E1470R. PMC 4801265. PMID 26929328. doi:10.1073/pnas.1601441113.
- ↑ Benkovic SJ, Fierke CA, Naylor AM (marzo de 1988). "Insights into enzyme function from studies on mutants of dihydrofolate reductase". Science 239 (4844): 1105–10. Bibcode:1988Sci...239.1105B. PMID 3125607. doi:10.1126/science.3125607.
- 1 2 Beierlein JM, Karri NG, Anderson AC (outubro de 2010). "Targeted mutations of Bacillus anthracis dihydrofolate reductase condense complex structure−activity relationships". Journal of Medicinal Chemistry 53 (20): 7327–36. PMC 3618964. PMID 20882962. doi:10.1021/jm100727t.
- ↑ Tarassov K, Messier V, Landry CR, Radinovic S, Serna Molina MM, Shames I, Malitskaya Y, Vogel J, Bussey H, Michnick SW (xuño de 2008). "An in vivo map of the yeast protein interactome" (PDF). Science 320 (5882): 1465–70. Bibcode:2008Sci...320.1465T. PMID 18467557. doi:10.1126/science.1153878. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2025.
- ↑ Ng SK (2012). "Generation of High-Expressing Cells by Methotrexate Amplification of Destabilized Dihydrofolate Reductase Selection Marker". Protein Expression in Mammalian Cells. Methods in Molecular Biology 801. pp. 161–172. ISBN 978-1-61779-351-6. PMID 21987253. doi:10.1007/978-1-61779-352-3_11.
- ↑ Mayhew M, da Silva AC, Martin J, Erdjument-Bromage H, Tempst P, Hartl FU (febreiro de 1996). "Protein folding in the central cavity of the GroEL-GroES chaperonin complex". Nature 379 (6564): 420–6. Bibcode:1996Natur.379..420M. PMID 8559246. doi:10.1038/379420a0.
- ↑ Maguire M, Nield PC, Devling T, Jenkins RE, Park BK, Polański R, Vlatković N, Boyd MT (maio de 2008). "MDM2 regulates dihydrofolate reductase activity through monoubiquitination". Cancer Research 68 (9): 3232–42. PMC 3536468. PMID 18451149. doi:10.1158/0008-5472.CAN-07-5271.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Joska TM, Anderson AC (outubro de 2006). "Structure-activity relationships of Bacillus cereus and Bacillus anthracis dihydrofolate reductase: toward the identification of new potent drug leads". Antimicrobial Agents and Chemotherapy 50 (10): 3435–43. PMC 1610094. PMID 17005826. doi:10.1128/AAC.00386-06.
- Chan DC, Fu H, Forsch RA, Queener SF, Rosowsky A (xuño de 2005). "Design, synthesis, and antifolate activity of new analogues of piritrexim and other diaminopyrimidine dihydrofolate reductase inhibitors with omega-carboxyalkoxy or omega-carboxy-1-alkynyl substitution in the side chain". Journal of Medicinal Chemistry 48 (13): 4420–31. PMID 15974594. doi:10.1021/jm0581718.
- Banerjee D, Mayer-Kuckuk P, Capiaux G, Budak-Alpdogan T, Gorlick R, Bertino JR (xullo de 2002). "Novel aspects of resistance to drugs targeted to dihydrofolate reductase and thymidylate synthase". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Molecular Basis of Disease 1587 (2–3): 164–73. PMID 12084458. doi:10.1016/S0925-4439(02)00079-0.
- Stockman BJ, Nirmala NR, Wagner G, Delcamp TJ, DeYarman MT, Freisheim JH (xaneiro de 1992). "Sequence-specific 1H and 15N resonance assignments for human dihydrofolate reductase in solution". Biochemistry 31 (1): 218–29. PMID 1731871. doi:10.1021/bi00116a031.
- Beltzer JP, Spiess M (decembro de 1991). "In vitro binding of the asialoglycoprotein receptor to the beta adaptin of plasma membrane coated vesicles". The EMBO Journal 10 (12): 3735–42. PMC 453108. PMID 1935897. doi:10.1002/j.1460-2075.1991.tb04942.x.
- Davies JF, Delcamp TJ, Prendergast NJ, Ashford VA, Freisheim JH, Kraut J (outubro de 1990). "Crystal structures of recombinant human dihydrofolate reductase complexed with folate and 5-deazafolate". Biochemistry 29 (40): 9467–79. PMID 2248959. doi:10.1021/bi00492a021.
- Will CL, Dolnick BJ (decembro de 1989). "5-Fluorouracil inhibits dihydrofolate reductase precursor mRNA processing and/or nuclear mRNA stability in methotrexate-resistant KB cells". The Journal of Biological Chemistry 264 (35): 21413–21. PMID 2592384. doi:10.1016/S0021-9258(19)30096-1.
- Masters JN, Attardi G (marzo de 1985). "Discrete human dihydrofolate reductase gene transcripts present in polysomal RNA map with their 5' ends several hundred nucleotides upstream of the main mRNA start site". Molecular and Cellular Biology 5 (3): 493–500. PMC 366741. PMID 2859520. doi:10.1128/mcb.5.3.493.
- Miszta H, Dabrowski Z, Lanotte M (novembro de 1988). "In vitro patterns of enzymic tetrahydrofolate dehydrogenase (EC 1.5.1.3) expression in bone marrow stromal cells". Leukemia 2 (11): 754–9. PMID 3185016.
- Oefner C, D'Arcy A, Winkler FK (xuño de 1988). "Crystal structure of human dihydrofolate reductase complexed with folate". European Journal of Biochemistry 174 (2): 377–85. PMID 3383852. doi:10.1111/j.1432-1033.1988.tb14108.x.
- Yang JK, Masters JN, Attardi G (xuño de 1984). "Human dihydrofolate reductase gene organization. Extensive conservation of the G + C-rich 5' non-coding sequence and strong intron size divergence from homologous mammalian genes". Journal of Molecular Biology 176 (2): 169–87. PMID 6235374. doi:10.1016/0022-2836(84)90419-4.
- Masters JN, Yang JK, Cellini A, Attardi G (xuño de 1983). "A human dihydrofolate reductase pseudogene and its relationship to the multiple forms of specific messenger RNA". Journal of Molecular Biology 167 (1): 23–36. PMID 6306253. doi:10.1016/S0022-2836(83)80032-1.
- Chen MJ, Shimada T, Moulton AD, Cline A, Humphries RK, Maizel J, Nienhuis AW (marzo de 1984). "The functional human dihydrofolate reductase gene". The Journal of Biological Chemistry 259 (6): 3933–43. PMID 6323448. doi:10.1016/S0021-9258(17)43186-3.
- Funanage VL, Myoda TT, Moses PA, Cowell HR (outubro de 1984). "Assignment of the human dihydrofolate reductase gene to the q11----q22 region of chromosome 5". Molecular and Cellular Biology 4 (10): 2010–6. PMC 369017. PMID 6504041. doi:10.1128/mcb.4.10.2010.
- Masters JN, Attardi G (1983). "The nucleotide sequence of the cDNA coding for the human dihydrofolic acid reductase". Gene 21 (1–2): 59–63. PMID 6687716. doi:10.1016/0378-1119(83)90147-6.
- Morandi C, Masters JN, Mottes M, Attardi G (abril de 1982). "Multiple forms of human dihydrofolate reductase messenger RNA. Cloning and expression in Escherichia coli of their DNA coding sequence". Journal of Molecular Biology 156 (3): 583–607. PMID 6750132. doi:10.1016/0022-2836(82)90268-6.
- Bonifaci N, Sitia R, Rubartelli A (setembro de 1995). "Nuclear translocation of an exogenous fusion protein containing HIV Tat requires unfolding". AIDS 9 (9): 995–1000. PMID 8527095. doi:10.1097/00002030-199509000-00003.
- Mayhew M, da Silva AC, Martin J, Erdjument-Bromage H, Tempst P, Hartl FU (febreiro de 1996). "Protein folding in the central cavity of the GroEL-GroES chaperonin complex". Nature 379 (6564): 420–6. Bibcode:1996Natur.379..420M. PMID 8559246. doi:10.1038/379420a0.
- Gross M, Robinson CV, Mayhew M, Hartl FU, Radford SE (decembro de 1996). "Significant hydrogen exchange protection in GroEL-bound DHFR is maintained during iterative rounds of substrate cycling". Protein Science 5 (12): 2506–13. PMC 2143321. PMID 8976559. doi:10.1002/pro.5560051213.
- Schleiff E, Shore GC, Goping IS (marzo de 1997). "Human mitochondrial import receptor, Tom20p. Use of glutathione to reveal specific interactions between Tom20-glutathione S-transferase and mitochondrial precursor proteins". FEBS Letters 404 (2–3): 314–8. Bibcode:1997FEBSL.404..314S. PMID 9119086. doi:10.1016/S0014-5793(97)00145-2.
- Cody V, Galitsky N, Luft JR, Pangborn W, Rosowsky A, Blakley RL (novembro de 1997). "Comparison of two independent crystal structures of human dihydrofolate reductase ternary complexes reduced with nicotinamide adenine dinucleotide phosphate and the very tight-binding inhibitor PT523". Biochemistry 36 (45): 13897–903. PMID 9374868. doi:10.1021/bi971711l.
- Vanguri VK, Wang S, Godyna S, Ranganathan S, Liau G (abril de 2000). "Thrombospondin-1 binds to polyhistidine with high affinity and specificity". The Biochemical Journal 347 (Pt 2): 469–73. PMC 1220979. PMID 10749676. doi:10.1042/0264-6021:3470469.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 1988 Nobel lecture in Medicine
- Proteopedia: Dihydrofolate reductase
- Relación de toda a información estrutural dispoñible en PDB para UniProt: P00374 (Dihydrofolate reductase) en PDBe-KB.
Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes de Pfam e InterPro IPR001796
Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes de Pfam e InterPro IPR009159