Difflugia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Difflugia
Razas de Difflugia. (de Leidy.)
Razas de Difflugia. (de Leidy.)
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Amoebozoa
Filo: Tubulinea
Clase: Arcellinida
Orde: Difflugina
Familia: Difflugiidae
Xénero: Difflugia
Leclerc, 1815

Difflugia é o xénero de maior tamaño das Arcellinida, un dos grupos de amebozoos Tubulinea.[1] As especies de arcelínidos forman cunchas ou testas a patir de partículas minerais ou de elementos de orixe biolóxica (por exemplo frústulas de diatomeas), polo que se denominan comunmente amebas testadas. As Difflugia son especialmente comúns en pantanos e outros hábitats de auga doce.

As partículas utilizadas para construír a súa cuncha son recollidas polas amebas directamente do seu entorno, ou das súas presas. Durante a división celular estes elementos pasan ás células fillas, onde son ensamblados e pegados por un cemento orgánico que forma unha lámina.[2] A testa ten unha soa abertura terminal, chamada pseudostoma. A forma da testa vai de esférica a alongada, ás veces con ornamentacións como cornos ou un colar,[3] ou ambos os dous, como na especie Difflugia corona [4].

Difflugia utiliza pseudópodos para moverse e capturar as súas presas. A maioría das especies de Difflugia son heterótrofas, alimentándose de materia orgánica ou de varios microorganismos que depredan. Porén, hai algunhas especies que conteñen algas endosimbióticas e son, por tanto, mixotróficas, é dicir, combinan a autotrofia e a heterotrofia.[5][6]

Os estudos filoxenéticos moleculares indican que o xénero Difflugia non é monofilético. A definición do xénero é problemática e futuras investigacións moi probablemente motivarán que se teña que facer unha revisión taxonómica xeral deste grupo.[3]

Parte deste artigo incorpora texto en dominio público procedente de: Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Difflugia". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adl SM, Simpson AGB, Lane CE, Lukeš J, Bass D, Bowser SS, Brown MW, Burki F, Dunthorn M, Hampl V, Heiss A, Hoppenrath M, Lara E, le Gall L, Lynn DH, McManus H, Mitchell EAD, Mozley-Stanridge SE, Parfrey LW, Pawlowski J, Rueckert S, Shadwick L, Schoch CL, Smirnov A, Spiegel FW (2012). "The Revised Classification of Eukaryotes". Journal of Eukaryotic Microbiology 59: 429–514. doi:10.1111/j.1550-7408.2012.00644.x. 
  2. Ralf Meisterfeld: Arcellinida, In: John J. Lee, Gordon F. Leedale, Phyllis Bradbury (Hrsg.): The Illustrated Guide to the Protozoa, 2nd Edition. Vol. 2, Society of Protozoologists, Lawrence, Kansas 2000, ISBN 1-891276-23-9, pp. 827-860
  3. 3,0 3,1 Gomaa F, Todorov M, Heger TJ, Mitchell EAD, Lara E (2012). "SSU rRNA Phylogeny of Arcellinida (Amoebozoa) Reveals that the Largest Arcellinid Genus, Difflugia Leclerc 1815, is not Monophyletic". Protist 163: 389–99. doi:10.1016/j.protis.2011.12.001. 
  4. Silva-Briano M, Martínez-Hernández SL, Adabache-Ortíz A, Ventura-Juárez J, Salinas E, Quintanar JL (August 2007). "Ultrastructural analysis and identification of membrane proteins in the free-living amoeba Difflugia corona". Biocell 31 (2): 225–8. PMID 17902270. 
  5. Ralf Meisterfeld: Arcellinida, In: John J. Lee, Gordon F. Leedale, Phyllis Bradbury (Hrsg.): Illustrated Guide to the Protozoa, 2nd Edition. Vol. 2, Society of Protozoologists, Lawrence, Kansas 2000, ISBN 1-891276-23-9, pp. 827-860
  6. Schönborn W (1965). "Untersuchungen über die Zoochlorellen-Symbiose der Hochmoor-Testaceen". Limnologica 3: 173–176. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]