Saltar ao contido

Dietrich Buxtehude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDietrich Buxtehude

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1637 (<1640) Editar o valor en Wikidata
Helsingborg, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de maio de 1707 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Lübeck, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLübeck Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Igrexa de Santa María en Lübeck (1668–1707) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónorganista (1668–1707), compositor, músico eclesiástico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1680 Editar o valor en Wikidata -
MovementoMúsica barroca Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoBuxtehude-Werke-Verzeichnis (1985) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohann Theile Editar o valor en Wikidata
AlumnosNicolaus Bruhns e Johann Sebastian Bach Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Margaretha Tunder (1668–) Editar o valor en Wikidata
PaiHans Jensen Buxtehude Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Editar o valor en Wikidata
Sitio webdietrich-buxtehude.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm8509039 BNE: XX870285 Spotify: 2YfFYZnshSzgfLsKZMM4VL Musicbrainz: f106fb52-0b54-4135-bdfd-9ccfd7e320cb Discogs: 946368 IMSLP: Category:Buxtehude,_Dietrich Allmusic: mn0001427042 Find a Grave: 9928792 Editar o valor en Wikidata

Dietrich Buxtehude (tamén coñecido como Dieterich segundo a ortografía dinamarquesa), nado ao redor de 1637 e finado o 9 de maio de 1707, foi un compositor e organista europeo (alemán ou danés). É un dos compositores máis importantes do período barroco medio. É coñecido principalmente polas súas obras para órgano. Tamén escribiu moita música coral e para instrumentos como a viola da gamba, instrumento que el mesmo tocaba. Tivo unha influencia moi importante en Johann Sebastian Bach. Cando Bach era moi novo, camiñou máis de 350 km para escoitar a Buxtehude tocar o órgano.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos en Dinamarca

[editar | editar a fonte]

Sábese moi pouco dos primeiros anos de Buxtehude. A súa familia procedía da cidade de Buxtehude na Baixa Saxonia pero trasladárase a Oldesloe que hoxe está en Alemaña pero naquela época era parte de Dinamarca. O seu pai era organista en Oldesloe, pero arredor do tempo do nacemento de Dietrich, a familia trasladouse a Helsingborg (hoxe en Suecia, daquela tamén parte de Dinamarca).

A mediados do s. XVII, Suecia e Dinamarca estaban en guerra nese momento, loitando sobre a que país pertencería Helsingborg.

En 1641 a familia trasladouse a Helsingør que estaba xusto ao outro lado do estreito de Öresund. Dietrich Buxtehude probabelmente foi ao colexio alí e aprendeu música do seu pai.

Anos en Lübeck

[editar | editar a fonte]

En 1668, nos seus vinte anos, Buxtehude conseguiu o traballo de organista na Igrexa de Sta. María (Marienkirche) en Lübeck, unha das maiores igrexas de Alemaña. O organista antes del fora un home chamado Franz Tunder, que co tempo foi o seu sogro.

O seu traballo non só consistía en tocar o órgano, senón tamén en afinalo e facer administración na igrexa. Compuxo moitas cantatas para os servizos e organizou cinco actuacións musicais vespertinas cada ano. Estes concertos chamábanse “Abendmusik” e realizábanse ás 4.00pm despois do Servizo Vespertino.

Buxtehude permaneceu neste emprego até o final da súa vida. Nunca viaxou moi lonxe. Nicolaus Bruhns foi un dos seus alumnos, e Pachelbel escribiu unha peza de música chamada Hexachordum Apollonis para el.[2]

En 1706, cando Johann Sebastian Bach tiña 21 anos, conseguiu un permiso de catro semanas de vacacións para poder ir a Lübeck a escoitar a Buxtehude tocar. Foi camiñando e permaneceu en Lübeck durante catro meses, e a raíz diso tivo problemas cando regresou ao seu traballo en Arnstadt.[3]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

En 1707 Buxtehude decidiu retirarse. Quen obtivese o seu traballo tería que casar coa filla de Buxtehude, Anna. Bach e Johann Mattheson estaban interesados no traballo pero decidiron non aceptalo, xa que probabelmente non querían casar con Anna Buxtehude.

Dietrich Buxtehude faleceu, e o home que fora o seu asistente conseguiu o traballo e casou con Anna pouco despois.

A súa música

[editar | editar a fonte]

Os órganos que Buxtehude tocaba eran instrumentos moi grandes con sons brillantes (brillantes mesturas, reeds e un “Zimbalstern” que era unha estrela que xiraba ao redor, facendo un son tintineante). A súa música é moi grandiosa e impresionante. Moitas das súas pezas para órgano teñen varias seccións, cada unha a unha velocidade diferente. A miúdo soan como unha improvisación libre. Algúns dos tramos son fugas. Sobreviven polo menos 128 obras vocais, case todas elas música eclesiástica. Escribiu obras instrumentais, música de cámara e pezas para clavicémbalo.

  1. "Dietrich Buxtehude". www.yourclassical.org (en inglés). 2017-02-11. Consultado o 2024-11-27. 
  2. Musescore. "Johann Pachelbel - Hexachordum Apollinis (Full)". Musescore.com (en inglés). Consultado o 2024-11-27. 
  3. "December 1705: Buxtehude & J.S. Bach Organ Music - Brilliant Classics". www.brilliantclassics.com (en neerlandés). Consultado o 2024-11-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.