Dietista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A dietética é a ciencia médica que prevén e cura as doenzas mediante a alimentación.

Un nutricionista, dietista-nutricionista, nutriólogo, dietista ou dietólogo é un profesional sanitario experto en alimentación, nutrición e dietética. Encárgase principalmente do tratamento nutricional de doenzas,[1] por exemplo diabetes, malnutrición, insuficiencia renal, obesidade, mal de Crohn, do tratamento con nutrición artificial enteral e parenteral en hospitais, prevención de patoloxías mediante a alimentación, participar no tratamento do paciente oncolóxico etc., ademais de adecuar a alimentación de cada persoa a calquera situación fisiolóxica, como embarazo, lactación, deporte, etc. Asemade, intervén na xestión de control de calidade e seguridade alimentaria, o deseño e planificación de menús adaptados a patoloxías en hospitais, comedores escolares ou residencias de anciáns ou na intervención e desenvolvemento de actividades e políticas relacionadas coa saúde pública.

A súa formación integra coñecementos de química, bioquímica, bromatoloxía, nutrición, dietética, dietoterapia, fisioloxía, fisiopatoloxía, toxicoloxía, microbioloxía de alimentos, química e bioquímica de alimentos e tecnoloxía de alimentos.

Con distinta denominación e estudos en cada país, require xeralmente de titulación universitaria de catro ou máis anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lee, Jason (2013-01-18). "Dietitians do more than tell you what to eat". Chicago Tribune. Tribune Media Services. Consultado o 2014-11-20. 'Registered dietitians offer a wide array of professional knowledge and experience in a variety of settings from clinical to community and public policy to media communications,' says Dee Sandquist, a registered dietitian and spokesperson for the Chicago-based Academy of Nutrition and Dietetics. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]