Diego Piña Esteves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diego Piña
Información persoal
NacionalidadeGalicia Galicia
Nacemento17 de decembro de 1986
Tui
Deporte
DeportePiragüismo
editar datos en Wikidata ]

Diego Piña Esteves, nado en Tui o 17 de decembro de 1986, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de maratón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2014 participou no Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas, en Moscova, na categoría K2 500 metros, xunto a Rubén Millán, finalizando en sexta posición.[1]

Gañou a medalla de ouro no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón de 2016, celebrado en Pontevedra, na categoría de K2, formando parella co tamén tudense Iván Alonso.[2] Ese mesmo ano competiu tamén con Iván Alonso no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón celebrado en Brandeburgo, finalizando en quinta posición.[3]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2016 Pontevedra (Galicia Galicia) Medalla de ouro Ouro K2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resultados de Moscova 2014". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  2. "Resultados de Pontevedra 2016" (PDF). www.canoeicf.com (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  3. "Resultados de Brandenburgo 2016". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]