Diego Alende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diego Alende López»)
Diego Alende
Información persoal
Nome Diego Alende López
Nacemento 25 de agosto de 1997 (26 anos)
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Altura 1,84 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Andorra
Carreira xuvenil
2005–2016 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2019 Celta de Vigo B 119 (2)
2015 Celta de Vigo 1 (0)
2019–2020 Valladolid B 25 (1)
2020–2022 Valladolid 0 (0)
2020–2022 Lugo 55 (0)
2022– Andorra 0 (0)
Selección nacional
2016 España sub-19 4 (0)
2016– Galicia 1 (0)
Na rede
Twitter: diegoalende Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 3 de agosto de 2022.
Selección: actualizado a 9 de xullo de 2017.editar datos en Wikidata ]

Diego Alende López, nado en Santiago de Compostela o 25 de agosto de 1997, é un futbolista galego que xoga como defensa no Andorra, da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alende xogou nas categorías inferiores do Celta de Vigo, asinando un novo contrato de cinco anos de duración o 11 de agosto de 2015.[1] Fixo o seu debut co Celta B na Segunda División B o 20 de setembro dese mesmo ano con vitoria 6–1 fronte á Arandina CF.[2]

O debut de Alende co primeiro equipo do Celta na Primeira División produciuse o 5 de decembro de 2015 no encontro fronte ó Betis que rematou 1–1, entrando no segundo período en substitución do goleador Théo Bongonda.[3] Poucos días despois xogou como titular do primeiro equipo na Copa do Rei fronte ao Almería.[4] Xogou catro anos co filial do Celta, converténdose no capitán do equipo.[5]

No verán de 2019 deixou o club celeste despois de 14 anos e asinou co Real Valladolid por 3 temporadas.[5] Durante a primeira delas foi asignado para xogar no seu filial, o Real Valladolid Promesas do Grupo II da Segunda División B, no que xogou 25 partidos e anotou un gol.[6] Ademais foi convocado en cinco ocasións para o primeiro equipo, aínda que sen chegar a debutar.

O 20 de agosto de 2020 asinou como novo xogador do Club Deportivo Lugo, cedido por unha tempada polo Valladolid.[7]

Selección española[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2016 debutou coa selección española sub-19 nun partido amigábel contra Italia.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Celta renueva a los canteranos Pape, Diego Alende y De Paz". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 2015. 
  2. "El Celta B abusa de la Arandina". Diario de Burgos (en castelán). 21 de setembro de 2015. 
  3. "El Betis se queda a medias". Marca (en castelán). 5 de decembro de 2015. 
  4. "Primera titularidad de Pape Cheikh y Diego Alende con el primer equipo" (en castelán). 18 de decembro de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 "El Celta oficializa el adiós de Diego Alende, «un capitán ejemplar»". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xuño de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  6. "El Real Valladolid Promesas ficha al central Diego Alende" (en castelán). 4 de xullo de 2019. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  7. "O CD Lugo incorpora a Diego Alende". El Progreso. 20 de agosto de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  8. "Diego Alende fue titular con la Selección Española Sub-19" (en castelán). 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]