Diego AS
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1989 Lugo, España |
| Actividade | |
| Ocupación | muralista, artista urbano |
| Sitio web | diegoas.com |
Diego Anido Seijas, nado en Lugo en 1989, máis coñecido como Diego AS[1], é un artista urbano galego especializado no muralismo en grandes superficies, converténdose nun referente destacado entre os artistas urbanos de Galicia e España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a pintar graffiti na súa adolescencia, acompañado dos seus amigos, coa única finalidade de deixar a súa pegada pola cidade e pasalo ben, sen pensar que aquilo acabaría por converterse na súa profesión. Co paso do tempo e xa na idade adulta decidiu formarse artisticamente, ingresando na Escola de Arte de Lugo, onde estudou materias como serigrafía, gravado artístico e estampación. Posteriormente traballou durante seis anos no sector da impresión dixital, especializado en rotulación e sinalización.
Dende 2015 traballa de maneira profesional como muralista, alternando encargos institucionais e privados con proxectos persoais. Realizou obras en diferentes cidades españolas como Madrid, Barcelona, Málaga, Oviedo, Granada e tamén a nivel internacional en Oporto (Portugal). En ningún momento pensei que podería chegar a ser o meu traballo. Foi algo que foi evolucionando… e non o tomaban ben porque relacionaban o bote do spray co vandalismo[2]
O seu salto á fama chegou en 2021 cun gran mural na súa cidade natal, Lugo, representando a Xulio César, icona da romanidade e símbolo da cidade. A obra, situada na Ronda da Muralla fronte á muralla romana, foi encargada polo Concello de Lugo dentro das festividades do Arde Lucus e do festival Urban Cores, un proxecto que pretende achegar a arte urbana á cidadanía e transformar a paisaxe mediante murais e outras expresións artísticas.
Este mural foi recoñecido pola plataforma internacional Street Art Cities como "Mellor mural do mundo 2021", tras obter máis de 60.000 votos populares. A obra, realizada en escala de grises, ocupa unha fachada de máis de 20 metros de altura xusto diante da principal atracción turística da cidade.
Estilo e técnica
[editar | editar a fonte]A obra de Diego As caracterízase pola súa versatilidade técnica e expresiva. Aínda que é recoñecido polos seus murais hiperrealistas en escala de grises, tamén emprega a cor en moitas das súas creacións, adaptándose ao contexto e á mensaxe que quere transmitir. Emprega sobre todo pintura acrílica e spray, combinando técnicas tradicionais de pintura co graffiti contemporáneo, podendo obter así resultados como o do mural de Xulia César. O seu estilo busca provocar emocións intensas, dándolle el sempre unha grande importancia ás miradas e expresións faciais, que é o que el considera máis importante para poder provocar o efecto buscado no público.
Declaracións do artista e impacto do muralismo
[editar | editar a fonte]En entrevistas, Diego As comentou a súa relación coas súas obras e co arte urbano: «O bonito da arte urbana é que ten accesibilidade para todos. Atópala sen querer e lévalo a casa cunha simple fotografía». Tamén resaltou o efecto dos murais no espazo público: «A moitas zonas decadentes daslles outra soltura, outro colorido… cambias o espazo[3]». Ademais, explicou a súa relación persoal coas obras: «As emocións non as busco para o resto, bústronas para min. Que che deixe pensando e en shock…» (RTVE, 2021).
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]
Ademais do mural de Xulio César en Lugo, Diego As realizou obras en múltiples cidades, como:
- Rompe lo establecido (Linares, 2024): mural de gran formato que cuestiona os estereotipos sociais, realizado durante o festival 23700 Urban Art. Foi nomeado ao premio ao Mellor mural do mundo 2024 pola plataforma Street Art Cities, quedando finalmente na oitava posición. Rompe lo establecido é unha obra que busca cuestionar os estereotipos e abrir a mente da xente. É unha chamada á reflexión.
- Mural en A Pobra de San Xiao, Láncara: obra que forma parte dun proxecto comunitario, con temática social e educativa.
- Murais en Oporto, Madrid, Barcelona e Granada: intervencións urbanas que mesturan retratos realistas con elementos simbólicos e culturais locais.
Diego As, ademais de facer obras para institucións privadas tamén participa en proxectos de carácter comunitario, como o festival Urban Cores de Lugo, no que ademais de realizar baixo encargo murais, tamén organuza murais para a mocidade en risco de exclusión de risco social, ofrecendo alternativas creativas e legais para achegarse ao mundo do arte urbano (RTVE, 2021).
Toda a súa obra pode consultarse a través da súa páxina web oficial, onde recolle un amplo catálogo dos murais realizados en Galicia, España e Portugal.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Desde ese momento foi gañando cada vez máis fama, sendo actualmente recoñecido como un dos muralistas máis importantes de España. Entre os seus recoñecementos destacan:
- Primeiro premio Amarte Burela (2019).
- Segundo premio Galicia Crea (2015-2016).
- Participación como co-campión da Liga Graffiti Battles Spain (2021).
- Premio ao Mellor mural do mundo 2021 pola plataforma Street Art Cities.
- Nomeado ao Mellor mural do mundo 2024 por Rompe lo establecido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diego AS". Diego AS. Consultado o 11-09-2025.
- ↑ "Entrevista RTVE". Entrevista RTVE.
- ↑ "Diego AS, autor del mejor graffiti del mundo". RTVE. Consultado o 11-09-2025.