Dictyoglomi é un pequeno filo de bacterias no que só se inclúe un xénero, Dictyoglomus, do que hai descritas dúas especies: D. thermopilus e D. turgidum.[1] O D. thermophilus é moi termófilo, quimioorganótrofo, cunha parede de tres capas gramnegativa[2], e espertou moito interese porque produce o encimaxilanase, que dixire o polisacáridoxilano, formado principalmente pola pentosaxilosa. Pretratando a polpa de madeira con este encima, os produtores de papel poden branquear o papel usando moito menos cloro.
O nome procede do gregodictyon, rede, e do latínglomus, bóla [3].
↑J.P. Euzéby. "Dictyoglomi". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2011. Consultado o 2011-06-05.