Dick Balduzzi
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Richard Kenneth Balduzzi 9 de febreiro de 1928 Alliance |
| Morte | 27 de xaneiro de 2020 West Whiteland Township |
| Causa da morte | caída |
| Grupo étnico | Italoestadounidenses |
| Actividade | |
| Ocupación | profesor de teatro, actor de teatro, actor de cinema |
Dick Balduzzi, nado en Alliance, Ohio o 9 de febreiro de 1928 e finado en West Whiteland Township o 27 de xaneiro de 2020, foi un actor norteamericano de teatro e cinema.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de pais italianos. Logo de facer o servizo militar na armada estudou teatro en Chicago[1] e mudouse despois a Nova York e alí traballou en pequenas producións teatrais. A partir de 1957 actou no programa de variedades para a televisión The Jackie Gleason Show de Jackie Gleason con pequenos papeis secundarios. En 1964 estableceuse nos Ánxeles e actuou en numerosas series de televisión, sen chegar a conseguir ningún rol regular mais fíxose coñecido pola súa actuación como o soldado Fisher no filme de 1970 Os violentos de Kelly. Retirouse en 1990 e estableceuse na pequena localidade de West Whiteland Township en Pensilvania.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Os violentos de Kelly (1970)
- Newman's Law (1974)
- Coma (1978)
- Fatso (1980)
- The Postman Always Rings Twice (1981)
- Zorro: The Gay Blade (1981)
- Zapped! (1982)
- Johnny Dangerously (1984)
- Into the Night (1985)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alliance native, Hollywood actor Balduzzi dead at 91". Alliance Review. 30 de xaneiro de 2020.