Dicionario dos seres míticos galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dicionario dos seres míticos galegos
Autor/aXoán Ramiro Cuba
Xosé Miranda
Antonio Reigosa
Ilustrador/aLázaro Enríquez
OrixeGaliza
Linguagalega
Xénero(s)Ensaio
EditorialEdicións Xerais de Galicia
Data de pub.1999 (1ª ed.)
FormatoCartonado.
21,5 x 28 cm
Páxinas403
ISBNISBN 84-8302-363-6
editar datos en Wikidata ]

O Dicionario dos seres míticos galegos é un ensaio enciclopédico escrito por Xoán Ramiro Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa que a modo de dicionario contén 710 entradas do patrimonio mitolóxico galego. É unha compilación dos protagonistas de lendas, mitos e contos populares galegos ordenados alfabeticamente. Orixinalmente publicado no ano 1999, conta con outras dúas edicións, no 2008 (2ª ed.) e no 2022 (3ª ed.).[1]

A obra está baseada nunha ampla bibliografía que abarca numerosos antropólogos e intelectuais galegos como Murguía, Risco, Cunqueiro, Ferrín etc, amais de pescudas dos propios autores nos concellos de Abadín, Begonte, Cangas, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, A Pontenova e Vilalba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Salgado, Daniel (15 de outubro de 2019). "O que en verdade somos". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]