Saltar ao contido

Diario de La Coruña (1857)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diario de La Coruña
 Título
    Diario de La Coruña (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Implicados
 Editorial
Datas
 Data de comezo
15 de maio de 1857 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
15 de maio de 1857 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 113729 Galiciana: 577382
Wikidata

Diario de La Coruña foi un xornal editado na Coruña en 1857.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico literario, científico e industrial apareceu o 15 de maio de 1857.[1] Dirixido por Alonso Rey, Francisco María de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, José López de la Vega, José María Montes e Froilán de Salazar. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez ou nos talleres do Hospicio. Entre os seus redactores estaban Antonio María de la Iglesia, Ramón Buch, Domingo Camino, Federico Alejos Pita e Mateo Garza. Incluíu noticias nacionais e do estranxeiro, unha sección comercial, novas do porto e información de carácter social. Tentou ser unha publicación exclusivamente informativa, á marxe de posturas ideolóxicas ou políticas. Publicou algúns poemas en galego de Francisco e Antonio María de la Iglesia e un "Cantar abdicado ó meu amigo Vicetto", de Antonio de San Martín. Cesou o 31 de xullo de 1857.

  1. ↑ Vilavedra 1997, p. 145.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]