Diane Venora
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de agosto de 1952 East Hartford |
| Educación | Escola Juilliard Boston Conservatory at Berklee (en) East Hartford High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Actuación |
| Ocupación | actriz, actriz de televisión, actriz de teatro, actriz de cinema |
| Período de actividade | 1981 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Andrzej Bartkowiak (1980–1989) |
Diana Venora, nada o 10 de agosto de 1952 en East Hartford, Connecticut, é unha actriz norteamericana de cine, teatro e televisión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Venora fixo o seu debut no cine debut xunto a Albert Finney e Gregory Hines no filme Wolfen (1981). En 1983, protagonizou o papel principal da produción de Joseph Papp Hamlet, no New York Shakespeare Festival. Foi a primeira muller en interpretalo no prestixioso festival.
En 1988, a súa aclamada interpretación no filme biográfico Bird sobre a vida do artista de jazz Charlie Parker, dirixido por Clint Eastwood, valeulle un nomeamento ós Globos de Ouro e ó New York Film Critics Circle Award.
Na década dos noventa, destacan as súas aparicións nos filmes Romeo + Juliet (1996), The Jackal (1997), The 13th Warrior (1999), Execución inminente (1999) e The Insider (1999). Tamén apareceu no filme do 2010 All Good Things.