Diana Turbay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiana Turbay

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1950 Editar o valor em Wikidata
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 1991 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Medellín, Colombia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaXardíns de Paz Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMiguel Uribe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJulio César Turbay Ayala Editar o valor em Wikidata  e Nydia Quintero Turbay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJulio César Turbay Quintero (en) Traducir e Claudia Turbay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Diana Turbay Quintero, nada en Bogotá o 9 de marzo de 1950 e finada en Medellín o 25 de xaneiro de 1991, foi unha avogada e xornalista colombiana. Era filla do expresidente Julio César Turbay Ayala, de quen foi secretaria privada entre 1978 e 1982.

Como xornalista, foi directora do Noticiero Criptón dende 1987 até a súa morte en 1991.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai foi Nydia Quintero e tivo tres irmáns máis entre os que salienta Julio César Turbay Quintero, ex Contralor Xeral da República.

Diana Turbay cursou estudos de Xurisprudencia no Colexio Maior da Nosa Señora do Rosario de Bogotá. Porén, dedicou a súa vida ao xornalismo. Desempeñouse como directora e presentadora do telexornal Criptón e como editora da revista Hoy por hoy.

Casou con Luis Francisco Hoyos Villegas e desta unión naceu a súa filla María Carolina Hoyos Turbay. Tempo despois contraeu segundas nupcias con Miguel Uribe Londoño, quen foi presidente da Federación Nacional de Cacaoteros, con quen tivo un fillo, Miguel Uribe Turbay.

Secuestro[editar | editar a fonte]

Diana Turbay foi secuestrada o 30 de agosto de 1990 polo grupo "Los Extraditables" comandados por Pablo Escobar, quen quería facer presión ao presidente César Gaviria para que derrogase o tratado de extradición. A estratexia de Escobar foi enganar a Turbay para que aceptase unha suposta entrevista con alias o Cura Pérez, a cal era en realidade unha farsa inventada por Escobar para poder secuestrala igualmente aproveitando que anteriormente Turbay entrevistara a Carlos Pizarro Leongómez axudando á desmobilización do M-19.

Turbay saíu de Bogotá con cinco persoas máis entre os cales estaban Azucena Liévano, Hero Buss (un alemán que escribía artigos sobre Colombia para a BBC), Richard Becerra, Orlando Acevedo e Juan Vitta. A expedición foi instalada nunha leira do concello antioqueño de Copacabana e cando preguntaron a un sicario en que momento se atoparían co "Cura Pérez" a resposta foi: "Non hai ningún cura Pérez, vostedes están en mans dos Extraditables".

Ademais do secuestro de Diana Turbay, Azucena Lievano e os outros membros da expedición, Os Extraditables secuestraron a Maruja Pachón, Francisco Santos Calderón, Marina Montoya e Beatriz Villamizar. Os detalles deste secuestro nárranse no libro Noticia de un secuestro de Gabriel García Márquez. A maioría dos secuestrados foron liberados despois. Diana Turbay permaneceu secuestrada xunto ao seu camarógrafo Richard Becerra.

Nunha operación de rescate o 25 de xaneiro de 1991 recibiu unha ferida de bala no seu fígado e no seu ril esquerdo, pois segundo a versión oficial, foi asasinada por atrás por parte dos seus secuestradores, mentres que outras versións afirmaban que a bala proviña das forzas de rescate. Segundo Jhon Jairo Velásquez, alias "Popeye" nas súas declaracións á prensa colombiana, Turbay morreu a consecuencia dunha bala de fusil (calibre 7,62mm) que proviña ao parecer dun helicóptero da Forza Pública".[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El diario de Azucena". Semana. 28 de decembro de 1992. Consultado o 22 de agosto de 2015.