Diana Balmori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiana Balmori
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1932 Editar o valor em Wikidata
Xixón, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1952–)
España Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles - Doutor en filosofía (–1973)
Universidade Nacional de Tucumán (pt) Traducir (1949–1952)
Universidade Harvard
Radcliffe College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpaisaxista , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nova York (1974–1981) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeCésar Pelli (1950–2016) Editar o valor em Wikidata

Páxina webbalmori.com Editar o valor em Wikidata

Diana Balmori Ling, nada en Xixón o 4 de xuño de 1932 e finada en Nova York o 14 de novembro de 2016, foi unha arquitecta paisaxista, profesora e deseñadora urbana española, recoñecida internacionalmente.[1] Foi tamén fundadora da empresa de deseño de paisaxes, Balmori Associates.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Parque da Campa dos Ingleses, Abandoibarra, Bilbao, Diana Balmori Associates.

Nada en Xixón, pasou a maior parte da súa infancia en España e Inglaterra, antes de que a súa familia se mudase á Arxentina. A súa nai, Dorothy Ling, nada en Inglaterra, foi unha música e musicóloga de sona. O seu pai Clemente Hernando Balmori, era republicano e foi un dos lingüistas españois máis influentes.

Balmori foi unha nena moi creativa e imaxinativa, e sentiuse atraída polas artes dende temperá idade. Ela aprendeu a cantar, bailar, tocar o piano, e os seus pais animárona a explorar unha ampla gama de áreas, literatura, poesía, latín, grego, pintura e música. Á vez que incursionaba no mundo do deseño, o que deixou moitas influencias nela, mostrando amplamente o seu estilo de deseño único e exitoso.

Graduouse na escola secundaria ós 16 anos. En Tucumán, coñeceu a César Pelli con quen casou en 1950 e que posteriormente sería o seu socio.[2]

Praza Euskadi, Bilbao Diana Balmori Associates.

Formación[editar | editar a fonte]

Diana Balmori ingresou á carreira de arquitectura na Universidade Nacional de Tucumán en 1949 e recibiu o seu título en 1952. Ese mesmo ano viaxou con Pelli ós Estados Unidos, onde naceron os seus dous fillos: Denis en 1953 e Rafael en 1956.

Entre 1964 e 1976 viviron nos Ánxeles, onde ela realizou o seu doutoramento en Historia Urbana na Universidade de California, que finalizou en 1973 con altas honras. O ano seguinte comezou a dar clases na State University of New York en Oswego até 1981.[2]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Socia de Pelli and Associates[editar | editar a fonte]

En 1977, Balmori e Pelli radicáronse en New Haven, onde xunto a Fred Clarke formaron o estudio César Pelli and Associates. O estudio iniciou cun encargo de gran relevancia: o multipremiado proxecto para a renovación de MoMA de Nova York. Nos anos seguintes o estudo crece co World Financial Center e o Winter Garden en Battery Park. Este consiste en catro torres e unha praza pública aberta. O estudo obtivo a medalla de Ouro da AIA á firma do ano en 1989. Ela foi enfocando as súas achegas cara á arquitectura da paisaxe. Ese mesmo ano, Balmori finalizou os seus estudos de deseño da paisaxe no Radcliffe College. Ela desenvolvera un grande interese polo tema da paisaxe dende o punto de vista teórico e escribira sobre a obra de Beatrix Farrand, a paisaxista que ós 50 anos deseñou o campus de Dumbarton Oaks cuxos edificios eran obra de McKim, Mead & White.

O interese de Balmori na paisaxe e o deseño urbano xurdiu do seu interese nos espazos públicos, a forma no que son empregados e deseñados, e o seu papel e efecto nunha área máis grande. O seu estilo de deseño é recoñecido pola forma en que se crea unha interface fluída entre a paisaxe e a estrutura no desenvolvemento dos espazos públicos urbanos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Landscape architect Diana Balmori passes away". The Architect's Newspaper (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Moisset, Inés (21 de outubro de 2016). "Diana Balmori 1932". Consultado o 26 de outubro de 2016.