Dian Fossey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xaneiro de 1932 San Francisco, Estados Unidos de América |
| Morte | 26 de decembro de 1985 Karisoke Research Center, Ruanda (en) |
| Causa da morte | morte non natural |
| Lugar de sepultura | Karisoke Research Center (en) |
| Educación | Universidade de Cambridge - doutoramento (1974–) College of Marin (en) Darwin College (Cambridge) (pt) Universidade de California en Davis Universidade Estatal de San Jose Lowell High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Etoloxía |
| Ocupación | antropóloga, bióloga, académica, escritora, zoóloga, primatóloga, etóloga, ecoloxista |
| Empregador | Universidade Cornell |
| Interesada en | Gorila de montaña |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Forgotten Women: The Scientists, (p.46-49) |
Dian Fossey, nada en 1932 e finada en 1985, foi unha bióloga norteamericana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada o 16 de xaneiro de 1932, obtivo o título en terapia ocupacional no San Jose State College no 1954, e trasladouse a Kentucky para traballar nun hospital que deixou polo impulso de visitar África, onde se reuniu co Dr. Leakey no 1963. En Ruanda creou o Centro de Investigación Karisoke no 1967. No 1974 obtivo o doutoramento en Cambridge.
Esta primatóloga norteamericana estivo interesada na vida dos gorilas, completando diversos estudos sobre varios grupos destes animais a partir da súa observación diaria nos bosques de montaña na contorna de Ruanda.
Foi atopada asasinada o 26 de decembro de 1985. Hai evidencias que relacionan a súa morte coa súa defensa dos gorilas e o seu hábitat.
É famosa a súa memoria “Gorilas na néboa”, de fondo científico, que foi levada ó cine de xeito novelado no filme Gorillas in the Mist: The Story of Dian Fossey, protagonizado por Sigourney Weaver.