Diamantina
- Para a rexión da Chapada Diamantina no estado de Bahia, véxase Chapada Diamantina.
| Epónimo | diamante | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Unidades da federación | Minas Xerais | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 47.702 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 3.869,83 km² | ||||
| Altitude | 1.113 m-1.280 m | ||||
| Comparte fronteira con | Bocaiuva (pt) Carbonita (pt) Buenópolis (pt) Datas (pt) Monjolos (pt) São Gonçalo do Rio Preto (pt) Augusto de Lima (pt) Olhos-d'Água (pt) Couto de Magalhães de Minas (pt) Gouveia (pt) Senador Modestino Gonçalves (pt) Serro (pt) | ||||
| Organización política | |||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 39100-000 a 39119-999 | ||||
| Prefixo telefónico | 38 | ||||
| Código de concello do Brasil | 3121605 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | diamantina.mg.gov.br | ||||
Diamantina é unha cidade brasileira do estado de Minas Xerais. Sitúase 280 km ó norte da capital do estado, Belo Horizonte.
Actualmente, unha das máis importantes actividades é o turismo, pero a agricultura e a extracción mineral tamén posúen algunha participación na economía. O seu nome orixinouse do descubrimento, na rexión, de xacementos de diamante.
Nesta cidade naceu o expresidente brasileiro Juscelino Kubitschek.
Non se debe confundir a cidade de Diamantina coa rexión da Chapada Diamantina, no estado da Baía.
Historia
[editar | editar a fonte]A súa fundación (co nome de Arrial do Tijuco) ocorreu no século XVIII. Como o seu nome actual suxire, Diamantina foi centro de extracción de diamantes dende o século XVIII ata o século XIX. En 1835 foi elevada á condición de cidade e, en 1938 recibiu o título de Patrimonio Histórico Nacional, o primeiro recoñecemento, no Brasil, da importancia de seu acervo arquitectónico colonial.
O seu centro histórico tamén foi considerado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade.

Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Diamantina |
