Dialecto de Tartu
| Dialecto de Tartu | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Clasificación lingüística | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
O dialecto de Tartu é un dialecto da lingua estoniana falado en Estonia, preto da cidade de Tartu. Ten semellanzas co dialecto de Mulgi, particularmente coas variedades de Tarvastu e Helme. Historicamente, e xunto coa lingua võro do norte, foi a base para a lingua literaria do sur de Estonia.[1][2]
Uso
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de Estonia de 2011, 4109 persoas falaban o dialecto de Tartu, e segundo os datos de 2021, a cifra era de 17.310 persoas.[3]
Alcanzou o seu auxe no século XVII e esmoreceu até a década de 2000. O seu número de falantes foi aumentando dende entón, mais a maioría dos falantes son vellos e faltan medios en Tartu. Os movementos de renacemento para o dialecto de Tartu non foron tan fortes como os das linguas seto, dialecto de Mulgi e võro.
Literatura
[editar | editar a fonte]A colección "Eesti mõtteloo" de Jakob Hurt contén os seus sermóns no dialecto Rõngu de Tartu. Na literatura moderna, Mats Traat era o principal usuario de Tartu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Erelt, Mati, ed. (2007). Estonian language (PDF). Linguistica Uralica. Supplementary series (2nd ed.). Tallinn: Estonian Academy Publishers. ISBN 978-9985-50-399-7. OCLC 321053986.
- ↑ Velsker 2015.
- ↑ "RL21446: POPULATION WITH ESTONIAN AS THEIR MOTHER TONGUE BY ABILITY TO SPEAK A DIALECT, AGE GROUP, SEX, AND PLACE OF RESIDENCE (ADMINISTRATIVE UNIT), 31 DECEMBER 2021". PxWeb (en inglés). Consultado o 2024-07-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Estonia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Velsker, Mart (2015-07-07). "South Estonian Literature: A New Phenomenon with a Centuries-long History". Interlitteraria 20 (1): 115. ISSN 2228-4729. doi:10.12697/IL.2015.20.1.9.
