Diahann Carroll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diahann Carroll
Diahann Carroll 1976.JPG
Nome completoCarol Diahann Johnson
Nacemento17 de xullo de 1935
Lugar de nacementoBronx
Falecemento4 de outubro de 2019
Lugar de falecementoOs Ánxeles
Causacancro
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
RelixiónBaptismo
Alma máterUniversidade de Nova York e High School of Music & Art
Ocupaciónactriz, modelo, actriz de televisión, actriz de teatro, actriz de cinema e cantante
CónxuxeVic Damone e Monte Kay
PremiosBlack Filmmakers Hall of Fame, Crystal Award, Lucy Award, Tony Award de melhor atriz em musical, star on Hollywood Walk of Fame e Golden Globe Award de melhor atriz em série cómica ou musical
Na rede
http://www.diahanncarroll.net
IMDB: nm0140792 Allocine: 29708 Rottentomatoes: celebrity/diahann_carroll Allmovie: p11302 TCM: 029686 TV.com: people/diahann-carroll IBDB: 34679
Musicbrainz: 99289589-c6e3-4c9d-8c32-f2f71050c54c Songkick: 196348 Discogs: 421956 WikiTree: Johnson-87115 Find a Grave: 203545080 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carol Diahann Johnson, nada no Bronx, Nova York, o 17 de xullo de 1935 e finada nos Ánxeles, California, o 4 de outubro de 2019,[1] foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense coñecida como Diahann Carroll, gañadora dun premio Tony e un Globo de Ouro, e candidata ao premio Óscar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Grazas ao apoio dos seus pais, dende nova comezou a súa formación como cantante, bailarina e modelo. Con quince anos posou para a revista Ebony.[2] Estudou a carreira de socioloxía[3] na Universidade de Nova York.[4] Irrompeu no mundo do espectáculo en 1954 con apenas dezaoito anos, ao gañar o concurso televisivo Chance of a Lifetime.[2][5][3] Posteriormente comezou a actuar en locais de Nova York.

Apareceu como actriz en filmes musicais como Carmen Jones (1954) e Porgy and Bess (1959),[2][4] ambos dirixidos por Otto Preminger, e en Paris Blues (1961) xunto con Sidney Poitier, Paul Newman e Joanne Woodward.[2] En 1974 foi candidata ao Óscar por Claudine, filme que coprotagonizou con James Earl Jones. Paralelamente, traballou na televisión e en musicais de Broadway, sendo a primeira muller afroamericana que gañou un Tony, polo seu traballo en No Strings.[6][2][7][4]

Tamén protagonizou a serie de televisión Julia, pioneira na súa época ao amosar personaxes de raza negra non estereotipados en papeis protagonistas.[6] Por este traballo gañou un Globo de Ouro e foi candidata ao Emmy.

Tras uns anos de relativa inactividade, recobrou unha popularidade enorme en 1984 co papel de Dominique Deveraux, na telenovela de grande éxito Dynasty,[2] en que interpretou unha rival de Alexis Carrington (Joan Collins). Paralelamente, interveu en The Colbys realizando o mesmo papel. Foi coñecida ademais polo seu papel na serie televisiva White Collar[8] e polas súas aparicións en Grey's Anatomy.[9]

Carroll foi diagnosticada con cancro de mama en 1997.[10] Ela dixo que o diagnóstico a "sorprendera" porque non había antecedentes familiares de cancro de mama e sempre seguira un estilo de vida saudable. Someteuse a nove semanas de radioterapia, e dende entón estivera libre de cancro. Con frecuencia falou da necesidade de detección temperá e da prevención da doenza.[11] Finalmente faleceu nos Ánxeles o 4 de outubro de 2019.[12]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Carroll casou en catro ocasións. A primeira foi en 1956 co produtor musical Monte Kay[2][7] con quen tivo unha filla, Suzanne Kay Bamford, en 1960.[13] O matrimonio rematou en 1962.[14]

En 1959 comezou unha relación de nove anos con Sidney Poitier e entre 1970 e 1973 foi parella do presentador de televisión británico David Frost.[2][5] En 1973, Carroll sorprendeu os medios ao casar con Fred Glusman,[15] mais semanas despois presentou unha demanda de divorcio, acusando a Glusman de abuso físico.[16] En 1975 casou con Robert DeLeon.[2][7] Enviuvou dous anos despois cando DeLeon faleceu nun accidente de tráfico.[17] O seu cuarto e derradeiro matrimonio foi co cantante Vic Damone en 1987. A unión, que Carroll describiu como turbulenta, rematou cunha separación legal en 1991, unha reconciliación e un divorcio en 1996.[18][19]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Nota
1954 Carmen Jones Myrt [4][2][7]
1959 Porgy and Bess Clara [4][2][7]
1961 Goodbye Again Night Club Singer [7]
Paris Blues Connie Lampson [7]
1967 Hurry Sundown Vivian Turlow [2][7][5]
1968 The Split Ellen "Ellie" Kennedy [2][7]
1974 Claudine Claudine [6][2][7][4]
1990 Mo' Better Blues Jazz Club Singer Sen acreditar
1991 The Five Heartbeats Eleanor Potter [5][20]
1992 Color Adjustment Ela mesma [21][22]
1997 Eve's Bayou Elzora [20]
2007 RiffTrax: The Star Wars Holiday Special Mermeia
2013 Tyler Perry Presents Peeples Nana Peeples [23][24]
2016 The Masked Saint Ms. Edna (final film role)[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Diahann Carroll, Oscar-nominated, pioneering actress, dies". ABC news10. 4 de outubro de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2019. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Fox, Margalit (4 de outubro de 2019). "Diahann Carroll, Actress Who Broke Barriers With 'Julia,' Dies at 84". The New York Times. Consultado o 5 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Bogle, Donald (2015). Primetime Blues: African Americans on Network Television. Farrar, Straus and Giroux. ISBN 9781466894457. Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 McPhee, Ryan (4 de outubro de 2019). "Tony Award Winner and Oscar Nominee Diahann Carroll Dies at 84". Playbill. Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 McCann, Bob (2009). Encyclopedia of African American Actresses in Film and Television. McFarland. pp. 71–73. ISBN 9780786458042. Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Li, David K (4 de outubro de 2019). "Diahann Carroll, groundbreaking 'Julia' actress, dead at 84". Today. Consultado o 5 de outubro de 2019. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 7,8 7,9 Moody, Nekesa Mumbi (4 de outubro de 2019). "Diahann Carroll, Oscar-nominated, pioneering actress, dies". ABC News10. Consultado o 4 de outubro de 2019. 
  8. Mitovich, Matt (2 de decembro de 2008). "Diahann Carroll Collars Role on USA Pilot". TV Guide. Consultado o 8 de maio de 2014. 
  9. Griffiths, John (21 de decembro de 2017). "Diahann Carroll: Hall of Fame Tribute". Television Academy EMMYS. Academy of Television Arts & Sciences. Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  10. Jackson, Dory (4 de outubro de 2019). "(RIP) Diahann Carroll Dead: Trailblazing Actress From 'Dynasty' and 'Julia' Dies at 84 After Cancer Battle". US Magazine. 
  11. "Actress and breast cancer survivor Diahann Carroll to address Baylor luncheon". Dallas News (en inglés). 26 de outubro de 2011. Consultado o 5 de outubro de 2019. 
  12. "Pioneering Actress Diahann Carroll Dead At 84". NBC Palm Springs. 4 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2019. 
  13. "Diahann Carroll, TV Trailblazer and Oscar Nominee, Dies at 84". People. Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  14. Diliberto, Gioia (2 de decembro de 1985). "Now That Diahann Carroll's Come into His Life, Things Are Looking Up for Crooner Vic Damone". People. 
  15. "It's Over! Diahann Carroll is Divorced". Jet: 54. 9 de agosto de 1973. 
  16. Iley, Chrissy (5 de novembro de 2008). "'I'm ambitious, dedicated and vain'". The Guardian. ISSN 0261-3077. 
  17. Feuer, Alan; Rashbaum, William K. (12 de marzo de 2005). "Blood Ties: 2 Officers' Long Path to Mob Murder Indictments". The New York Times. Consultado o 4 de xaneiro de 2009. 
  18. Rourke, Elizabeth (2006). "Diahann Carroll: Biography". Contemporary Black Biography. The Gale Group, Inc. Consultado o 4 de xaneiro de 2009. 
  19. "Diahann Carroll: Biography, Photos, Movies, TV, Credits". Hollywood.com. 2009. Consultado o 4 de xaneiro de 2009. 
  20. 20,0 20,1 20,2 Morgan, Glenisha (4 de outubro de 2019). "Groundbreaking Actress Diahann Carroll Dies At 84". K104.7. Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  21. Kim, L. S. (2014). "Raced Audiences and the Logic of Representation". En Alvarado, Manuel; Buonanno, Milly; Gray, Herman; Miller, Toby. The SAGE Handbook of Television Studies. SAGE. ISBN 9781473911086. Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  22. Jackson, Sandra (1992). "Video Review: Color Adjustment". Visual Sociology 7 (1): 89. doi:10.1080/14725869208583697. 
  23. Hamlet, Janice D. (2019). Tyler Perry: Interviews. Univ. Press of Mississippi. ISBN 9781496824608. Consultado o 7 de outubro de 2019. 
  24. Gay, Roxanne (2014). Bad Feminist. Hachette UK. ISBN 9781472119742. Consultado o 7 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]