Diadema de Moñes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diadema de Ribadeo»)
Parte do diadema que está no MANE.

O diadema de Moñes (antigamente de Ribadeo)[1] é unha xoia de ouro da cultura castrexa, atopado en Moñes, no concello asturiano de Piloña[2]. Está datada cara aos séculos III ou II a. C.

A peza está formada por unha ancha lámina rectangular, dividida en dúas bandas horizontais, con baixorrelevos que representan escenas nas que aparecen guerreiros a pé e a cabalo, armados con puñais curtos e lanzas, con escudos pequenos e cascos de cornos ou penachos, personaxes (quizais divindades cornudas) portando grandes caldeiros ou ánforas (nunha probable analoxía co caldeiro de Gundestrup) e un pequeno poldro.

Características[editar | editar a fonte]

Toda a escena ten lugar nun río, con cormoráns pescando salmóns. O simbolismo desta escena está debatido, segundo algúns autores, fai referencia a un sacrificio, segundo outros está relacionada cun culto acuático e un terceiro grupo opina que está relacionado coas crenzas celtas nas que os ríos eran as rutas do Alén. Esta forma de representar os guerreiros tamén aparece nas estelas do suroeste da Península Ibérica.

É posible que pertencese a algunha dama. A peza atópase dividida en varios fragmentos gardados en tres museos: o Museo Arqueolóxico Nacional de España, en Madrid, o Instituto de Valencia de Don Juan, en Madrid e o Museo de Saint-Germain-en–Laye, en París.

Procedencia[editar | editar a fonte]

Existe certa controversia sobre a súa procedencia. Algúns autores, como García Vuelta[3], Martin Höck[4], Balseiro García[5], Perea Caveda[6], Thomas G. Schattner[7], José Antonio Fernández Vior[8], Marco García Quintela[9], Eduardo Peralta Labrador[10], Francisco Marco Simón[11] ou Antonio García Bellido, afirman que procede de Moñes, en Piloña (Asturias). Outros, como J. Manzanares ou J.M. Gómez Tabanera, atribúenlla a Valdereixe, en San Martín de Ozcos. E outros como Pedro Bosh Gimpera, López Cuevillas e Fermín Bouza-Brey, ao castro das Grobas, en Ribadeo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. "La diadema de Moñes es piloñesa", artigo e Enrique Carballeira en El Comercio, 16 de xaneiro de 2018 (en castelán).
  3. O. García-Vuelta Las diademas cinturón castreñas. El conjunto con decoración figurada de Moñes (Piloña, Asturias). 2001. Archivo español de arqueología nº 74 (3-23)
  4. Martin Höck Die Eisenzeit im Nordwesten der Iberischen Halbinsel. M. Blech y M. Koch y M. Kunst (eds.), Hispania Antiqua. Denkmäler der Frühzeit, Mainz 2001, (377-387)
  5. Aurelia Balseiro García Diademas áureas prerromanas. Análisis iconográfico y simbólico de la diadema de Ribadeo/Moñes. 2000. Lugo.
  6. Alicia Perea Caveda La orfebrería castreña asturiana. Astures. Pueblos y culturas en la frontera del Imperio Romano (77-87) 1995. Xixón.
  7. Thomas G. Schattner. Sobre la interpretación de la decoración de las diademas de Moñes. Palaeohispanica 13 (2012), pp. 717-752
  8. José Antonio Fernández Vior. Xogo de identidades na tierra del Navia-Eo. En Actas das Segundas Sesióis d'Estudio del Occidente. A Caridá, 2005.(…) Equívocos de bulto, como a necia y inconsistente atribución da diadema con guerreiros de Moñes (Piloña) (Marco Simón, 1996) a Ribadeo-Ozcos, xa de sobra asumido que veu do territorio dos astures luggones pola mayoria dos arqueólogos (Peralta Labrador, 2002)
  9. Marco García Quintela. Mitología y mitos de la Hispania prerromana III. Ediciones AKAL, 1999
  10. Eduardo José Peralta Labrador. Culto a las aguas e iniciaciones guerreras a propósito de la diadema astur de Moñes (Piloña). Foro Cultural del Noroeste 2002, págs. 439-462
  11. Francisco Marco Simón. Heroización y tránsito acuático sobre las diademas de Mones (Piloña, Asturias). Homenaje a José María Blázquez. Vol. 2, 1998, págs. 319-348

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]