Diada de Sant Jordi
A Diada de Sant Jordi en Cataluña é unha festa que se celebra o 23 de abril cadrando co Día do Libro e a Feira da Rosa, símbolos da cultura e do amor,[1] e tamén é un día que reivindica a cultura catalá[2] e tamén, a través do trigo, o esforzo de todo un pobo. É o día dos namorados, e por iso dende o século XV é costume regalar unha rosa vermella en representación do "sangue do dragón" á amada. Na década de 1930 engadiuse o costume de regalarlle un libro ao rapaz, con motivo do Día do Libro. O mesmo día tamén é o Día Nacional de Aragón.
Motivo da festa
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xurxo de Capadocia.
A festa de Sant Jordi celébrase o 23 de abril, día no que morreu o cabaleiro Jordi (ou San Xurxo) no ano 303. O santo, que estaba ás ordes do emperador romano Diocleciano, negouse a seguir a orde de perseguir os cristiáns, feito polo cal foi martirizado e decapitado. Axiña comezaron a veneralo como un mártir e apareceron historias fantásticas ligadas á súa figura.[2]
O culto a San Xurxo estendeuse en toda a Coroa de Aragón durante a Idade Media, aínda que no século VIII xa había devoción por el. A celebración de Sant Jordi comezou a estenderse no Principado cara a 1427[3] e dende 1456 é o patrón oficial de Cataluña. Aínda que a festa se celebrou con máis ou menos intensidade dende o século XVI, é a finais do XIX, co movemento político e cultural da Renaixença, cando se estableceu Sant Jordi como o día patriótico, cívico e cultural máis celebrado de Cataluña.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]No século XV xa había feira da rosa en Barcelona con motivo do Sant Jordi. Asistían principalmente noivos, noivas e parellas novas, o que fai pensar que o costume de regalar unha rosa ten a súa orixe nesta festa, que se celebraba no Palau de la Generalitat de Catalunya.[2] Propúxose converter esta data en festivo legal por primeira vez en 1436, cando se fixo a proposta ás Cortes Catalás. A proposta entraría en vigor en 1456.[4] Dende o século XV, en Cataluña o día de Sant Jordi é o día dos namorados, e é costume que as parellas se regalen unha rosa vermella "como sangue" e un libro. Os monarcas Pedro II de Aragón, Xaime I ou Pedro IV contribuíron á popularidade do santo.[1] Malia ser tradicional, a popularización de agasallar rosas restableceuse activamente en 1914, grazas ao impulso da Mancomunitat.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Patrimoni Cultural (ed.). "Sant Jordi i la Diada del Llibre". Consultado o 27-4-2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Institut de Cultura de Barcelona (ed.). "Cultura popular de Barcelona". Consultado o 24 de abril de 2023.
- ↑ Amades, Joan (1952). "Abril. Dia 23". Costumari Català. El curs de l'Any: 285–307.
- ↑ Costa, Roger (maio de 2007). "Al segle XVII, per la diada ja es regalaven roses". Sàpiens (Barcelona): p. 25. ISSN 1695-2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diada de Sant Jordi |