Diérese do metal
Unha diérese do metal é un diacrítico que moitas veces se usa de xeito gratuíto ou decorativo sobre letras nos nomes de bandas hard rock ou heavy metal, como por exemplo Blue Öyster Cult, Queensrÿche, Motörhead, The Accüsed, Mötley Crüe ou a banda parodia Spın̈al Tap. O uso da diérese do metal non acostuma a ter a intención de alterar a pronunciación do nome.
Entre os falantes da lingua inglesa, o uso da diérese (tamén denominada umlaut, nome do proceso da lingua alemá para a alteración fonética nas vogais co diacrítico) e outros tipos de acentos xunto co uso de escrita gótica é unha forma de dar unha aparencia estranxeira aos logos das bandas, e dándolles unha aparencia teutónica, atribuíndoselles cualidades estereotípicas, tales como a forza, a coraxe e a ousadía comumente atribuídas aos antigos pobos do Norte de Europa, tales como os viquingos e os Godos. O seu uso tamén foi atribuído a un desexo pola sensación dun "horror gótico".[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro uso gratuíto da diérese do metal ocorreu en 1970, coa banda Blue Öyster Cult. A páxina da banda informa de que o diacrítico foi engadido polo guitarrista e teclista Allen Lanier,[2] pero o crítico de rock Richard Meltzer di que el mesmo llo suxerira ao produtor e representante do grupo Sandy Pearlman despois de que Pearlman viñese co nome: "Eu dixen, 'que tal uha diérese sobre o O?' De calquera forma, iso daba unaa aparencia wagneriana".[3]
Outro uso decorativo da diérese do metal en 1970 foi feito por Black Sabbath, que lanzou un sinxelo de 7" de "Paranoid" en Francia (con "Rat Salad" como cara b), titulado "Paranoïd" coa diérese sobre o "i" (como se escribe a palabra en francés, agas que o "d" é seguido por un "e").[4]
No seu segundo álbum, In Search of Space (1971), Hawkwind escribiu na contraportada: "TECHNICIÄNS ÖF SPÅCE SHIP EÅRTH THIS IS YÖÜR CÄPTÅIN SPEÄKING YÖÜR ØÅPTÅIN IS DEA̋D".[5] A banda engade, ademais das diéreses, a letra dinamarquesa, norueguesa e feroesa Ø e a letra dinamarquesa, norueguesa e sueca Å. O diacrítico no último "A̋" é o umlaut húngaro ou acento agudo duplo (˝), que, como o propio nome di, consiste de dous acentos agudos no lugar dun. Porén, a lingua húngara non usa o acento duplo ( ˝ ) nin o umlaut alemán ("Ä") sobre a letra "A", só sobre "Ő" e "Ű").
No ano 1975 a banda inglesa Motörhead uniuse á tendencia. A idea foi de Lemmy Kilmister, vocalista e baixista do grupo e ex-membro de Hawkwind, que dixo: "Eu só coloquei [a diérese] para parecer malvado".[6] Lemmy tamén lle dixo a Würzel, o guitarrista da banda, que engadise un umlaut ao seu nome pela mesma razón.[7]
A banda Hüsker Dü formouse en xaneiro de 1979 e o seu nome foi tirado dun xogo de mesa de memoria moi popular nos anos 70, Hūsker Dū?, que en dinamarqués significa "lémbrase vostede?" (as barras sobre os "u" son macrons, non umlauts), aínda que eses diacríticos non sejam usados nesa lingua.[7]
Mötley Crüe naceu en 1980 e segundo contou o vocalista Vince Neil no programa Behind the Music a inspiración chegoulles pola cervexa alemá Löwenbräu. Cando decidiron o nome puxéronlle as diéreses para facelos parecer máis europeos.[7] A banda tamén decidiu usar diéreses do metal no nome da súa primeira discográfica, Leathür Records.
Outra das primeiras bandas en usar a diéreses do metal foi o grupo estadounidense de heavy metal Queensrÿche. A banda bromeou posteriormente sobre o seu nome dicindo: "O umlaut sobre o 'y' perseguíunos durante anos. Pasamos once anos tentando explicar como pronuncialo".[8] Unha das razóns para usar a diérese do metal foi a de suavizar a pronunciación de "Queensreich" para evitar a súa asociación co nazismo.[9]
A banda de parodia Spın̈al Tap foi aínda máis aló en 1984 ao usar a diérese sobre unha consoante, na letra "n", aínda que tal construción exista, por exemplo, na lingua jacalteca de Guatemala e nalgunhas ortografias da lingua malgaxe falada en Madagascar.
A partir de entón multitude de bandas, sobre todo de xéneros relacionados co heavy metal ou co hard rock, utilizaron as diéreses do metal nos seus nomes e nos seus lanzamentos, converténdose nun elemento moi característico destes estilos. O uso do umlaut chegou en anos recentes a saltar tamén a outros estilos e foi adoptado por artistas de xéneros tan afastados como o pop ou a electrónica.
Exemplos
[editar | editar a fonte]Bandas galegas
[editar | editar a fonte]- Avangh Dhür - banda de black metal da Coruña.
- Belöp - banda de indie pop de Redondela.
- Kastomä - banda de rock da Terra de Ordes.
- Sulf-atär - banda de metal de Ponteareas.
- Vieitör - banda de deathcore de Monforte de Lemos.
- Zënzar - banda de punk rock de Cerceda.
Países anglófonos
[editar | editar a fonte]- The Accüsed - banda estadounidense de сrossover thrash.
- Assück - banda estadounidense de grindcore.
- Barbariön - banda australiana de metal.
- Beowülf - banda australiana de thrash metal.
- Blue Öyster Cult - banda australiana de hard rock.
- The Crüxshadows - banda estadounidense de rock alternativo.
- Dälek - banda estadounidense de hip hop.
- Death in June - banda británica de dark folk que usaba umlauts e "ee" acentuados no seu nome e títulos dos lanzamentos orixinais dos seus álbums The Wörld Thät Sümmer (1985) e Thé Wäll Öf Säcrificé (1989) e grafando o seu nome como "Deäth In Jüne" e "Déäth In Jüné", respectivamente.
- Deströyer 666 - banda de Thrash metal/Black metal.
- Dethklok - banda ficticia de metal da serie de animación Metalocalypse, ás veces grafada "Dëthkløk" no logo.
- Green Jellÿ - banda de comedy metal, orixinalmente chamada (e aínda pronunciada como) Green Jellö.
- G̈r̈oẗus̈ - banda experimental, o deseño do seu logo ten umlauts tamén sobre consoantes.
- Hüsker Dü - banda estadounidense de punk rock.
- Infernäl Mäjesty - banda canadense de thrash metal.
- Jason Derülo - cantante de pop estadounidense.
- Kïll Cheerleadër - banda canadense de punk metal.
- King Creosote - banda estadounidense que ás veces usaba unha diérese con tres puntos en parte do seu traballo de arte sobre o "i".
- Lääz Rockit - banda estadounidense de thrash (a pronunciación alemá sería semellante á frase inglesa "Let's rock it").
- Läther - álbum de Frank Zappa.
- Leftöver Crack - banda estadounidense de anarcopunk.
- Maxïmo Park - banda británica de indie rock.
- Möngöl Hörde - banda británica de hardcore punk/noise rock.
- Mötley Crüe - banda de Glam metal.
- Motörhead - banda de Heavy metal.
- Moxy Früvous - banda canadense de sátira política.
- Night on Bröcken - álbum de estrea da banda estadounidense de metal progresivo Fates Warning.
- Queensrÿche - banda estadounidense de metal progresivo.
- Rrröööaaarrr e Dimension Hatröss - álbums da banda canadense de thrash metal Voivod. Tamén usaron o diacrítico nas súas cancións "Korgüll the Exterminator" e "Chaosmöngers", que aparecen nos álbums Rrröööaaarrr e Dimension Hatröss respectivamente.
- Rusted Root - banda estadounidense que usa uha diérese de tres puntos sobre o "e" no seu logo, como se ve nas capas dos álbums.
- Spın̈al Tap - banda británica semificticia, cun "i" sem punto (usado na lingua turca) e unha diérese do metal sobre o "n".
- Toilet Böys – banda estadounidense de laser punk de Nova York.
- Überzone - músico electrónico.
- Ünloco - banda de metal/hard rock alternativo.
- "Yoü and I" - canción da artista estadounidense Lady Gaga.
- Znöwhite - banda estadounidense de thrash.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Garofalo, Reebee (1997). Rockin' out : popular music in the USA. Boston: Allyn and Bacon. ISBN 0-205-13703-2. OCLC 35192297.
- ↑ "The History of BÖC". www.blueoystercult.com. Consultado o 2022-01-04.
- ↑ "Lisa Gidley : David St. Hubbins Explains the Umlaut (CMJ, Oct. 2000)". www.spiraling.com. Consultado o 2022-01-04.
- ↑ "Black Sabbath – Paranoïd / Rat Salad (1970, Blue Text On Dotted Blue Label, Vinyl)" (en castelán). Consultado o 2022-01-04.
- ↑ "Contraportada de In Search of Space de Hawkwind".
- ↑ "We interviewed the most seasoned rocker rocking the rock in rock business today". The Wave Magazine. 2007-12-03. Archived from the original on 03 de decembro de 2007. Consultado o 2022-01-04.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "A brief history of heavy metal umlauts". Kerrang! (en inglés). Consultado o 2022-01-04.
- ↑ "Lisa Gidley : David St. Hubbins Explains the Umlaut (CMJ, Oct. 2000)". www.spiraling.com. Consultado o 2022-01-06.
- ↑ "MUSIC: Queensryche FAQ". www.faqs.org. Consultado o 2022-01-06.