Dhyan Chand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dhyan Chand
Nacemento29 de agosto de 1905
Lugar de nacementoPrayagraj
Falecemento3 de decembro de 1979
Lugar de falecementoDelhi
Causacancro do esófago
NacionalidadeIndia, Raj Británico e Dominio da India
Alma máterAligarh Muslim University
Ocupaciónxogador de hóckey e autobiógrafo
PremiosPadma Bhushan
Na rede
IMDB: nm8360093 WikiTree: Singh-899 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dhyan Chand, nado en Allahabad o 29 de agosto de 1905 e finado Delhi o 3 de decembro de 1979, foi un xogador de hóckey sobre herba indio, un dos mellores xogadores da historia do deporte.[1] Foi coñecido polas súas extraordinarias proezas goleadoras, e gañou tres medallas de ouro olímpicas en 1928, 1932 e 1936, nunha época en que a India dominou o deporte. A súa influencia estendeuse alén desas vitorias, posto que o país gañou o campionato olímpico de hóckey en sete das oito olimpíadas entre 1928 e 1964. Crese que logo de que a India derrotase a Alemaña na final olímpica de 1936 por 8-1, Adolf Hitler ofreceu a Chand un posto sénior no exército alemán, o que este rexeitou.[2]

Coñecido como O mago (The Wizard[3][4] ou The Magician[5][6]) do hóckey polo seu soberbio control da bóla, Chand xogou internacionalmente entre 1926 e 1949; marcou 570 goles en 185 partidos segundo a súa autobiografía, Goal.[7] O Goberno da India concedeu a Chand o terceiro honor máis alto para un civil, o Padma Bhushan, en 1956.[8] O día do seu nacemento, o 29 de agosto, celébrase anualmente na India o Día Nacional dos Deportes.

Legado[editar | editar a fonte]

Estatua de Dhyan Chand no outeiro Sipri, Jhansi

Dhyan Chand continúa a ser unha figura lendaria no hóckey indio e mundial. As súas habilidades foron glorificadas en varias historias e anécdotas apócrifas.

O premio máis importante na india ao mérito deportivo é o premio Dhyan Chand que se outorga anualmente dende 2002 a figuras deportivas que non só contribuíron ao deporte durante a súa carreira senón tamén despois da súa retirada. O Estadio Nacional de Delhi foi rebautizado como Dhyan Chand National Stadium en 2002 na súa honra.[9]

Un internado da Universidade Musulmá Aligarh, da que foi alumno,[10] recibiu o seu nome.[11]

O goberno da India emitiu un selo conmemorativo en honor de Chand. Foi o primeiro xogador de hóckey indio que recibiu esa honra.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dhyan Chand (Indian athlete)". Encyclopædia Britannica. 
  2. When sports legend Dhyan Chand was offered a job by Adolf Hitler. Indianexpress.com (29 de agosto de 2017). Consultado o 12 de decembro de 2018.
  3. "Find out about India's hockey wizard". bbc.co.uk. 
  4. "Dhyan Chand – The Legend Lives On". bhartiyahockey.org. 
  5. "National Sports Day: PM Narendra Modi pays tribute to Major Dhyan Chand on birth anniversary". Indian Express. 29 de agosto de 2017. 
  6. "'Remembering Dhyan Chand, the magician'". rediff.com. 28 de agosto de 2010. 
  7. Chand, páx. 255
  8. "Padma Awards" (PDF). Ministry of Home Affairs, Government of India. 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de outubro de 2015. Consultado o 21 de xullo de 2015. 
  9. "Even Bradman was impressed with Dhyan Chand". The Times of India. 30 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2011. Consultado o 28 de outubro de 2019. 
  10. Ali, Qaiser Mohammad (30 de abril de 2011). "Some hearts still beat for hockey here". India Today. 
  11. "Aligarh Muslim University || Halls". www.amu.ac.in. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  12. "Dhyan Chand Chronology". www.bharatiyahockey.org. Consultado o 23 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]