Saltar ao contido

Dexter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dexter
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Título
Dexter (en) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Caracterizado por
Características
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Universo ficticio
 Franquía de medios
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a
 Compositor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
1 de outubro de 2006 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
22 de setembro de 2013 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
11 de xaneiro de 2007 (Suecia)
10 de xullo de 2007 (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
Nº de episodios96 Editar o valor en Wikidata
Nº de tempadas8 Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe16:9 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fhzwl Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.9/10 nientepopcorn (1 de febreiro de 2024) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0773262 Filmaffinity: 482444 Allocine: 3004 Rottentomatoes: tv/dexter Metacritic: tv/dexter TV.com: shows/dexter
Twitter: SHO_Dexter Netlix: 70136126 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Dexter é unha serie de crime, drama e misterio que foi emitida a través da canle estadounidense Showtime dende o 1 de outubro de 2006 até o 22 de setembro de 2013.[1] Ambientada en Miami, a serie céntrase na personaxe de Dexter Morgan (Michael C. Hall), un técnico forense especializado na análise de patróns de sangue para o departamento de policía, que leva unha vida paralela como asasino en serie que acaba coa vida doutros asasinos e criminais. A primeira tempada está baseada na novela Darkly Dreaming Dexter (2004), a primeira das novelas sobre Dexter escritas por Jeff Lindsay.

Dexter é un forense especializado no sangue do Departamento de Policía de Miami. Tamén é un fiel mozo, un divertido padrasto, un irmán confidente e un friki do sangue para algúns; pero todo isto non son máis que papeis que, voluntariamente ou non, desempeña de cara a unha sociedade que non o aceptaría: Dexter é, e el sábeo, un monstro, un psicópata, un corpo sen alma, frío, calculador; un asasino en serie. Ou non. El goza con iso. Como a el lle gusta dicir é, simplemente, Dexter.

Unha vez coñecemos a Dexter, descubrimos que non hai nada que o inmute, que perturbe os seus soños, xa que nin sequera os ten; nin sequera ningún sentimento que non é capaz de posuír: nin o amor cara á súa moza ou á irmá, nin os atroces crimes aos que acode no seu traballo, nin as súas vítimas. Dexter está baleiro e o único que algunha vez lle causou pracer é a caza, o que ninguén sabe agás o seu pai, o único a quen lle puido confiar o seu segredo desde a súa infancia. Pero Dexter non é un asasino en serie común, xa que se ben comparte motivacións (o pracer da caza), grazas ao seu pai adoptivo posúe uns principios sólidos, cuestionables ou non, pero que como adoitaba dicir aquel, Harry Morgan, policía, o manteñen vivo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Andy Ruddock (21 de setembro de 2013). "Vale Dexter, the serial killer who changed the face of TV violence". The Conversation Australia. Consultado o 23 de setembro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]