Detroit Red Wings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Detroit Cougars (NHL)»)
Detroit Red Wings
Fundación1926
Cidade Detroit,
Míchigan
Estados Unidos de América Estados Unidos
EstadioJoe Louis Arena
(20.058 espectadores)
LigaNational Hockey League
ConferenciaLeste
DivisiónAtlantic
Campionatos11
Propietario(s) Mike Ilitch
Director Ken Holland
Adestrador Jeff Blashill
Afiliado(s)Grand Rapids Griffins (AHL)
Toledo Walleye (ECHL)
CoresNegro, branco
           
Na rede
http://redwings.nhl.com/
Facebook: DETROITREDWINGS Twitter: detroitredwings Instagram: detroitredwings Youtube: UCj_N4nmrUUiYd0_Vn5_as_w Souncloud: officialredwings Editar o valor em Wikidata

O Detroit Red Wings é un equipo de hóckey sobre xeo con sede na cidade de Detroit, Míchigan (Estados Unidos). Os Red Wings compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrado na Atlantic Division da Conferencia Leste. Xogan os seus partidos como locais no Joe Louis Arena dende 1979. O equipo forma parte do denominado Original Six, e con 11 títulos de liga é o equipo estadounidense con máis títulos da competición e o terceiro por detrás dos canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs, ademais gañou seis títulos de conferencia, e 18 de división.

Fundados en 1926, os Red Wings son unha das franquías máis antigas da NHL que seguen activas,[Nota 1] formando parte entre 1942 e 1967 do denominado Original Six xunto cos estadounidenses Boston Bruins, Chicago Blackhawks e New York Rangers, e os canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs.

Equipos afiliados[editar | editar a fonte]

Equipos afiliados dos Detroit Red Wings
Período Equipo Liga
1932-1933 Olympics de Détroit LIH
1939-1952 Capitals d'Indianapolis LAH
1945-1951 Knights d'Omaha USHL
1952-1963 Flyers d'Edmonton WHL (mineur pro)
1961-1967 Hornets de Pittsburgh LAH
1963-1964 Capitols d'Indianapolis/Wings de Cincinnati CPHL
1964-1967 Wings de Memphis CPHL
1967-1973 Wings de Fort Worth CHL
1967-1971 Gulls de San Diego WHL
1968-1969 Clippers de Baltimore LAH
1969-1970 Barons de Cleveland LAH
1970-1971 Clippers de Baltimore LAH
1971-1974 Wings de Port Huron LIH
1971-1972 Wings de Tidewater LAH
1972-1975 Wings de la Virginie LAH
1974-1987 Wings de Kalamazoo LIH
1975-1976 Nighthawks de New Haven LAH
1976-1977 Blues de Kansas City CHL
1976-1977 Reds de Rhode Island LAH
1977-1979 Red Wings de Kansas City CHL
1979-1980 Jets de Johnstown EHL
1979-1999 Red Wings de l'Adirondack LAH
1987-1989 Spirits de Flint LIH
1991-1995 Komets de Fort Wayne LIH
1991-2007 Storm de Toledo ECHL
1999-2002 Mighty Ducks de Cincinnati LAH
2000-2001 Moose du Manitoba LIH

Personalidades[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Capitáns do equipo[editar | editar a fonte]

Nicklas Lidström (sen casco) e Steve Yzerman, foron capitáns do equipo.

Art Duncan foi o primeiro capitán da historia dos Cougars na tempada 1926-1927. En 1932, o equipo de Detroit mudou o seu nome polo de Red Wings, e Larry Aurie converteuse en capitán. A seguinte táboa mostra todos os capitáns que tivo o equipo ao longo da súa historia:[1]

Capitáns de 1926 a 1956
Nome(s) Período
Art Duncan 1926-1927
Reg Noble 1927 a 1930
George Hay 1930-1931
Carson Cooper 1931-1932
Larry Aurie 1932-1933
Herbie Lewis 1933-1934
Ebbie Goodfellow 1934-1935
Doug Young 1935 a 1938
Ebbie Goodfellow 1938 a 1941
Ebbie Goodfellow e Syd Howe 1941-1942
Sid Abel 1942-1943
Mud Bruneteau e William Hollett 1943-1944
William Hollett 1944-1945
William Hollett e Sid Abel 1945-1946
Sid Abel 1946 a 1952
Ted Lindsay 1952 a 1956
Red Kelly 1956 a 1958
Gordie Howe 1958 a 1962
Alex Delvecchio 1962 a 1973
Capitáns dende 1956
Nome(s) Período
Alex Delvecchio
Nick Libett
Gordon Berenson
Gary Bergman
Ted Harris
Mickey Redmond e Larry Johnston
1973-1974
Marcel Dionne 1974-1975
Danny Grant e Terry Harper 1975-1976
Danny Grant e Dennis Polonich 1976-1977
Dan Maloney e Dennis Hextall 1977-1978
Dennis Hextall, Nick Libett e Paul Woods 1978-1979
Dale McCourt 1979-1980
Errol Thompson e Reed Larson 1980-1981
Reed Larson 1981-1982
Danny Gare 1982 a 1986
Steve Yzerman 1986 a 2006
Nicklas Lidström 2006 a 2012
Henrik Zetterberg Dende 2013

Eleccións na primeira rolda do draft[editar | editar a fonte]

Cada ano dende 1963, os xogadores de ligas júnior teñen a posibilidade de asinar contratos coas franquías da NHL. Esta sección presenta as eleccións na primeira rolda do draft por parte de Detroit así como o equipo das ligas menores ou europeas no que xogaba a tempada na que tivo lugar a selección. Nos casos nos que os Red Wings elixiron a máis dun xogador na primeira rolda só se indica a primeira elección, mentres que as veces nas que a súa primeira elección foi despois da primeira rolda non se indica nada:[2]

Dende 1963 a 1988
Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga)
1963 Pete Mahovlich
1964 Claude Gauthier[Nota 2]
1965 George Forgie[Nota 2]
1966 Steve Atkinson
1967 Ron Barkwell[Nota 2]
1968 Steve Andrascik 11º
1969 Jim Rutherford 10º
1970 Serge Lajeunesse 12º
1971 Marcel Dionne
1972 Ningunha elección na primeira rolda
1973 Terry Richardson 11º
1974 Bill Lochead
1975 Rick Lapointe
1976 Fred Williams
1977 Dale McCourt
1978 Alemaña Willie Huber
1979 Mike Foligno
1980 Mike Blaisdell 11º
1981 Ningunha elección na primeira rolda
1982 Murray Craven 17º
1983 Steve Yzerman
1984 Shawn Burr
1985 Brent Fedyk
1986 Joe Murphy
1987 Yves Racine 11º
1988 Kory Kocur 17º
Dende 1989 a 2014
Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga)
1989 Mike Sillinger 11º
1990 Keith Primeau
1991 Martin Lapointe 10º
1992 Curtis Bowen 22º
1993 Anders Eriksson 22º
1994 Ian Goloubovski 23º
1995 Maksim Kouznetsov 26º
1996 Jesse Wallin 26º
1997 Ningunha elección na primeira rolda
1998 República Checa Jiří Fischer 25º
1999 Ningunha elección na primeira rolda
2000 Niklas Kronwall 29º
2001 Ningunha elección na primeira rolda
2002 Ningunha elección na primeira rolda
2003 Ningunha elección na primeira rolda
2004 Ningunha elección na primeira rolda
2005 República Checa Jakub Kindl 19º
2006 Ningunha elección na primeira rolda
2007 Brendan Smith 27º
2008 Thomas McCollum 30º
2009 Ningunha elección na primeira rolda
2010 Riley Sheahan
2011 Ningunha elección na primeira rolda
2012 Ningunha elección na primeira rolda
2013 Anthony Mantha 20º
2014 Dylan Larkin 15º
Dende 2015
Ano Nome do xogador Posto Equipo (liga)
2015 Ievgueni Svetchnikov 19º

Líderes históricos[editar | editar a fonte]

Esta sección presenta as estatísticas dos dez máximos anotadoes dos Red Wings. As estatísticas refírense só aos puntos conseguidos cos Detroit Red Wings e os mellores rexistros en cada campo son sinalados en letra grosa:[3] O líder histórico do equipo foi o canadense Gordie Howe, que liderou ao equipo en partidos xogados, goles e puntos, mentres que o seu compatriota Steve Yzerman fíxoo en asistencias e puntos por partido.

Nota: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; P/G = Puntos por partido; * = actualmente nos Red Wings

Líderes históricos dos Detroit Red Wings
Xogador Pos PX G A Pts P/G
Gordie Howe RW 1687 786 1023 1809 1,07
Steve Yzerman C 1514 692 1063 1755 1,16
Alex Delvecchio C 1549 456 825 1281 0,83
Nicklas Lidstrom D 1564 264 878 1142 0,73
Sergei Fedorov C 908 400 554 954 1,05
Pavel Datsyuk C 953 314 604 918 0,96
Henrik Zetterberg* C 918 309 527 836 0,91
Norm Ullman C 875 324 434 758 0,87
Ted Lindsay LW 862 335 393 728 0,84
Brendan Shanahan LW 716 309 324 633 0,88

Números retirados[editar | editar a fonte]

Números retirados dos Detroit Red Wings. O número 19 de Steve Yzerman, co C de capitán, retirado a principios do 2007.

Na National Hockey League, os xogadores poden ser homenaxeados de varios xeitos, un deles é interna do equipo. Deste xeito, é tradición homenaxear a antigos xogadores do equipo decidindo retirar o seu número. Ningún outro xogador pode entón empregar ese número en cuestión e cólgase unha réplica da súa camisola no teito do pavillón. En 1999, a NHL decidiu igualmente retirar o número 99 de Wayne Gretzky da circulación en todas as franquías da liga, a causa do seu impacto no mundo do hóckey. O equipo retirou de xeito oficial sete números:[4]

Números retirados dos Detroit Red Wings
Xogador Posición Carreira Data da retirada
1 Terry Sawchuk G 1949-1955
1957-1964
1968-1969
6 de marzo de 1994
5 Nicklas Lidstrom D 1991-2912 6 de marzo de 2014[5]
7 Ted Lindsay LW 1944-1957
1964-1965
10 de novembro de 1999
9 Gordie Howe RW 1946-1971 12 de marzo de 1972
10 Alex Delvecchio C 1950-1974 10 de novembro de 1991
12 Sid Abel C 1938-1943
1945-1952
29 de abril de 1995
19 Steve Yzerman C 1983-2006 3 de xaneiro de 2007[Nota 3]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Scotty Bowman adestrou aos Red Wings durante 9 tempadas, gañando 3 Stanley Cups.
Jeff Blashill, adestrador dos Red Wings dende 2015.

Dende a primeira tempada do equipo en 1926, de Duncan a Babcock, 26 adestradores sucedéronse á fronte do banco do equipo de Detroit. Jack Adams foi un dos primeiros en marcar a historia da franquía. De feito, con 964 partidos na NHL, Adams ocupou o posto de adestrador durante 20 anos, amais de ter sido director xeral do equipo. Foi o artífice do maior número de vitorias do equipo con 413 e tres Stanley Cups. Tommy Ivan substituíu a Adams en 1947, continuando coa liña de vitorias con tres novas Stanley Cups en sete tempadas en Míchigan.[6]

Sid Abel tomou o mando do equipo por primeira vez en 1957 e converteuse no segundo adestrador, por detrás de Adams, en conseguir o maior número de partidos cos Red Wings cun total de 811. William Scott « Scotty » Bowman chegou ao equipo en 1993, conseguindo en nove tempadas e 701 partidos un total de tres Stanley Cups e 410 vitorias. Estableceu un sistema de xogo diferente con por exemplo o Russian Five. Puxo fin á súa carreira na tempada 2001-02 despois de conseguir a vitoria na final da Stanley Cup, a décima dos Red Wings e a súa novena a título persoal como adestrador xefe.[7]

Adestradores dos Detroit Red Wings
Période Années PX V D DPr Stanley Cups
1926-1927 Art Duncan 33 1 21 2 -
1927 Duke Keats 11 2 7 3 -
1927-1947 Jack Adams 964 413 390 161 1936, 1937 e 1943
1947-1954 Tommy Ivan 470 262 118 90 1950, 1952 e 1954
1954-1957 Jimmy Skinner 247 123 78 46 1955
1957 a 1968 - 1970 Sid Abel 811 340 339 132 -
1968-1970 Bill Gadsby 78 35 31 12 -
1970-1971 Ned Harkness 38 12 22 4 -
1971-1976 Doug Barkley 77 20 46 11 -
1972-1973 Johnny Wilson 145 67 56 22 -
1973 Ted Garvin 12 2 9 1 -
1974-1975 Alex Delvecchio 155 53 81 21 -
1976 a 1977 - 1982 Billy Dea 100 32 57 11 -
1977 Larry Wilson 36 3 29 4 -
1977-1980 Bobby Kromm 231 79 111 41 -
1980 Marcel Pronovost 9 2 7 0 -
1980-1981 Ted Lindsay 20 3 14 3 -
1981-1982 Wayne Maxner 129 34 68 27 -
1982-1985 Nick Polano 240 79 127 34 -
1986 Harry Neale 35 8 23 4 -
1986 Brad Park 45 9 34 2 -
1986-1990 Jacques Demers 320 137 136 47 -
1990-1993 Bryan Murray 244 124 91 29 -
1993-2002 Scotty Bowman 701 410 203 88 1997, 1998 e 2002
2002-2004 Dave Lewis 164 96 47 21 -
2004-2015 Mike Babcock 786 458 223 105 2008
Dende 2015 Jeff Blashill Adestrador actual

Propietarios[editar | editar a fonte]

Durante cas 50 anos a familia Norris estivo involucrada na vida do club. Así, James Norris adquiriu os dereitos da franquía en 1932 e mantivo a dirección do equipo ata a súa morte por un ataque ao corazón en 1952.[8] A súa filla, Marguerite Norris, converteuse na primeira muller propietaria dunha franquía da NHL, ocupando o posto durante tres anos.[9] O seu irmán, Bruce Norris, tomou o seu lugar en 1955. Os Red Wings foron rescatados en 1982 par Mike Ilitch. Catro anos despois, Bruce Norris morreu o 1 de xaneiro de 1986, mentres que Marguerite Norris morreu dun ataque ao corazón en 1994[9].

Propietarios dos Detroit Red Wings
Período Nome Stanley Cups
1932-1952 James Norris 1936, 1937, 1943 e 1950
1952-1955 Marguerite Norris 1952, 1954 e 1955
1955-1982 Bruce Norris -
Dende 1982 Mike Ilitch 1997, 1998, 2002 e 2008

Directores xerais[editar | editar a fonte]

Directores xerais dos Detroit Red Wings
Período Nome Stanley Cups
1926 a 1927 Art Duncan -
1927 Duke Keats -
1927 a 1962 Jack Adams 1936, 1937, 1943, 1950, 1952, 1954 e 1955
1962 a 1970 Sid Abel -
1970 a 1974 Ned Harkness -
1974 a 1976 Alex Delvecchio -
1976 a 1980 Ted Lindsay -
1980 a 1982 Jimmy Skinner -
1982 a 1990 Jim Devellano -
1990 a 1994 Bryan Murray -
1994 a 1997 Jim Devellano -
Dende 1997 Ken Holland 1997, 1998, 2002 e 2008

Trofeos da NHL e internos[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos[editar | editar a fonte]

Stanley Cup
A Stanley Cup, que os Detroit Red Wings gañaron en once ocasións na súa historia.

O trofeo final para un equipo na NHL, a Stanley Cup é entregada ao campión das series eliminatorias dende a tempada 1926-27.[10][Nota 4].

Os Red Wings son o terceiro equipo da NHL en número de campionatos conseguidos cun total de 11 Stanley Cups.[11] A seguinte táboa amosa os anos nos que os Red Wings conseguiron o trofeo, o adversario na final, e o resultado da serie final.

Títulos da Stanley Cup
Ano Adversario Resultado
1935-1936 Toronto Maple Leafs 3-1
1936-1937 New York Rangers 3-2
1942-1943 Boston Bruins 4-0
1949-1950 New York Rangers 4-3
1951-1952 Montreal Canadiens 4-0
1953-1954 Montreal Canadiens 4-3
1954-1955 Montreal Canadiens 4-3
1996-1997 Philadelphia Flyers 4-0
1997-1998 Washington Capitals 4-0
2001-2002 Carolina Hurricanes 4-1
2007-2008 Pittsburgh Penguins 4-2
Presidents' Trophy

O Presidents' Trophy é entregado ao equipo que máis puntos sumou na clasificación xeral da NHL durante a liga regular. O trofeo é outorgado dende a tempada 1985-86. Dende que se creou o trofeo, os Red Wings o gañaron en seis ocasións.[12]

Clarence S. Campbell Bowl

O Clarence S. Campbell Bowl é entregado cada ano ao campión da Conferencia Oeste. Creado en 1967, inicialmente foi entregado ao gañador da West Division durante a liga regular. Entre 1975 e 1981 foi entregado ao campión da Conferencia Clarence Campbell (actual Conferencia Oeste), e entre 1982 e 1993 ao campión desta división nos play-offs. Dende 1993 o trofeo é entregado ao campión da Conferencia Oeste nas series eliminatorias. Recibe o seu nome en honor a Clarence Sutherland Campbell, que foi presidente da NHL entre 1946 e 1977. Os Red Wings teñen gañado o trofeo en seis ocasións:[13]

Prince of Wales Trophy
O Prince of Wales Trophy.

O Prince of Wales Trophy é o trofeo da NHL que máis veces mudou o seu significado.[14] Dende a tempada 1993-1994, o Prince of Wales Trophy e entregado ao equipo gañador da final da Conferencia Leste durante os play-offs. Os Red Wings son o terceiro equipo que ten gañado máis veces o trofeo cun total de 13, por detrás dos Montreal Canadiens (25) e dos Boston Bruins (17).[15][16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. É xunto cos Blackhawks e os Rangers (fundadas o mesmo ano), a segunda franquía máis antiga dos Estados Unidos por detrás dos Bruins.
  2. 2,0 2,1 2,2 Nunca xogou na NHL ou nunha liga profesional importante.
  3. A bandeira inclúe o "C" de capitán para honrar ao xogador que máis tempo ostentou o título, nun só equipo e na historia da NHL.
  4. Antes da tempada 1926-27, outros equipos non afiliados á NHL estaban autorizados a competir pola Stanley Cup.
Referencias
  1. "Detroit Red Wings All-Time Captains - Detroit Red Wings - History" (en inglés). redwings.nhl.com. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  2. "All Draft Choices Round 1 - Detroit Red Wings - Team" (en inglés). redwings.nhl.com. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  3. Detroit Red Wings. 2016-17 Media Guide (PDF) (en inglés). Detroit Red Wings. p. 203. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de xaneiro de 2017. 
  4. "Wings in the Rafters - Detroit Red Wings - History" (en inglés). redwings.nhl.com. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  5. Andrea, Nelson (6 de marzo). "Red Wings retire Lidstrom's No. 5" (en inglés). redwings.nhl.com. Consultado o 5 xullo 2014. 
  6. 2010-11 Detroit Red Wings Media Guide, p. 194
  7. Modelo:Legendsofhockey
  8. Modelo:Lenda do hockey
  9. 9,0 9,1 "Marguerite Norris, Hockey Team President, 67" (en inglés). The New York Times. 14 de maio. 
  10. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "The Stanley Cup" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  11. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Stanley Cup Winners" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  12. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Presidents' Trophy Winners" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  13. "Clarence S. Campbell Bowl" (en inglés). NHL.com. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  14. www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- Silverware -- NHL Trophies -- Prince Of Wales Trophy Winners". Consultado o 18 de maio de 2014. 
  15. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Prince of Wales Trophy" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2015. Consultado o 30 de xuño de 2015. 
  16. Hockey Hall of Fame. Legends of Hockey, ed. "Prince of Wales Trophy Winners" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]