Desoxiguanosina monofosfato
| Desoxiguanosina monofosfato | |
|---|---|
| Identificadores | |
| Número CAS | 902-04-5 |
| PubChem | 161075 |
| ChEBI | CHEBI:16192 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C10H14N5O7P |
| Masa molecular | 347,2243 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |
A desoxiguanosina monofosfato, tamén chamada monofosfato de desoxiguanosina ou ácido 5'-desoxiguanílico (ou desoxiguanilato), abreviada como dGMP, é un nucleótido que forma parte do ADN formado polo nucleósido desoxiguanosina esterificado cun fosfato. A molécula consta do azucre desoxirribosa enlazado á base nitroxenada guanina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo fosfato esterificado no carbono 5' do azucre[1].
A función do dGMP na célula é a de ser un dos nucleótidos que forma parte do ADN, xunto con dAMP, dCMP e dTMP. Os nucleótidos chegan á zona de replicación do ADN como nucleósidos trifosfato, neste caso dGTP, perden dous fosfatos en forma de pirofosfato, e enlázanse á cadea de ADN en formación como nucleósidos monofosfato, neste caso dGMP.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lehninger A. Principios de Bioquímica (1988). Omega. Páxina 798. ISBN 84-282-0738-0
