Desmontando a Barbie
| Desmontando a Barbie | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Xénero
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
|
Franquía de medios
| |||||||
| Autoría | |||||||
|
Director/a
| |||||||
| Temática | |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
|
Personaxes
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||
|
Formato de distribución
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Desmontando a Barbie[1] (en inglés: Tiny Shoulders: Rethinking Barbie) é un filme documental estadounidense dirixido, escrito e producido por Andrea Blaugrund Nevins. Estreouse o 27 de abril de 2018 en Hulu.[2] O filme explora a creación da boneca Barbie, o efecto que tivo na cultura e a súa evolución ao longo das décadas.[3] Durante anos, Barbie xerou expectativas pouco realistas sobre os corpos femininos entre as mozas máis novas, chegando a causar causar problemas de imaxe corporal,[4] Segundo Time, esta boneca pequena, alta e con curvas coñecida como Barbie, constitúe á vez unha figura importante do movemento feminista e simboliza a opresión masculina. Isto provocou debate e controversia por varias razóns que este documental pretende captar.[5]
Estreouse en galego o 9 de outubro de 2024 a través da plataforma AGalega.[6]
Acollida
[editar | editar a fonte]Desmontando a Barbie recibiu unha resposta positiva da crítica. Na páxina web de recensións Rotten Tomatoes ten un índice de aprobación do 81% cunha valoración media de 7,2/10 baseada en 16 críticas. O consenso crítico do sitio di: "Unha reflexión sobre os estándares de beleza e o feminismo, Tiny Shoulders vai máis aló das observacións plásticas para crear un exame imparcial do papel de Barbie na cultura máis ampla".[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @tvgalicia, ed. (9 de outubro de 2024). "Coñece a historia non contada detrás da boneca máis famosa do mundo en Desmontando a Barbie, a nova estrea en agalega.gal". Consultado o 8 de decembro de 2024.
- ↑ Gilbert, Sophie (1 de maio de 2018). "Can Barbie Really Have It All?". The Atlantic.
- ↑ "The creators of 'Tiny Shoulders: Rethinking Barbie' on remaking America's doll just before #MeToo". Los Angeles Times. 27 de abril de 2018.
- ↑ Barrie, Joshua (29 de xaneiro de 2017). "The hidden danger of kids playing with Barbie dolls – revealed by an expert". mirror.
- ↑ "It's a Doll's Life: Barbie's Controversies and Triumphs". Time. 28 de xaneiro de 2016.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Desmontando a Barbie en galego en AGalega". Consultado o 8 de decembro de 2024.
- ↑ "Tiny Shoulders, Rethinking Barbie". Rotten Tomatoes. Fandango. Consultado o 8 de decembro de 2024.