Desmond Dekker
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de xullo de 1941 Kingston |
| Morte | 25 de maio de 2006 Thornton Heath |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
| Lugar de sepultura | Streatham Park Cemetery (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | compositor, cantautor, cantante, músico |
| Período de actividade | 1963 |
| Xénero artístico | Reggae |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Trojan Records Island Records |
| Sitio web | desmonddekker.com |
Desmond Adolphus Dacres, máis coñecido coma Desmond Dekker, nado en Kingston o 16 de xuño de 1941 e finado en Surrey o 25 de maio de 2006 foi un compositor destacado da escena ska e reggae. Pioneiro do skinhead reggae nos anos sesenta, compuxo cancións que levaron a música caribeña ás listas internacionais con éxitos como Israelites e 007 (Shanty Town). Colaborou cos produtores Leslie Kong e coa banda The Aces, converténdose nunha das figuras máis influentes da música popular xamaicana e nun precursor da expansión global do reggae.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Destacado polos especialistas musicais como o introductor do reggae en en Europa[2], Dekker foi un dos músicos xamaicanos de máis sona a nivel mundial, con anterioridade a fenómenos coma o de Bob Marley.
Actuou como promotor de The Aces, orixinalmente The Four Aces, con Clive Campbell, Barry Howard, Carl Howard e Patrick Howard, cos que despois traballaría toda a súa carreira empregándoos coma coristas e banda de directo. Desmond Dekker gravou o seu primeiro sinxelo en 1963, pero foi co cuarto, titulado King of Ska, cando se converteu nun artista moi popular en toda Xamaica.
Porén, a partir de 1967 chegarían os seus verdadeiros grandes éxitos a nivel mundial, sobre todo no mercado británico, onde, como dicimos, foi un auténtico pioneiro do son ska, que anos máis tarde permitiría o nacemento de moitas bandas británicas que o mesturaron co pop, como Madness, The Specials ou Bad Manners, entre outras.
Desmond entrou por primeira vez en 1967 no Top 15 de Gran Bretaña da man do tema 007 (Shanty Town), ao que lle seguiu Israelites, gravado en 1968, aínda que realmente acadou gran repercusión no verán de 1969, chegando incluso ao esixente Top 10 do Billboard estadounidense.
Outro dos grandes éxitos de Desmond Dekker foi You Can Get It If You Really Want, de 1970, escrito polo seu amigo Jimmy Cliff, con música e voz de Dekker, que alcanzou o número dous no Reino Unido. O propio Cliff chegaría a interpretar posteriormente a canción na banda sonora de The Harder They Come (en Galicia, Caiga quien caiga).
De xeito infrecuente: tras volver gravar Israelites cinco anos máis tarde, en 1975, esta histórica canción ska foi seleccionada de novo para o Top 10 británico, un tema cunha letra acusada de antisemitismo ao acadar unha maior repercusión, onde o propio Dekker tivo que aclarar que os xamaicanos se sentían coma un pobo condeado ao exilio[3]. A canción foi amplamente usada en cine e publicidade, coma nos filmes Drugstore cowboy ou Miami blues.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- 007 Shanty Town (1967) Doctor Bird (Desmond Dekker & the Aces)
- Action! (1968) (Desmond Dekker & the Aces)
- This is Desmond Dekkar (1969) - Trojan Records (UK #27 nas listas)
- Israelites (1969) Doctor Bird
- Intensified (1970) - Lagoon
- You Can Get It If You Really Want (1970) - Trojan Records
- Black And Dekker (1980) Stiff Records
- Compass Point (1981) Stiff Records
- King of Kings (con The Specials) (1993) - Trojan Records
Recompilacións
[editar | editar a fonte]- Double Dekker (1973) Trojan
- Dekker's Sweet 16 Hits (1979) Trojan
- The Original Reggae Hitsound (1985) Trojan
- 20 Golden Pieces of Desmond Dekker (1987) Bulldog
- The Official Live and Rare (1987) Trojan
- Greatest Hits (1988) Streetlife
- The Best of & The Rest of (1990) Action Replay
- Music Like Dirt (1992) Trojan
- Rockin' Steady - The Best of Desmond Dekker (1992) Rhino
- Crucial Cuts (1993) Music Club
- Israelites (1994) Laserlight
- Action (1995) Lagoon
- Voice of Ska (1995) Emporio
- Moving On (1996) Trojan
- The Israelites (1996) Marble Arch
- First Time for a Long Time (1997) Trojan
- Desmond Dekker Archive (1997) Rialto
- The Writing on the Wall (1998) Trojan
- Israelites (1999) Castle Pie
- Israelites: The Best Of Desmond Dekker (1963-1971) (1999) Trojan
- Desmond Dekker (2000) Snapper
- The Very Best Of (2000) Jet Set
- This Is Desmond Dekker (Bonus Tracks) (2006) Trojan
Singles
[editar | editar a fonte]Carreira en solitario (1963-1964)
[editar | editar a fonte]- "Honour Your Mother and Father" (1963) Island Records (como Desmond Dekker & Beverley's Allstars)
- "Parents" (1964) Island
- "King of Ska" (1964) Island (como Desmond Dekkar and his Cherry Pies)
- "Dracula" (1964) Black Swan (como Desmond Dekkar)
Desmond Dekker & the Four Aces (1965)
[editar | editar a fonte]- "Generosity" (1965) Island
- "Get Up Adina" (1965) Island
- "This Woman" (1965) Island
- "Mount Zion" (1965) Island
Desmond Dekker & the Aces (1967-1969)
[editar | editar a fonte]- "007 (Shanty Town)" (1967) - Doctor Bird
- "Oh Holy Night" (1967) Doctor Bird
- "Wise Man" (1967) Pyramid
- "007 Shanty Town" (1967) Pyramid
- "It's a Shame" (1967) Pyramid
- "Rudy Got Soul" (1967) Pyramid
- "Rude Boy Train" (1967) Pyramid
- "Mother's Young Gal" (1967) Pyramid
- "Unity" (1967) Pyramid
- "Sabotage" (1967) Pyramid
- "It Pays" (1967) Pyramid
- "Beautiful and Dangerous" (1967) Pyramid
- "Bongo Gal" (1967) Pyramid
- "To Sir, With Love" (1967) Pyramid
- "Mother Pepper" (1967) Pyramid
- "Hey Grandma" (1967) Pyramid
- "Music Like Dirt (Intensified)" (1967) Pyramid
- "It Miek" (1968) Pyramid
- "Israelites" (1968) - Pyramid (Reino Unido foi #1, Billboard Hot 100 de USA #9)
- "Christmas Day" (1968) Pyramid
- "It Miek" (1969) - Pyramid (Reino Unido #7)
- "Pickney Gal" (1969) - Pyramid (Reino Unido #42)
Segunda etapa na súa carreira en solitarion (1970-1993)
[editar | editar a fonte]- "You Can Get It If You Really Want" (1970) Trojan
- "The Song We Used to Sing" (1970) Trojan
- "Licking Stick" (1971) Trojan
- "It Gotta Be So" (1972) Trojan
- "Beware" (1972) Rhino
- "Sing a Little Song" (1973) Rhino
- "Everybody Join Hands" (1973) Rhino
- "Busted Lad" (1974) Rhino
- "Israelites (re-recording)" (1975) - Cactus (no Reino Unido foi #10)
- "Sing A Little Song" (1975) - Cactus (Reino Unido #16)
- "Roots Rock" (1977) Feelgood
- "Israelites (new mix)" (1980) Stiff
- "Please Don't Bend" (1980) Stiff
- "Many Rivers to Cross" (1980) Stiff
- "We Can and Shall" (1981) Stiff
- "Book of Rules" (1982) Stiff
- "Hot City" (1983) Stiff
- "Jamaica Ska" (1993) Trojan
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adiós al jamaicano Desmond Dekker, primer nombre propio del reggae". 27 de maio de 2006.
- ↑ "Desmond Dekker". 10 de febrero de 2016.
- ↑ "Desmond Dekker, uno de los grandes de la música jamaicana". 27 de maio de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Caro Laso, Elisa. Música y contexto sociopolítico en los años 70. Un análisis de tres discos de Pink Floyd, The Sex Pistols y The Clash, respectivamente, en relación con la situación sociopolítica del Reino Unido en los años 70. Publicado em Allmusic. Páxina visitada o 25 de maio de 2026.