Deserto do Teneré
| (fr) Ténéré | |||||
| Tipo | deserto | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Deserto do Sáhara | ||||
| Localización | |||||
| Continente | África | ||||
| División administrativa | Níxer | ||||
| |||||
| Composto por | |||||
| Características | |||||
| Altitude | 430 m | ||||
| Superficie | 400.000 km² | ||||
O Teneré é unha rexión desértica no centro meridional do deserto do Sáhara, Níxer. Dise que as enormes dunas de area de Temet e a súa maxestosa e máxica paisaxe fan que o sexa o deserto máis fermoso do mundo. A verba teneré para un tuareg significa "deserto" e así traducida á lingua árabe deulle o seu nome ó deserto do Sáhara.
A maior cidade do Teneré é Agadez, nas abas das montañas Aïr. Hai tamén asentamentos en varios oasis que se basean na extracción de sal.
O deserto tamén é coñecido pola árbore do Teneré, no seu tempo a máis afastada do mundo.[1] Malia ser a única árbore en varios centos de quilómetros, en 1973 un camión francés sorprendentemente derrubouna e substituíuse por unha escultura metálica, depositando a orixinal no Museo Nacional de Níxer.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eastern Mali to Niger to Timbuktu - 2-19 September 06" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2013.
