Descritor de ficheiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En informática, un descritor de ficheiro é unha clave abstracta para acceder a un ficheiro. Utilízase xeralmente este termo para os sistemas de explotación POSIX. Na terminoloxía de Microsoft Windows e no contexto da biblioteca stdio.h, prefírese o termo de filehandle, ben entendido que tecnicamente este é un obxecto diferente.

No POSIX, un descritor de ficheiro é un enteiro, e máis especificamente do tipo int de C. Existen tres descritores de ficheiro POSIX estándar para todos os procesos que non sexan daemon:

Valor enteiro Nome
0 Entrada estándar (stdin)
1 Saída estándar (stdout)
2 Erro estándar (stderr)

Xeralmente, un descritor de ficheiro é unha clave á unha estrutura de datos residente no kernel, que contén detalles de todos os ficheiros abertos. En POSIX, esta estrutura de datos recibe o nome de "táboa de descritores de ficheiros", e cada proceso ten a súa. A aplicación que lanza un usuario pasa ao kernal a clave abstracta por medio dunha chamada ó sistema, e o kernel terá acceso ao ficheiro a nome da aplicación, que se baseará na clave.