Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henry Cohen, autor de Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain

Co título completo de Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain, communément appelées Médailles impériales ("Descrición histórica das moedas cuñadas no Imperio Romano, comunmente chamadas medallas imperiais") publicouse en nove volumes, entre 1859 e 1868, o magnum opus do numismático francés Henry Cohen sobre a moeda romana do período imperial.[1][2][3]

Relevancia no seu contexto[editar | editar a fonte]

Esta obra, elaborada ao longo dunha década polo bibliotecario e investigador do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, é un catálogo de moedas imperiais romanas inventariadas na súa época, que abrangue desde Pompeio ata Rómulo Augústulo.[4]

Desde o momento da súa publicación converteuse na referencia dos estudos de numismática dese período, durante a fin do século XIX e unha parte do século XX, cando se viu desprazada por unha nova obra magna, en 13 volumes, titulada The Roman Imperial Coinage, publicada entre 1923 e 1994. Esta obra, que abrangue desde a Batalla de Accio (31 a. de C.) ata a Antigüidade tardía (491 d. de C.), aínda tomando como punto de partida a de Cohen, supuxo un avance metodolóxico, xa que, Mentres Cohen clasificara as moedas por emperador, e despois por orde alfabética da lenda, sen indicación ningunha dos obradoiros monetarios, na nova obra, iniciada por Mattingly e Sutherland, se daba para cada emperador unha clasificación cronolóxica das pezas ordenadas por obradoiro monetario e por serie de emisión.[5]

Estrutura da obra e edicións[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Hai dúas edicións deste catálogo no século XIX. A seguir, indícanse os anos de edición de cada volume e achéganse ligazóns para o acceso en liña a cada un:

Estrutura[editar | editar a fonte]

O catálogo está composto por oito volumes mais unha táboa de emperadores:[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Henry Cohen's Work". En VirtualCohen.com
  2. Ficha con características da obra. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  3. "Henry Cohen. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain". En www.sacramoneta.com
  4. Saliot, M. "Cohen, Henry". En Dictionaire critique des historiens de l'art. Institut National d'Histoire de l'Art.
  5. Zehnacker, H (1985). "С. H. V. Sutherland, The Roman Imperial Coinage, Volume I, Revised edition, From 31 ВС to AD 69". En Revue numismatique. Vol. 6. Nº 27. Páxinas 229-231.
  6. "Description Historique des monnaies frappées sous l'Empire Romain. Second edition, Paris, 1880-1892 Arquivado 14 de agosto de 2018 en Wayback Machine.". En www.iNumis.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]