Saltar ao contido

Desastre ambiental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe aérea da illa de Nauru tomada en 2002 polo programa de medición de radiación atmosférica do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos. A vexetación rexenerada cobre o 63 % da terra que se extraía.[1]

Un desastre ambiental ou desastre medioambiental é un desastre no ambiente natural debido á actividade humana.[2] Non se debe confundir co concepto de desastre natural.

Os desastres ambientais poden ter efectos sobre a agricultura, a biodiversidade, a economía e a saúde humana. As causas son a contaminación, o esgotamento dos recursos naturais, a actividade industrial ou as malas prácticas agrícolas.

Nos desastres ambientais, o impacto da alteración do ecosistema realizada polo ser humano adoita levar a consecuencias xeneralizadas e de longa duración.[3] Entre elas pódense incluír as mortes de animais (incluíndo humanos) e plantas, ou a alteración grave da vida humana, que probabelmente requira da migración.[4]

Exemplos de desastres ambientais

[editar | editar a fonte]
O mar de Aral desde o espazo, en 1989 e en 2008.
Bisonte americano.
Progresión anual da peste negra na Europa no século XIV. A cor verde indica zonas pouco alcanzadas.
Planta da Union Carbide en Bhopal.
Esclusas da Presa das Tres Gargantas.
Burato na capa de ozono o 17 de setembro de 2001. (Foto cortesía da NASA).
A forma de fungo da nube e columna de auga dunha explosión nuclear baixo a auga do 25 de xullo de 1946, que foi parte da Operación Crossroads.
Vista aérea da central nuclear de Three Mile Island.
Proba nuclear en Nevada en novembro de 1951, da Operación Buster-Jangle, cunha carga de 21 quilotóns.
O sarcófago do reactor 4 na central nuclear de Chernóbil no ano 2009.
Imaxe de satélite dos catro edificios do reactor danado da central nuclear de Fukushima I.
A Columna de Nelson durante o Great Smog (Gran Esmog) de 1952.
Marea negra en Muxía provocada polo Prestige.

Agricultura

[editar | editar a fonte]

Biodiversidade

[editar | editar a fonte]

Saúde humana

[editar | editar a fonte]
  • Introdución da peste bubónica (Praga de Xustiniano) desde África a Europa no século VII, resultando na morte de máis do 60 % da poboación (uns 100 millóns de persoas)
  • Introdución da peste bubónica (a peste negra) desde Asia central a Europa no século XIV, resultando na morte dun 60 % da poboación (uns 200 millóns de individuos) e que foi recorrente até o século XIX.
  • Introdución de enfermidades infecciosas polos europeos en América, causando a morte de moitos amerincios.
  • Accidente radiolóxico de Goiânia (Brasil), desmantelamento dunha máquina médica que contiña unha fonte de radioactividade, o que ocasionou a morte de persoas.

Industriais

[editar | editar a fonte]

Industria do petróleo

[editar | editar a fonte]
  • Accidente de Chernóbil de 1986 en Chernóbil (Ucraína), "matou cando menos 4056 persoas e produciu danos á propiedade por 7 mil millóns de dólares".[5] A choiva radioactiva do accidente concentrouse preto de Belarús, Ucraína e Rusia, e cando menos 350.000 persoas víronse forzadas a abandonar estas áreas. Logo do accidente, "trazas de depósitos radioactivos foron atopadas en case todos os países do hemisferio norte".[5]
  • Accidentes nucleares de Fukushima I: tras o terremoto e o tsunami, os fallos no sistema de refrixeración da central nuclear Fukushima I e os incidentes en centrais nucleares o 11 de marzo do 2011 no Xapón, por primeira vez declarouse unha emerxencia nuclear e 140.000 residentes nunha área de 20 km ao redor da planta nuclear foron evacuados[6]. As explosións e lumes na central elevaron perigosamente os niveis de radiación. Tamén provocou o colapso da bolsa de valores e desatou o pánico a mercar nos supermercados.[7]
  • Lixo nuclear de Mayak. A explosión dun tanque de almacenamento, (en Cheliábinsk, Unión Soviética, 29 de setembro de 1957), provocou a morte de máis de 200 persoas e a exposición de 270.000 a perigosos niveis de radiación. Ao redor de 30 comunidades foron eliminadas dos Mapas Soviéticos entre 1958 e 1991.[8]
  • Incendio de Windscale, no Reino Unido, 8 de outubro de 1957. O lume prendeu nas pilas de plutonio e contaminou as granxas leiteiras dos arredores.[9]
  • Accidente do Submarino Soviético K-431, 10 de agosto de 1985 (10 persoas morreron e 49 sufriron danos por radiación).[10]
  • Accidente do Submarino Soviético K-19, 4 de xullo de 1961. (8 mortes e máis de 30 persoas foron sobre expostas a radiación).[11]
  • Probas nucleares de Moruroa e Fangataufa no océano Pacífico
  • Choiva radioactiva da proba nuclear de Castle Bravo no Atol Bikini nas Illas Marshall
  • Saúde dos Downwinders
  • Accidente de Three Mile Island en Pensilvania en 1979

Aire/terra/auga

[editar | editar a fonte]

Auga doce

[editar | editar a fonte]
  1. República de Nauru. 1999. Climate Change – Response. First National Communication – 1999. Under the United Nations Framework Convention on Climate Change, United Nations.
  2. Jared M. Diamond, Colapso: Cómo las sociedades eligen fracasar o tener éxito, 2005
  3. Resumo ilustrado dos desastres ambientais ocasionados pola actividade humana Arquivado 08 de febreiro de 2007 en Wayback Machine., como a deforestación, a erosión do solo e a crise da biodiversidade.
  4. "Un escenario do fin do Mundo: desastre ambiental". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2014. Consultado o 10 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Benjamin K. Sovacool. "The costs of failure: A preliminary assessment of major energy accidents, 1907–2007", Energy Policy 36 (2008), p. 1806.
  6. Weisenthal, Joe (11 de marzo de 2011). "Japan Declares Nuclear Emergency, As Cooling System Fails At Power Plant". Business Insider. Consultado o 11 de marzo de 2011. 
  7. "Blasts escalate Japan's nuclear crisis". World News Australia. 16 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2011. Consultado o 10 de maio de 2012. 
  8. Samuel Upton Newtan. Nuclear War I and Other Major Nuclear Disasters of the 20th Century 2007, pp. 237–240.
  9. Benjamin K. Sovacool and Christopher Cooper. Nuclear Nonsense: Why Nuclear Power is no Answer to Climate Change and the World's Post-Kyoto Energy Challenges, William and Mary Environmental Law and Policy Review, Vol 33:1, 2008, p. 109.
  10. "The Worst Nuclear Disasters". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2013. Consultado o 10 de maio de 2012. 
  11. Strengthening the Safety of Radiation Sources Arquivado 11 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine. p. 14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Davis,Lee (1988): Environmental Disasters. New Fork: Facts On File, Inc. ISBN 0-8160-3265-3.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]