Desaparición de Madeleine McCann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°05′19″N 8°43′51″O / 37.08866, -8.73084

Praia da Luz, lugar da desaparición de Madeleine McCann.

Madeleine Beth McCann, nada en Leicester, Inglaterra o 12 de maio de 2003, desapareceu da súa cama na noite do 3 de maio de 2007 nun apartamento de vacacións nun centro turístico de Praia da Luz, na rexión do Algarve, en Portugal.[1]

O caso[editar | editar a fonte]

Madeleine, procedente do Reino Unido, atopábase de vacacións cos seus pais, Kate e Gerry McCann, os seus irmáns xemelgos de dous anos de idade e un grupo de amigos da familia cos seus respectivos fillos. Os seus pais deixaron os tres nenos durmindo ás 20:30 no apartamento nunha planta baixa, mentres foron a cear con amigos a un restaurante localizado a 50 metros de distancia.[2] Os pais vixiaron os nenos cada 20 a 30 minutos ao longo da noite, ata que ás 22:00 a nai de Madeleine descubriu que a nena estaba desaparecida. Durante as semanas posteriores, en especial despois de terse malinterpretado unha análise de ADN levada a cabo no Reino Unido, a policía portuguesa chegou a crer que Madeleine morrera nun accidente no apartamento e que os seus pais o encubriron. Os McCann recibiron o status de arguidos (sospeitosos formais) en setembro de 2007, o cal foi levantado cando o fiscal xeral de Portugal arquivou o caso en xullo de 2008 por falta de probas.[3][4]

Os pais continuaron a procura da nena utilizando detectives privados, ata que en 2011 Scotland Yard abriu a súa propia investigación, chamada Operación Grange. O principal oficial da mesma anunciou que estaba tratando a desaparición como "un acto criminal por un estraño", probablemente un secuestro artellado ou un roubo que saíu mal.[5] En 2013, Scotland Yard publicou imaxes realizadas a partir de técnicas electrónicas de identificación facial de homes aos que desexaban localizar, incluíndo un ao cal habían avistaran levando un neno cara a praia esa noite.[6] Pouco despois disto, a policía portuguesa reabriu a súa investigación. A Operación Grange foi reducida en 2015, mais os detectives que aínda permanecen nela continuaron perseguindo un pequeno número de liñas de investigación descritas en abril de 2017 como significativas.[7]

A desaparición atraeu grande interese internacional e unha enorme cobertura no Reino Unido, semellante á que se deu trala morte de Diana de Gales en 1997.[8] Os McCanns foron sometidos a un intenso escrutinio e a afirmacións infundadas de participación na morte da súa filla, particularmente en tabloides e en Twitter.[9][10] En 2008, eles e os seus compañeiros de viaxe recibiron indemnizacións por danos xunto con desculpas por parte do grupo publicista Express Newspapers, e en 2011 os McCanns testemuñaron fronte a Investigación Leveson sobre a mala conduta da prensa británica, achegando o seu apoio a quen argumentaban a prol dunha maior regulación da prensa.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rayner, Gordon (24 de abril de 2017). "Madeleine McCann: Are the police any closer to knowing the truth?". The Telegraph (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  2. "Kidnapping concern for missing girl in Portugal". Reuters (en inglés). 4 de maio de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  3. Govan, Fiona (21 de xullo de 2008). "Madeleine McCann: Kate and Gerry cleared of 'arguido' status by Portuguese police" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  4. Reporters, Telegraph (9 de febreiro de 2017). "Madeleine McCann’s parents have not been ruled innocent, judge says". The Telegraph (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  5. Laville, Sandra (25 de abril de 2012). "Madeleine McCann case should be reopened, says Met". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  6. Laville, Sandra (13 de outubro de 2013). "British detectives release efits of Madeleine McCann suspect". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  7. Evans, Martin (25 de abril de 2017). "Madeleine McCann: Police pursuing 'critical' lead that 'may provide the answer'". The Telegraph (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  8. Parkin-Gounelas, Ruth (2012). The Psychology and Politics of the Collective: Groups, Crowds, and Mass Identifications (en inglés). Routledge. ISBN 9780415510264. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  9. "Eilis O'Hanlon: The sad rise of cyber courts full of Twittering bullies". Independent.ie (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  10. "The dark side of social media". Nature News (en inglés) 542 (7641): 272. 16 de febreiro de 2017. doi:10.1038/542272a. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  11. Robinson, James (23 de novembro de 2011). "Leveson inquiry: McCanns deliver damning two-hour testimony". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 23 de marzo de 2019.