Dersu Uzala (libro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dersu Uzala
Portada
Título orixinalДерсу Узала
Autor/aVladímir Arséniev
OrixeRepública Socialista Federativa Soviética de Rusia
Linguaruso
Xénero(s)Aventuras; viaxes
Data de pub.1921
editar datos en Wikidata ]
Dersu Uzala. Fotografía de V. Arséniev

Dersu Uzala (Дерсу Узала, Dersu Uzala) é o título dun libro escrito polo capitán Vladímir Arséniev no que narra as súas viaxes pola conca do río Ussuri, na parte máis oriental de Rusia.

Alí coñeceu a Dersu Uzala (1849-1908), un cazador do pobo nanái, que serviu como guía dun grupo de expedicionarios entre 1902 e 1907, salvándoos de morrer de fame e frío en varias ocasións.

Dersu era nómade e animista, e tiña unha relación coa natureza de igual a igual, sen intentar impoñerse como facía a civilización occidental.

Este libro está considerado en Rusia como un clásico.

En 1907 Vladímir Arséniev invitou a Dersu a vivir na súa casa de Khabarovsk debido á perda de visión que Dersu empezou a sufrir, pola que non podía seguir cazando. Na primavera de 1908, despois de comprobar que lle era moi difícil adaptarse á vida da cidade, decidiu regresar á rexión da que proviña.

Dersu morreu asasinado, segundo conta o libro, no poblo de Korfovskiy, e enterrado nunha tumba na taiga rusa.

Adaptacións cinematográficas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Dersu Uzala (filme de 1975).

Dersu Uzala é, tamén, o título dun filme de 1975 baseado no libro de Arséniev, de produción soviética e dirixida polo zaponés Akira Kurosawa. Foi rodada durante 1974 nos escenarios naturais da taiga siberiana que percorreron Dersu e Arséniev, a pesar de que facía mal tempo para o rodaxe.

Dersu foi interpretado por Maksim Munzuk e o capitán Arséniev por Yuri Solomin.

Ganou un Óscar en 1975 como «mellor filme de fala non inglesa», así como o Gran premio no Festival Internacional de Cine de Moscova e o David de Donatello ao mellor filme do ano.

O filme axudou á difusión en Occidente do libro homónimo.

O libro tivera outra adaptación cinematográfica en 1961, dirixida por Agasi Babayán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]