Derribos Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Derribos Arias
OrixeMadrid, España
Período1981 - 1987
Xénero(s)Post-punk
MembrosPoch
Alejo Alberdi Teclados e programacións
Juan Verdera Baixo
Paul Batería
Na rede
Spotify: 1DZrCPfQ8QC5gkXGPglnjd Musicbrainz: 99e62a7d-6ad2-41e5-af11-863fce599d91 Discogs: 931575 Editar o valor em Wikidata

Derribos Arias foi unha banda de post-punk española da década de 1980, encadrada no movemento cultural coñecido como a movida madrileña. O seu son, cru, caótico, en ocasións melódico e en ocasións cacofónico, estaba infuenciado polo afterpunk, o punk e a psicodelia, ademais de contar cun compoñente de humor absurdo definido por algúns como dadaísta ou surrealista.

Historia[editar | editar a fonte]

Derribos Arias foi un produto da creatividade de Poch (Ignacio Gasca, morreu en 1998), unha persoa extravagante, pintoresca e excesiva. Recórdaselle como protagonista dalgúns dos episodios máis delirantes da chamada Movida madrileña.

Ejecutivos Agresivos foi o primeiro proxecto de Poch con transcendencia discográfica (un single chamado "Mari Pili"). Nel participaron músicos que despois integrarían bandas como Décima Víctima ou Gabinete Caligari.

Derribos Arias durou de 1981 a 1987, pero a súa actividade discográfica cesou en 1984. Nos seus anos dourados, 1983 e 1984, rexistraron os singles "Branquias bajo el auga", "A-Flúor" e "Aprenda alemán" e o LP En la guía, en el listín. Todos contaron con boas críticas na prensa musical e unha aceptación polo público relativamente boa tendo en conta o arriscado da proposta.

En 1984 sacarían Disco Pocho, con peor acollida. Pouco despois viría a disolución do grupo.

La Banda sin Futuro foi unha experiencia posterior a Derribos Arias. Con este grupo, Poch gravou un disco que non viu a luz no seu momento e cuxa copia pirata, con temas como "Nos van a desinfectar", converteuse en xoia de coleccionistas.

A mediados dos 80, a Poch diagnosticóuselle a enfermidade de Huntington, un mal dexenerativo do sistema nervioso que altera a cognición e a mobilidade e que lle levaría á morte en 1998.

En 1991, Poch, recibiu unha homenaxe de músicos amigos e admiradores chamado El chico más pálido de la playa del Gros, un recompilatorio con cancións de Derribos Arias versionadas por formacións como Siniestro Total, Negu Gorriak, Gabinete Caligari, Glutamato Ye-ye ou Fangoria. O traballo buscaba axudar a Poch cando este entraba na fase terminal da súa enfermidade.

Membros[editar | editar a fonte]

Formación orixinal[editar | editar a fonte]

  • Poch: Guitarra, voz e letras
  • Alejo Alberdi: Teclados e programacións
  • Juan Verdera: Baixo
  • Paul: Batería

Outros membros[editar | editar a fonte]

  • Deme Gómez: Baixo
  • Ñete: Batería

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Branquias bajo el agua (EP, Gasa, 1982)
  • A-Flúor (Single/Maxi, Gasa, 1982)
  • Aprenda alemán (Single, Gasa, 1983)
  • En la guía, en el listín (LP, Gasa, 1983)
  • Disco pocho (Maxi, Gasa, 1984)
  • CD (recompilación, CD, Gasa, 1996)
  • La centralita de información (recompilación, Disco-Libro, Dro, 2001)

Poch en soitario

  • Poch se ha vuelto a equivocar (LP, Epic, 1985)
  • Nuevos sistemas para viajar (LP, Gasa, 1988)

como La Banda Sin Futuro

  • Grabaciones desinfectadas (CD, Subterfuge, 1997)