Saltar ao contido

Derramamento de petróleo do Exxon Valdez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Derramamento de petróleo do Exxon Valdez
 Instancia de
Datas
 Data
24 de marzo de 1989 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
Localización
 Localización
Identificadores
Freebase/m/02s7d Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Nave de desembarco da Mariña dos Estados Unidos ancorada preto da ribeira, e numerosas mangueiras de uso individual durante os traballos de limpeza da vertedura de petróleo na illa Smith o 11 de maio de 1989.
A Enseada do Príncipe Guillerme (Prince William Sound), na costa sur de Alasca.

O derramamento de petróleo do Exxon Valdez foi un gran desastre ambiental ocorrido na Enseada do Príncipe Guillerme en Alasca o 24 de marzo de 1989. O derramamento ocorreu cando o Exxon Valdez, un superpetroleiro propiedade da Exxon Mobil Corporation, con destino a Long Beach, California, chocou contra o arrecife Bligh da Enseada do Príncipe Guillerme, 9,7 km ao oeste de Tatitlek, Alasca, ás 12h04. O petroleiro derramou aproximadamente 37.000 toneladas de cru[1] nos días seguintes.[2]

O desastre do Exxon Valdez é a segunda maior vertedura de petróleo en volume causada por un accidente marítimo en augas dos Estados Unidos, despois da producida na plataforma Deepwater Horizon en 2010.[3][4] A localización remota da Enseada do Príncipe Guillerme, accesible só por helicóptero, avión ou barco, dificultou as accións de resposta do goberno e do sector e fixo que os plans de resposta existentes fosen especialmente difíciles de aplicar. A rexión é un hábitat para salmóns, londras mariñas, focas e aves mariñas. O petróleo, extraído do campo petrolífero da Baía de Prudhoe, acabou afectando 2.100 km de litoral, dos cales 320 km foron afectados por petróleo de forma intensa ou moderada.[2][5][6]

Derramamento de petróleo

[editar | editar a fonte]
O Exxon Valdez algunhas horas despois de encallar.

O Exxon Valdez transportaba uns 1.260.000 barrís (201.000 m³, 181.000 toneladas métricas) de petróleo, dos cales aproximadamente 260.000 barrís (41.000 m³, 37.000 toneladas métricas) foron derramados na Enseada do Príncipe Guillerme.[2][3][7][8][9]

O navío atracou no Terminal Marítimo de Valdez[10] ás 23h30 do 22 de marzo de 1989. O cargamento de petróleo bruto concluíu ao final do día 23. O navio-tanque deixou o terminal ás 21h12 do 23 de marzo de 1989 (o rexistro do diario de navegación mostra que estaba fóra de porto ás 21h21), cargado con 1.264.155 barris de cru. O capitán Joseph Hazelwood retirouse ao seu camarote ás 21h25. O práctico do porto William Murphy e o oficial náutico Gregory Cousins foron acompañados por un único remolcador durante o paso pola Enseada de Valdez, unha viaxe de case 7 millas. O práctico deixou a ponte pouco despois que o navio pasou o estreito, ás 23h24. Cousins axudou o práctico a desembarcar, deixando o capitán como o único oficial na ponte. Ás 23h25, o Exxon Valdez informou que o práctico xa saíra. O oficial náutico avisou ao control de tráfico e decidiu desviarse da banda de tráfico predeterminada para evitar pequenos icebergs; algo que era habitual desde que o glaciar Columbia liberara eses icebergs nas proximidades. A embarcación foi colocada nunha ruta para sur e posta en piloto automático. Ás 23h47, o barco saíu do límite leste da banda de tráfico.

O oficial náutico Cousins estaba de servizo desde había 6 horas e estaba programado que sería substituído por Lloyd LeCain Jr. Porén, debido ás moitas horas de traballo de Lloyd LeCain Jr., Cousins non quixo espertalo e permaneceu de servizo. Cousins foi o único oficial na ponte durante a maior parte da noite, violando a política da empresa. Á medianoite do 24 de marzo, Cousins comezou a manobrar a embarcación entrando nas bandas de tráfico polas que teñen que navegaqr o barcos. Ao mesmo tempo, o vixía informou que a luz do arrecife Bligh parecia estar lonxe da proa a estibor, a 45 gros, o que era problemático, pois a luz debería estar a babor. Cousins ordenou cambiar o rumbo, pois o navío estaba en perigo. Cousins chamou ao capitán para falar con el, mais antes de que a conversa puidese concluír, o navío encallou. Ás 12h04, acompañado polo que Cousins describiu como "seis sacudidas moi fortes", o navio encallou no arrecife Bligh.

Levado polo seu propio impulso, o navio acabou empoleirado no medio dun pináculo rochoso. Oito das once bodegas de carga estaban furadas. O barco vertera 5,8 millóns de galóns de petróleo en 3 horas e 15 minutos. 30 minutos despois de innúmeras tentativas de desencallar o navio coa súa propia forza, o capitán Hazelwood comunicou por radio á Garda Costeira informando sobre o accidente. Por máis de 45 minutos despois de encallar, o capitán tentou manobrar para se librar do arrecife, a pesar de que fora informado polo segundo de abordo, James Kunkel, de que o barco xa non era estruturalmente sólido sen o arrecife que o sustentaba.[11]

Durante os primeiros días do derramamento, grandes manchas de petróleo cubriron extensas áreas da superficie da Enseada do Príncipe Guillerme.
Tres días despois de encallar, unha tempestade empurrou grandes cantidades de petróleo fresco ás ribeiras rochosas de moitas das praias da illa Knight.[12] Nesta fotografía, o petróleo negro acumulouse entre as rochas.

Identificáronse varios factores que contribuíron ao incidente:

  • A Exxon Mobil Corporation non supervisou o capitán do barco e non proporcionou unha tripulación descansada e suficiente para o Exxon Valdez. O Consello Nacional de Seguridade nos Transportes constatou que esa práctica era xeneralizada en todo o sector, o que levou a unha recomendación de seguridade para a Exxon e para o sector.[13]
  • Gregory Cousins non conseguiu manobrar adecuadamente a embarcación, posiblemente debido à fatiga ou sobrecarga de traballo.[13]
  • A Exxon Mobil Corporation non fixo un mantemento adecuado do radar Raytheon Collision Avoidance System (RAYCAS), que, se estivese funcionando, indicaría a Cousins unha colisión inminente co arrecife Bligh, ao detectar o reflector de radar colocado na seguinte rocha dentro do arrecife Bligh para manter os barcos en ruta. Esa causa foi presentada por Greg Palast e non consta no informe oficial do accidente.[14]

O capitán Hazelwood, que, segundo moitos informaron, estivera bebendo moito aquela noite, non estaba no control cando o barco chocou co arrecife. A Exxon culpou a Hazelwood do encallamento do petroleiro, pero el acusou a compañía de fazer del un chibo expiatorio.[14][15] Nun xuízo en 1990, o capitán foi acusado de crime danoso e imprudencia e de pilotar un barco bébedo, máis foi considerado inocente das tres acusacións. Foi condenado por neglixencia profesional na descarga de petróleo. 21 testemuñas afirmaron que el non parecía estar sobre a influencia do alcohol no momento do accidente.[16][17]

O xornalista Greg Palast declarou en 2008:

Esqueza a fábula do capitán bébedo. En canto ao capitán Joe Hazelwood, estaba baixo a cuberta, durmindo da súa bebedeira. No leme, o terceiro de abordo talvez nunca chocaría co arrecife Bligh se ollase ao seu radar RAYCAS. Mais o radar non estaba conectado. De feito, o radar do barco foi deixado avariado e desactivado por máis dun ano antes do desastre, e a xerencia da Exxon sabía iso. Era simplemente moi caro de arranxar e operar.[18]

Outros factores, de acordo cun curso do MIT titulado "Seguridade de Sistemas de Software", impartido pola profesora Nancy G. Leveson,[19] eran:

  1. Os navíos non foron informados de que cesara a práctica que a Garda Costeira facía anteriormente de rastrear barcos ata o arrecife Bligh.[19]
  2. O sector petroleiro prometeu, pero nunca instalou, equipamentos de monitorización de icebergs de última xeración.[19]
  3. O Exxon Valdez estaba navegando fóra da banda normal de tráfico no mar para evitar pequenos icebergs que se pensaba estaban na área.[19]
  4. As inspeccións de bacos pola Garda Costeira en Valdez non se realizaron e o número de funcionarios fora reducido.[19]
  5. A falta de equipamentos e persoal dispoñibles dificultou a limpeza do derramamento.[19]

Ese desastre fixo que a Organización Marítima Internacional introducise regras sobre prevención da contaminación mariña (MARPOL) por medio de varias convencións. As regras foron ratificadas polos países membros e, de acordo coas regras da International Ship Management, os navíos están operándose para conseguir o obxectivo común de "navíos máis seguros e océanos máis limpos".[20]

En 2009, o capitán Hazelwood fixo unha "petición de desculpas sincera" ao pobo do Alasca, suxerindo que el fora responsabilizado erroneamente do desastre: "A verdadeira historia está á disposición de calquera persoa que queira analizar os feitos, mais esa non é a historia sexy e non é a historia fácil", dixo. Hazelwood dixo que pensaba que os habitantes de Alasca sempre lle deron un tratamento xusto.[15]

Limpeza e principais efectos

[editar | editar a fonte]
Traballadores facendo un lavado con auga quente a alta presión para limpar unha costa contaminada con petróleo.

Unha empresa privada aplicou un dispersante químico, unha mestura de surfactante e solvente, á mancha de petróleo o 24 de marzo cun helicóptero, mas o helicóptero non atinxiu a área-diana. Os datos científicos sobre a súa toxicidade eran escasos ou incompletos. Ademais, a opinión pública non aceptaba facer un novo tratamento químico xeneralizado. Os donos de terras, grupos de pescadores e organizacións de conservación ambiental cuestionaron o uso de produtos químicos en centenas de quilómetros de litoral cando poderían estar dispoñibles outras alternativas."[3][21][22]

Segundo un informe de David Kirby para o website TakePart, o principal compoñente da formulación do Corexit usado durante a limpeza, o 2-butoxietanol, foi identificado como "un dos axentes que causaron trastornos hepáticos, renais, pulmonares, do sistema nervioso e do sangue entre os equipos de limpeza en Alasca despois do derramamento do Exxon Valdez en 1989".[23] Actualmente, sábese que, aínda que o 2-butoxietanol poida ser agudamente tóxico para o sistema respiratorio,[24] estudos en animais non o consideraran mutaxénico e ningún estudo suxire que sexa un carcinóxeno humano.[25]

A limpeza mecánica iniciouse pouco despois usando barreiras e escumadeiras, mais as escumadeiras non estaban dispoñíbles nas primeiras 24 horas despois do derramamento, e o petróleo espeso e as algas tendían a entupir o equipamento. Malia a insistencia dos civís para que a limpeza fose completa, apenas se puido limpar completamente o 10 % do petróleo total. A Exxon foi moi criticada pola súa resposta lenta á limpeza do desastre e John Devens, o alcalde de Valdez, dixo que a súa comunidade se sentiu traizoada pola resposta inadecuada da Exxon á crise.[26] Máis de 11.000 residentes de Alasca, xuntamente con algúns funcionarios da Exxon, traballaron en toda a rexión para tentar restaurar o medio ambiente.

A pesar de que o esforzo de limpeza foi dilixente, non foi posible conter a maior parte do petróleo derramado, o que foi atribuído á Exxon. O 26 de novembro de 1984, Ronald A. Kreizenbeck (Director da Oficina de Operacións de Alasca) informou á Garda Costeira que a EPA sospeitaba, debido a unha recente visita á localidade durante un "Exercicio Marítimo Anual", que o porto de Valdez non estaba preparado para "responder con eficiencia a un episodio de derramamento de grandes proporcións". Na carta, afirmava que "[parece] que a barreira de Vikoma e/ou as embarcación despregadas poden non ser axeitadas para lidar coas condicións ambientais adversas do porto de Valdez".[27]

Como a Enseada do Príncipe Guillerme contiña moitas enseadas rochosas onde se acumulaba o petróleo, decidiuse sacalo con auga quente a alta preión. Porén, iso tamém desprazou e destruíu as poboacións microbianas da costa; moitos deses organismos (por exemplo, plancto) son a base da cadea trófica mariña costeira e outros (por exemplo, certas bacterias e fungos) son capaces de facilitar a biodegradación do petróleo. Naquela época, tanto a orientación científica coma a presión do público eran para que se limpase todo, pero, desde entón, compréndense moito mellor os processos de biorremediación e remediación ambiental, en parte debido á oportunidade que se presentou para o estudo polo derramamento do Exxon Valdez.

Estudáronse os efectos a longo e curto prazo do derramamento de petróleo.[28] Os efectos inmediatos inclúen a morte de 100.000 a 250.000 aves mariñas, polo menos 2.800 londras mariñas, aproximadamente 12 londras de río, 300 focas, 247 pigargos e 22 candorcas, ademais dun número descoñecido de salmóns e arenques.[7][29]

Nove anos despois do desastre, atopáronse evidencias de efectos negativos do derramamento de petróleo sobre as aves mariñas nas seguintes especies: corvo mariño, parrulos de ollos dourados, mergos, araos dos cons e araos columbinos.[30][31]

Aínda que o volume de petróleo diminuíu considerablemente, permanecendo apenas dun 0,14 a 0,28 % do volume orixinal derramado, os estudos suxiren que a área de praia contaminada cambiou pouco desde 1992.[32] Un estudo do Servizo Nacional de Pesca Mariña, en Juneau, determinou que, en 2001, permanecían nas praias unhas 90 toneladas de petróleo na Enseada do Príncipe Guillerme no solo areoso da costa contaminada, con taxas de perda anual que diminuíron do 68 % o ano antes de 1992 ao 4 % o ano despois de 2001.[33][34]

A vida silvestre foi gravemente afectada polo derramamento de petróleo.

O petróleo persistente, que durou moito máis do previsto, resultou en máis perdas de especies a longo prazo do que se esperaba. Experimentos de laboratorio descubriron que, en niveis tan baixos como unha parte por billón, os hidrocarburo aromáticos policíclicos son tóxicos para os ovos de salmón e arenque. Especies tan diversas como londras mariñas, patos arlequín e candorcas sufriron perdas inmediatas e a longo prazo. Os bancos de mexillons e outros hábitats da costa intermareais poden tardar ata 30 en recuperarse.[34]

A Exxon Mobil Corporation negou que o petróleo persistente fose algo preocupante, afirmando que eles prevían que a fracción restante non causaría impactos ecolóxicos a longo prazo. De acordo coas conclusións do estudo da Exxon Mobil Corporation: "Fixemos 350 estudos revisados por pares sobre a Enseada do Príncipe Guillerme, e eses estudos conclúen que a Enseada do Príncipe Guillerme se recuperou, está sa e está prosperando."[35]

O 24 de marzo de 2014, no vixésimo quinto aniversario do derramamento, os científicos da NOAA informaron que algunhas especies parece que se recuperaron, sendo a londra mariña a última criatura en retornar ás cifras anteriores ao derramamento. Os científicos que levan monitorizando a área do derramamento nos últimos 25 anos relataron que aínda hai preocupación por un ou dous grupos de candorcas locais, co temor de que un dos grupos acabe extinguíndose.[36] Os científicos federais estiman que entre 61 a 79 m³ de petróleo permanecen nas praias da Enseada do Príncipe Guillerme e a ata 725 km de distancia. Parte do petróleo parece que non se biodegradou. Un científico do USGS que analiza o petróleo restante ao longo da costa afirma que permanece entre as rochas e entre as liñas da marea. "O petróleo mestúrase coa auga do mar e forma unha emulsión... a superficie queda cunha costra, mais o interior aínda ten a consistencia da maionesa ou de mousse."[37] A senadora do estado de Alasca, Berta Gardner, está pedindo aos políticos de Alasca que esixan que o goberno dos Estados Unidos force á Exxon Mobil Corporation a pagar os últimos 92 millóns de dólares que aínda se deben do acordo xudicial. A maior parte do diñeiro seria gastado para terminar a limpeza das praias contaminadas co petróleo e tentar restaurar a poboación de arenques debilitada.[37]

A partir de 2012, reñativamente poucos estudos mediron os efectos indirectos e a longo prazo do petróleo sobre as aves mariñas.[38]

Custos de litixio e de limpeza

[editar | editar a fonte]
Pigargos de cabeza branca rescatados do derramamento de petróleo.

En outubro de 1989, a Exxon entrou presentou unha demanda contra o estado de Alasca, alegando que o estado interferira nas tentativas da Exxon de limpar o derramamento ao negarse a aprobar o uso de produtos químicos dispersantes ata a noite do día 26. O estado de Alasca contestou esa alegación, afirmando que había un acordo de longa duración que permitía o uso de dispersantes para limpar derramamentos, por tanto, a Exxon non precisaba permiso para usalos e que, de feito, a Exxon non tiña dispersantes suficientes para loitar con efectividade contra un derramamento do tamaño do creado polo Exxon Valdez.[39]

A Exxon presentou a demanda en outubro de 1990 contra a Garda Costeira, pedindo ser reembolsada polos custos de limpeza e polas indemnizacións concedidas aos demandantes en calquera acción xudicial promovida polo Estado de Alasca ou polo goberno federal contra a Exxon. A empresa alegou que a Garda Costeira era "total ou parcialmente responsable" do derramamento, porque concedera licenzas de mariñeiro á tripulación do barco e porque dera permiso ao Exxon Valdez para saír das rutas regulares de navegación para evitar o xeo. Eles tamén reiteraran a alegación de que a Garda Costeira atrasara a limpeza ao negarse a dar permiso para o uso inmediato de dispersantes químicos no derramamento.[40]

Ademais diso, en 1991, a Exxon fixo un acordo financeiro secreto e separado de indemnización cun grupo de produtores de froitos do mar coñecido como Seattle Seven polo efecto do desastre sobre o sector de produtos do mar de Alasca. O acordo concedeu 63,75 millóns de dólares aos Seattle Seven, pero estipulou que as empresas de produtos do mar terían que reembolsar case todos os danos punitivos concedidos noutros procesos civís. Posteriormente concedéronse 5 mil millóns de dólares en indemnizacións punitivas, e desa cantidade aos Seattle Seven poderían corresponderlles 750 millóns de dólares (en vez dos 63,75 que acordaran), pero que perderon porque non mantiveron a reclamación das indemnizacións por danos. Outros requirentes opuxéronse a ese acordo secreto,[41] e cando este se acabou por coñecer, o xuíz Holland decidiu que a Exxon debeu dicir ao xurado desde o principio que xa se fixera un acordo, para que o xurado soubese exactamente canto tería que pagar a Exxon.[42]

No caso Exxon Shipping Co. v. Baker, un xurado de Anchorage concedeu 287 millóns de dólares por danos reais e 5 mil millóns de dólares por danos punitivos. Para se protexer en caso de que a sentenza fose confirmada, a Exxon obtivo unha liña de crédito de 4.800 millóns de dólares da JPMorgan Chase, que creou a primeira permuta de incumprimento crediticio (credit default swap) moderna para que non tivese que manter tanto diñeiro en reserva contra o risco de suspensión de pagos da Exxon.[43]

Mentres tanto, a Exxon recorreu a decisión, e o Tribunal de Apelacións do 9º Circuito dos EUA ordenou que o xuíz de primeira instancia, H. Russel Holland, reducise as indemnizacións punitivas. O 6 de decembro de 2002, Holland anunciou que reducira os danos a 4 mil millóns de dólares, o que, segundo el, estaba xustificado polos feitos do caso e non era excesivo. A Exxon recorreu novamente e o caso retornou a Holland para ser reconsiderado á luz dunha recente decisión do Tribunal Supremo nun caso semellante. Holland aumentou os danos punitivos a 4.500 millóns de dólares, máis xuros.[44]

Despois de máis recursos, en decembro de 2006, a indemnización foi reducida a 2.500 millóns de dólares. O tribunal de apelación citou decisións recentes do Tribunal Supremo relativas aos límites das indemnizacións punitivas.[45]

A Exxon recorreu novamente. O 23 de maio de 2007, o Tribunal de Apelacións do 9º Circuíto dos EUA negou a petición da Exxon dunha terceira audiencia e mantivo a decisión de que a Exxon debía pagar 2.500 millóns de dólares en indemnizacións punitivas. A Exxon entón recorreu ao Tribunal Supremo que aceptou tramitar o caso.[46] O 27 de febreiro de 2008, o Tribunal Supremo escoitou os argumentos orais. O xuíz Samuel Alito, que daquela posuía accións da Exxon por un valor entre 100.000 e 250.000, renunciou a participar no caso.[47] Nunha sentenza emitida o 25 de xuño de 2008, escrita polo xuíz David Souter, o tribunal anulou a indemnización de 2.500 millóns de dólares e devolveu o caso ao tribunal de primeira instancia, concluíndo que as indemnizacións eran excesivas en relación á lei común marítima. As accións da Exxon foron consideradas "peores que neglixentes, pero menos que maliciosas".[48] As indemnizacións punitivas foron reducidas aínda máis a un valor de 507,5 millóns de dólares.[49] A decisión do Tribunal foi que as indemnizacións punitivas marítimas non deberíam exceder as indemnizacións compensatorias,[49] apoiándose nun precedente que databa de 1818.[50] O Presidente da Comisión Xudicial do Senado dos Estados Unidos, Patrick J. Leahy, criticou a decisión como "un máis nunha serie de casos nos que este Tribunal Supremo interpretou erradamente a intención do Congresso de beneficiar grandes corporacións".[51]

A posición oficial da Exxon era que as indemnizacións punitivas superiores a 25 millóns de dólares non se xustificaban porque o derramamento foi resultado dun accidente e porque a Exxon gastou preto de 2 mil millóns de dólares en limpar o derramamento e mil millóns máis en resolver acusacións civís e criminais relacionadas. Os avogados dos demandantes alegaron que a Exxon era responsable do accidente porque a empresa "colocou un bébedo ao mando dun petroleiro na Enseada do Príncipe Guillerme."[52] A Exxon recuperou unha parte significativa da limpeza e dos gastos legais por medio de reivindicacións de seguros asociadas ao encallmento do Exxon Valdez.[53][54]

O 15 de decembro de 2009, a Exxon pagara a totalidade dos 507,5 millóns de dólares en indemnizacións punitivas, incluíndo custos de procesos xudiciais, máis xuros, que foron distribuídos a millares de demandantes.[55] Ese valor foi un décimo das indemnizacións punitivas orixinais, a Exxon continuou sendo extremadamente lucrativa, o proceso de pagamento foi prolongado décadas e os danos a longo prazo continúan e non son financiados pola Exxon. Por iso, o derramamento da Exxon é frecuentemente citado como exemplo de que a responsabilidade corporativa por danos sociais non está sendo aplicada adecuadamente.[56]

Consecuencias políticas e reformas

[editar | editar a fonte]

Informe da Garda Costeira

[editar | editar a fonte]

Un informe de 1989 do Centro Nacional de Resposta da Garda Costeira dos EUA resumiu o evento e fixo moitas recomendacións, incluíndo o feito de que nin a Exxon, nin a Alyeska Pipeline Service Company, nin o Estado do Alasca, nin o goberno federal estaban preparados para un derramamento desa magnitude.[57][58]

Lei da contaminación por petróleo de 1990

[editar | editar a fonte]

En resposta ao derramamento, o Congreso dos Estados Unidos aprobou a Lei de contaminación por petróleo de 1990 (OPA). A lexislación incluíu unha cláusula que prohibe a calquera barco que, despois do 22 de marzo de 1989, teña causado un derramamento de petróleo de máis de 3.800 m³ en calquera área mariña, operar na Enseada do Príncipe Guilherme.[59]

En abril de 1998, a empresa argumentou nunha acción legal contra o goberno federal que o barco debería ter permiso para volver ás augas de Alasca. A Exxon alegou que a OPA era, en realidade, o que no dereito anglosaxón se chama unha bill of attainder (que, orixinalmente castigaba sen xuízo e privaba de dereitos civís), unha regulamentación dirixida inxustamente só contra a Exxon.[60] En 2002, o Tribunal de Apelacións do 9º Circuíto sentenciou en contra de Exxon. A partir de 2002, a OPA impediu que 18 navíos entrasen na Enseada do Príncipe Guillerme.[61]

A OPA tamén estabeleceu un calendario para a introdución gradual dun proxecto de barcos de casco dobre, o que proporciona unha capa adicional entre os peroleiro e o océano. Aínda que un casco dobre probablemente non evitaría o desasre do Exxon Valdez, un estudo da Garda Costeira estimou que serviría para reducir a cantidade de petróleo derramado nun 60 %.[62]

O Exxon Valdez foi remolcado a San Diego, chegando o 10 de xullo. As reparacións comezaran o 30 de xullo. Retiráronse do barco aproximadamente 1.500 toneladas de aceiro, que foron substituídas. En xuño de 1990, o petroleiro, rebautizado como Exxon Mediterranean, deixou o porto despois de reparacións por valor de 30 millóns de dólares.[61] En 1993, pasou a ser propiedade da SeaRiver Maritime, e foi bautizado como S/R Mediterranean e, en 2005, como Mediterranean. En 2008, o navio foi adquirido por unha empresa de Hong Kong que o chamou Dong Fang Ocean e, en 2011, o renomeou como Oriental Nicety. Finalmente, en agosto de 2012, foi encallado en Dalian, China, e despezado.[63]

Regulamentacións de Alasca

[editar | editar a fonte]

Despois do derramamento, o gobernador de Alasca, Steve Cowper, emitiu unha orde executiva esixindo que dous remolcadores escoltasen todos os pegtroleiros cargados de Valdez, pasando pola Enseada do Príncipe Guillerme ata a Entrada de Hinchinbrook. Como o plan evolucionou na década de 1990, un dos dous remolcadores de rutina foi substituído por un Vehículo de Resposta de Escolta (ERV) de 64 m. Os petroleiros en Valdez non son xa de casco simple. O Congreso promulgou unha lexislación que esixe que todos os petroleiros teñan casco dobre a partir de 2015.[64]

Impacto económico e natural

[editar | editar a fonte]

En 1991, despois do colapso das poboacións de especies mariñas locais (principalmente moluscos, arenques e focas), a Chugach Alaska Corporation, unha compañçia nativa de Alasca, solicitou protección contra a quebra segundo o Código 11. Desde entón conseguiu recuperarse.[65]

Segundo varios estudos financiados polo estado de Alasca, o derramamento tivo efectos económicos a curto e longo prazo. Iso incluíu a perda de deportes recreativos, pesca, redución do turismo e unha estimación do que os economistas chaman "valor de existencia", que é o valor para o público dunha Enseada do Príncipe Guillerme intocada.[66][67][68][69]

A economía da cidade de Cordova, en Alasca, quedou afectada negativamente despois de que o derramamento causase danos nas poboacións de salmóns e arenques da zona.[70][71] A vila de Chenega foi transformada nunha base de emerxencia e medios de comunicación. Os habitantes locais tiveron que enfrontarse á triplicación da súa poboación de 80 a 250 persoas. Cando lles preguntaron sobre como se sentían nesa situación, un concelleiro da vila sinalou que eles estaban moi afectados e ocupados como para deprimirse; outros salientaron a dificultade de deixar os nenos sen atención cando os pais traballaban na limpeza.[72] Moitos nativos de Alasca estaban preocupados de que se perdera moito tempo coa pesca e pouco coa terra que sustenta a caza de subsistencia.

En 2010, a CNN informou sobre estudos que concluíran que muitos traballadores da limpeza do derramamento de petróleo envolvidos na resposta ao accidente do Exxon Valdez caeran doentes posteriormente e alertou as persoas expostas ao derramamento de petróleo da Deepwater Horizon para que tivesen coidado. O avogado de Anchorage, Dennis Mestas, descubriu que iso era verdade para 6.722 dos 11.000 ficheiros de traballadores que el conseguiu inspeccionar, a pesar de que o acceso aos rexistros estaba controlado pola Exxon. A Exxon negou o feito nunha decalración á CNN:

Despois de 20 anos, non hai evidencias que suxiran que os traballadores da limpeza ou os residentes das comunidades afectadas polo derramamento de Valdez tivesen ningún efecto adverso para a saúde como resultado do derramamento ou da súa limpeza.[73]

Os activistas ambientais e as autoridades estatais estaban preocupados pola utilización pola BP de técnicas semellantes na vertedura da Deepwater Horizon para minimizar a responsabilidade e non salientar os efectos sobre a saúde:

Os sintomas que se están a relatar nos estados do Golfo son os mesmos que afectaran os traballadores de Alasca. E, igual que naquela época, as persoas con dificultades económicas van en masa aceptar empregos na limpeza... Sinto que a BP os está forzando a esa situación en que a BP ten todas as cartas, e a BP está permitindo que eses traballadores acaben enfermando.[74]

Reaccións

[editar | editar a fonte]

En 1992, a Exxon lanzou un vídeo titulado Scientists and the Alaska Oil Spill (Científicos e o derramamento de petróleo en Alasca) para que fose distribuído nas escolas. Os críticos dixeron que o vídeo deturpaba o proceso de limpeza.[75]

En decembro de 1994, Unabomber asasinou o executivo da compañía de relacións públicas Burson-Marsteller, Thomas J. Mosser, acusándoo de "axudar a Exxon a limpar a súa imaxe pública despois do incidente do Exxon Valdez".[76]

[editar | editar a fonte]

Varias semanas despois do derramamento, o Saturday Night Live exhibiu un sketch de comedia con Kevin Nealon, Phil Hartman e Victoria Jackson como traballadores de limpeza que loitaban para limpar de petróleo animais e rochas nunha praia da Enseada do Príncipe Guillerme.[77]

No episódio de Rocko's Modern Life, "Rocko's Happy Sack", Rocko e o seu can Spunky, están facendo compras cando o locutor informa a todos sobre un "derramamento na sección de produtos do mar", representado por un petroleiro xigante chamado "Noxxon Valdez".

No filme Waterworld, de 1995, o Exxon Valdez é o medio de transporte do vilán do filme, "O Diácono", o líder dunha banda de saqueadores. No navío, hai um retrato do seu santo padrón, Joseph Hazelwood.[78]

Free Willy 2: The Adventure Home, na secuencia de Free Willy, contiña un enredo de derramamento de petróleo no que ecoa o derramamento de petróleo do Exxon Valdez.

Na segunda novela de Forrest Gump, Gump and Co., de Winston Groom, Gump comanda o Exxon Valdez e acidentalmente o fai chocar.[79]

O compositor Jonathan Larson compuxo unha música chamada "Iron Mike" sobre o derramamento de petróleo. A música foi escrita no estilo dunha canción de mariñeiros. Gravouna profesionalmente por primeira vez George Salazar para o álbum The Jonathan Larson Project.[80]

O filme feito para televisión de 1992, Dead Ahead: The Exxon Valdez Disaster, producido pola HBO, dramatizou o desastre do derramamento de petróleo.

  1. "Properties of Prudhoe Bay (2004) (ESTS #679)" (PDF). Environment and Climate Change Canada. Government of Canada. 2004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de maio de 2017. Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Questions and Answers about the Spill". History of the Spill. Exxon Valdez Oil Spill Trustee Council. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Hazardous Materials Response and Assessment Division (setembro de 1992). "Oil Spill Case Histories 1967–1991, Report No. HMRAD 92-11" (PDF). Seattle: National Oceanic and Atmospheric Administration: 80. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  4. Leahy, Stephen (22 de marzo de 2019). "Exxon Valdez changed the oil industry forever – but new threats emerge". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2019. Consultado o 25 de outubro de 2019. 
  5. Brandon Keim (24 de marzo de 2009). "The Exxon Valdez Spill Is All Around Us". Wired Science. Consultado o 29 de xuño de 2010. 
  6. Shigenaka, Gary (2014). "Twenty-Five Years After the Exxon Valdez Oil Spill: NOAA's Scientific Support, Monitoring, and Research" (PDF). Office of Response and Restoration. Seattle: National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 17 de xaneiro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 Graham, Sarah (19 de decembro de 2003). "Environmental Effects of Exxon Valdez Spill Still Being Felt". Scientific American. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2006. Consultado o 9 de marzo de 2008. 
  8. "Exxon Valdez disaster – 15 years of lies". Greenpeace News. Greenpeace. 24 de marzo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  9. "16 Years After Exxon Valdez Tragedy, Arctic Refuge, America's Coasts Still at Risk" (Nota de prensa). Sierra Club. 23 de marzo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  10. "Valdez Marine Terminal". Alyeska Pipeline Service Company. 2021. Consultado o 25 de novembro de 2021. 
  11. "Spill, the wreck of the Exxon Valdez Implications for Safe Marine Transport" (PDF). State of Alaska. p. 7. 
  12. "Exxon Valdez Photos". NOAA. p. 7. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2005. 
  13. 13,0 13,1 Practices that relate to the Exxon Valdez (PDF). Washington, DC: National Transportation and Safety Board. 18 de setembro de 1990. pp. 1–6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2010. 
  14. 14,0 14,1 "Ten years after but who was to blame?". Greg Palast. 21 de marzo de 1999. Consultado o 21 de xullo de 2010. 
  15. 15,0 15,1 Meyer, Bill (5 de marzo de 2009). "Captain of Exxon Valdez offers 'heartfelt apology' for '89 oil spill in Alaska's Prince William Sound". The Plain Dealer (Cleveland, OH). Consultado o 17 de xaneiro de 2017. 
  16. Rempel, William C. (23 de marzo de 1990). "Hazelwood Acquitted of 3 Charges; Guilty on 1 : Oil spill: An Anchorage jury finds the Exxon Valdez skipper culpable only on a minor pollution count.". Los Angeles Times. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  17. Mathews, Jay (23 de marzo de 1990). "Hazelwood cleared on most counts". Washington Post. Consultado o 2 de decembro de 2021. 
  18. Palast, Greg (25 de xuño de 2008). "Court Rewards Exxon for Valdez Oil Spill – Greg Palast". 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Leveson, Nancy G. (xullo de 2005). "Software System Safety" (PDF). Massachusetts Institute of Technology. pp. 18–20. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2010. 
  20. Spyrou, Andrew G. (2017). From T-2 to Supertanker: Development of the Oil Tanker, 1940–2000, Revised (en inglés). iUniverse. ISBN 9781462002344. 
  21. "The Exxon Valdez Oil Spill: Final Report, State of Alaska Response" (PDF). Exxon Valdez Oil Spill Trustee Council. Anchorage, AK: Alaska Department of Environmental Conservation. uño de 1993. pp. 61–87. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2021. Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  22. Council, Exxon Valdez Oil Spill Trustee. "Oil Spill Facts – Exxon Valdez Oil Spill Trustee Council". 
  23. Kirby, David (22 de abril de 2013). "Corexit: An Oil Spill Solution Worse Than the Problem?". www.TakePart.com. Participant Media. Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2016. Consultado o 19 de abril de 2016. 
  24. "TOXNET HAS MOVED". www.nlm.nih.gov. Consultado o 2020-01-24. 
  25. "Public Health Statement for 2-Butoxyethanol and 2-Butoxyethanol Acetate". Agency for Toxic Substances and Disease Registry, Center for Disease Control. Agosto de 1998. Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  26. Baker, Mallen. "Companies in Crisis – What not to do when it all goes wrong". Corporate Social Responsibility News. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2008. Consultado o 9 de marzo de 2008. 
  27. Resources, United States Congress House Committee on Interior and Insular Affairs Subcommittee on Water, Power, and Offshore Energy (1989). Investigation of the Exxon Valdez Oil Spill, Prince William Sound, Alaska: Oversight Hearings Before the Subcommittee on Water, Power, and Offshore Energy Resources of the Committee on Interior and Insular Affairs, House of Representatives, One Hundred First Congress, First Session .... (en inglés). U.S. Government Printing Office. 
  28. SC Jewett; TA Dean; M Hoberg (2001). "Scuba Techniques Used to Assess the Effects of the Exxon Valdez Oil Spill". En SC Jewett. Cold Water Diving for Science. Proceedings of the American Academy of Underwater Sciences, 21st Annual Scientific Diving Symposium. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2008. Consultado o 27 de xuño de 2008. 
  29. "Exxon Valdez: Ten years on". BBC News. 18 de marzo de 1999. Consultado o 24 de maio de 2010. 
  30. Irons, David B.; Kendall, Steven J.; Erickson, Wallace P.; McDonald, Lyman L.; Lance, Brian K. (2000). Nine Years After the Exxon Valdez Oil Spill: Effects on Marine Bird Populations in Prince William Sound, Alaska. The Condor 102 (Oxford University Press). pp. 723–737. ISSN 0010-5422. OCLC 256945515. doi:10.1093/condor/102.4.723. 
  31. Murphy, Stephen M.; Day, Robert H.; Wiens, John A.; Parker, Keith R. (1 de maio de 1997). "Effects of the Exxon Valdez Oil Spill on Birds: Comparisons of Pre- and Post-Spill Surveys in Prince William Sound, Alaska". The Condor 99 (2): 299–313. JSTOR 1369936. OCLC 4907621032. doi:10.2307/1369936. 
  32. Short, Jeffrey W.; et al. (2004). "Estimate of Oil Persisting on the Beaches of Prince William Sound 12 Years after the Exxon Valdez Oil Spill". Environmental Science & Technology 38 (1): 19–22. Bibcode:2004EnST...38...19S. PMID 14740712. doi:10.1021/es0348694. 
  33. Short, Jeffrey W.; et al. (19 de janeiro de 2007). "Slightly Weathered Exxon Valdez Oil Persists in Gulf of Alaska Beach Sediments after 16 Years". Environmental Science & Technology (American Chemical Society) 41 (4): 1245–1250. Bibcode:2007EnST...41.1245S. ISSN 0013-936X. PMID 17593726. doi:10.1021/es0620033. 
  34. 34,0 34,1 Peterson, Charles H.; Rice, Stanley D.; Short, Jeffrey W.; et al. (19 de decembro de 2003). "Long-Term Ecosystem Response to the Exxon Valdez Oil Spill". Science 302 (5653): 2082–2086. Bibcode:2003Sci...302.2082P. PMID 14684812. doi:10.1126/science.1084282. 
  35. "Exxon Valdez oil spill still a threat: study". Australian Broadcasting Corporation. 17 de maio de 2006. Consultado o 9 de marzo de 2008. 
  36. "25 years later, scientists still spot traces of oil from Exxon Valdez spill". PBS. 2014-03-24. 
  37. 37,0 37,1 Walters, Joanna (2014-03-23). "Exxon Valdez – 25 years after the Alaska oil spill, the court battle continues". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2022. 
  38. Henkel, Jessica R.; Sigel, Bryan J.; Taylor, Caz M. (1 de xullo de 2012). "Large-Scale Impacts of the Deepwater Horizon Oil Spill: Can Local Disturbance Affect Distant Ecosystems through Migratory Shorebirds?". BioScience 62 (7): 676–685. ISSN 0006-3568. JSTOR 10.1525/bio.2012.62.7.10. OCLC 7791645445. doi:10.1525/bio.2012.62.7.10. 
  39. "Exxon Sues Alaska, Charging Cleanup Delay". New York Times. 25 de outubro de 1989. Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  40. "Exxon, Blaming Coast Guard, Says U.S. Is Liable in Alaska Spill". New York Times. 2 de outubro de 1990. Consultado o 15 de outubro de 2016. 
  41. Erb, George (3 de novembro de 2000). "Exxon Valdez case still twisting through courts". Puget Sound Business Journal. Consultado o 10 de março de 2008. 
  42. "United States Courts for the Ninth Circuit" (PDF). www.ca9.uscourts.gov. Consultado o 2024-07-02. 
  43. Lanchester, John (7 de janeiro de 2009). "Books: Outsmarted". The New Yorker. Consultado o 21 de xullo de 2010. 
  44. Liptak, Adam (29 de xaneiro de 2004). "$4.5 Billion Award Set For Spill of Exxon Valdez". The New York Times. Consultado o 3 de decembro de 2019. 
  45. "490 F.3d 1066". law.resource.org. Consultado o 28 de maio de 2016. 
  46. Staff writer (29 de outubro de 2007). "Supreme Court to review Exxon Valdez award". CNN. Consultado o 10 de março de 2008. 
  47. Staff writer (27 de febreiro de 2008). "High Court may lower Exxon Valdez damages". CNN. Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  48. Savage, David G. (26 de xuño de 2008). "Justices slash Exxon Valdez verdict". articles.latimes.com (Tribune Company). Consultado o 26 de xuño de 2008. 
  49. 49,0 49,1 Exxon v. Baker, 554 U.S. (Supreme Court of the United States June 25, 2008). [1]
  50. "Exxon Shipping Co. v. Baker, 554 U.S. 471 (2008)". Justia Law (en inglés). Consultado o 2024-07-02. 
  51. "Reaction of Sen. Leahy on Supreme Court Ruling in Exxon v. Baker". Leahy.senate.gov. 25 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2009. 
  52. Egelko, Bob (28 de xaneiro de 2006). "Punitive damages appealed in Valdez spill". San Francisco Chronicle. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  53. Bandurka, Andrew; Sloane, Simon (10 de marzo de 2005). "Exxon Valdez – D. G. Syndicate 745 vs. Brandywine Reinsurance Company (UK) – Summary of the Court of Appeal Judgment". Holman Fenwick & Willan. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  54. "Exxon Corporation 1993 Form 10-K". EDGAR. U.S. Securities and Exchange Commission. 11 de marzo de 1994. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  55. "News and Information". Exxon Qualified Settlement Fund. Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2013. Consultado o 21 de marzo de 2013. 
  56. "25 Years After Exxon Valdez Oil Spill, Company Still Hasn't Paid for Long-Term Environmental Damages". 
  57. The National Response Team (1989). The Exxon Valdez Oil Spill May 1989 – A Report to the President. National Service Center for Environmental Publications (Department of Transportation, Environmental Protection Agency). Consultado o 6 de abril de 2021. 
  58. McDonnell, Janet A. (1992). The U.S. Army Corps of Engineers response to the Exxon Valdez oil spill (PDF). Fort Belvoir, Virginia: United States Army Corps of Engineers. ISBN 978-1410222534. Consultado o 6 de abril de 2021. 
  59. "Oil Pollution Act of 1990 – Summary". Federal Wildlife and Related Laws Handbook. 18 de agosto de 1990. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2007. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  60. Carrigan, Alison. "The bill of attainder clause: a new weapon to challenge the Oil Pollution Act of 1990". Boston College Environmental Affairs Law Review (Fall 2000). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2005. Consultado o 10 de março de 2008. 
  61. 61,0 61,1 "Exxon Valdez Is Barred From Alaska Sound". The New York Times. 2 de novembro de 2002. Consultado o 10 de março de 2008. 
  62. Kizzia, Tom (13 de maio de 1999). "Double-hull tankers face slow going". Anchorage Daily News. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2008. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  63. Visser, Auke. "Oriental Nicety". International Super Tankers. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2021. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  64. Fargo Balliett, James (2014). Oceans: Environmental Issues, Global Perspectives. Routledge. p. 51. ISBN 9781317463665. 
  65. Loshbaugh, Doug (2000). "School of Hard Knocks". Juneau Empire. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  66. 1994, Victor Goldberg, The Journal of Legal Studies, Recovery for Economic Loss Following the Exxon ‘Valdez’ Oil Spill"
  67. Carson, Richard; Hanemann, W. Michael (18 de decembro de 1992). "A Preliminary Economic Analysis of Recreational Fishing Losses Related to the Exxon Valdez Oil Spill" (PDF). Exxon Valdez Oil Spill Trustee Council. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2021. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  68. "An Assessment of the Impact of the Exxon Valdez Oil Spill on the Alaska Tourism Industry" (PDF). Exxon Valdez Oil Spill Trustee Council. Agosto de 1990. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2021. Consultado o 10 de marzo de 2008. 
  69. "Economic Impacts of Spilled Oil". Publications. Exxon Valdez Oil Spill Trustee Council. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2007. Consultado o 10 de março de 2008. 
  70. "25 Years After Spill, Alaska Town Struggles Back From 'Dead Zone'". NPR.org. Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  71. "Native Alaskans Still Reeling 25 Years After Exxon-Valdez Oil Spill". www.wbur.org (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2017. 
  72. Daley, Patrick; O'Neill, Dan (1 de dezembro de 1991). ""Sad Is Too Mild a Word": Press Coverage of the Exxon Valdez Oil Spill". Journal of Communication (en inglés) 41 (4): 42–57. ISSN 0021-9916. doi:10.1111/j.1460-2466.1991.tb02330.x. 
  73. "Critics call Valdez cleanup a warning for Gulf workers". CNN. Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  74. "Critics call Valdez cleanup a warning for Gulf workers - CNN.com". www.cnn.com (en inglés). Consultado o 2024-07-02. 
  75. D. Michael Fry (19 de novembro de 1992). "How Exxon's "Video for Students" Deals in Distortions". The Textbook Letter. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2010. 
  76. Thomas, Pierre; Weiser, Benjamin (13 de abril de 1996). "Reputed 'Manifesto' Recovered". The Washington Post. p. A01. Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 
  77. Nealon, Kevin (15 de abril de 1989). "Joseph Hazelwood Sketches". Saturday Night Live. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  78. Wells, Jeffrey (25 de agosto de 1995). "Joseph Hazelwood memorialized in Waterworld". Entertainment Weekly. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  79. Hiaasen, Rob (12 de agosto de 1995). "Remaking history with Gump sequel". The Baltimore Sun. Consultado o 31 de marzo de 2018. 
  80. Gordon, David (4 de abril de 2019). "Hear George Salazar Sing "Iron Mike" From Jonathan Larson Project Album". Theater Mania. Consultado o 6 de abril de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]