Derek Bell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Derek Reginald Bell»)


Infotaula de personaDerek Bell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1941 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Pinner, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónThe King's School, Worcester (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJustin Bell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Derek Bell no paseo da fama en Le Mans

Derek Reginald Bell OBE nado o 31 de outubro de 1941 en Pinner, Middlesex, Inglaterra é un piloto de carreiras británico que destacou extremadamente nas carreiras de coches deportivos, gañando as 24 Horas de Le Mans cinco veces, as 24 Horas de Daytona, tres e o World Sportscar Championship dúas veces. Tamén competiu na Fórmula Un cos equipos Ferrari, Wheatcroft, McLaren, Surtees e Tecno. Foi descrito polo seu compañeiro de carreiras Hans-Joachim Stuck como un dos pilotos máis queridos da súa xeración.[1]

Derek Bell at the Nürburgring en agosto de 1970 cando corría na Fórmula 2
Derek Bell correndo na Fórmula 2 nun Ferrari 166 Dino en Nürburgring en 1969

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Derek Bell nun Wheatcroft Racing Brabham BT30 en Nürburgring en 1970

Bell creceu nunha granxa e empezou a correr na zona de caravanas de Church Farm, co seu propio club, preto de Pagham Harbour antes de ser alentado polo seu padrastro Bernard Hender a competir cun Lotus Seven en 1964. Gañou a súa primeira carreira no Lotus en Goodwood en marzo dese ano. Debutou na Fórmula 3 no ano seguinte competindo cun Lotus 31 e en 1966 cambiou a un Lotus 41 co que logrou a súa primeira vitoria, outra vez en Goodwood. En 1967 logrou sete vitorias. Entrou na Fórmula 2 nun Brabham BT23C privado do equipo do seu padrasto de Church Farm Racing e logo de varias actuacións prometedoras, que gustaronlle a Enzo Ferrari fixo o seu debut nun Gran Premio de Fórmula 1 con Ferrari en Monza en 1968. Disputou as Tasman Series de 1969 nun Ferrari Dino 2.4, tamén en 1969 competiu cun McLaren M9A[2] na súa única carreira no British Grand Prix en Silverstone.

Bell participou na rodaxe de Le Mans (1970) protagonizada por Steve McQueen, e el e a súa familia viviron coa familia McQueen durante a filmación, converténdose en amigos Bell tivo un incidente afortunado durante a realización da película. O Ferrari 512 que pilotaba de súpeto incendiouse mentres se poñía en posición para unha toma. Amañouse para saír do coche xusto antes de que fora envolto en chamas e sufriu pequenas queimaduras. Aínda que o coche quedou moi danado, reconstruíuse máis tarde e aínda corre en reunións históricas.[3]

Bell terminou segundo no Campionato Europeo de Fórmula 2 de 1970, pilotando un Brabham BT30 para Wheatcroft Racing. En 1972 conseguiu un asento no equipo Tecno de Fórmula Un, xunto con Nanni Galli. Competiu máis adiante varias veces para o equipo Surtees, incluíndo un 6º lugar no Gran Premio dos Estados Unidos de 1970 no que competiu cun Surtees TS7, e que sería o seu mellor resultado no campionato do mundo de Fórmula Un. Disputou algunha carreira máis, e con Surtees en 1974 terminou 11º no Gran Premio de Alemaña de 1974. Gozando máis dos monoprazas máis que dos autos deportivos, aceptou pilotar nas F5000/Libre British Shellsport series e F5000 en 1976-7 nun Penske PC7 March e tamén pilotou alternativamente na F5000 USA e Australia.

Foi nas carreiras de autos deportivos, a que chegou a través dunha unidade de Jacques Swaters nun Ferrari 512M privado nos 1000 km de Spa de 1970, o que o levou as 24 Horas Le Mans de 1970 nunha unidade de Ferrari de fábrica, onde construíu un forte reputación como piloto gañador de clase mundial.

Le Mans[editar | editar a fonte]

Bell é moi coñecido por gañar a carreira das 24 Horas de Le Mans cinco veces, en 1975, 1981, 1982, 1986 e 1987. Foi compañeiro do belga Jacky Ickx en 1975, competindo co Gulf Mirage GR8,[4] de novo en 1981, competindo cun Porsche 936, e finalmente en 1982 pilotando un Rothmans Porsche 956. A sociedade de Bell/Ickx é considerada como unha das parellas máis famosas na historia do automobilismo. Bell volveu a gañar en 1986 e 1987 cos copilotos Hans-Joachim Stuck e Al Holbert correndo cun Rothmans Porsche 962.

1971 Le Mans Porsche 917LH pilotado por Derek Bell & Jo Siffert estacionados fora do Hotel de France

O seu primeiro Le Mans foi en 1970 nun Ferrari 512 oficial, co seu copiloto Ronnie Peterson, o seu último foi en 1996 pilotando un McLaren F1 GTR. Bell alcanzou a súa máxima velocidade en Le Mans no día de probas de abril de 1971, alcanzando unha velocidade máxima calculada de 395´9 km/h na recta Mulsanne no JW Gulf Porsche 917 LH.JW Gulf Porsche 917LH.[5]

Derek Bell no Gulf Mirage M6 nos 1000 km de Nürburgring de 1972
1994 Le Mans Gulf Kremer Porsche K8 Spyder pilotado por Derek Bell & Robin Donovan

Carreiras en deportivos[editar | editar a fonte]

Bell tamén gañou o título do campionato do mundo de Sportscar dúas veces en 1985 e 1986 e as 24 Horas de Daytona tres veces en 1986, 1987 e 1989. Gañou en 1973 3n Silverstone o RAC Tourist Trophy pilotando un BMW 3.0CSL con Harald Ertl. En 1984 gañou os 1000 quilómetros de Nürburgring con Stefan Bellof, competindo cun Porsche 956, cun 4º lugar notable no 1000 quilómetros de Nürburgring competindo cun Gulf GR7 con James Hunt no circuíto longo de 22´8 km.

A súa primeira vitoria nos 1000 km de Spa chegou en 1974 correndo cun Mirage M6 con Mike Hailwood, volvendo a gañar as edicións de 1975 e 1984. En 1975 con Henri Pescarolo, nesta tempada dominou o Alfa Romeo Tipo 33TT12 na vella pista de 14 km. e con Stefan Bellof, no igualmente dominante Porsche 956 de 1984, no circuíto máis curto usado na Fórmula 1. Tamén un de dous pilotos gañadores dos 1000 quilómetros de Spa en ambos circuítos, orixinal e actual, o outro é Jacky Ickx.

Derek Bell con varios dos Porsche 956 e 962 que conduciu durante a súa carreira

Andaina post-carreiras[editar | editar a fonte]

En 2001 foi contratado como consultor do programa Bentley Speed 8, axudando a Bentley a gañar as 24 Horas de Le Mans dous anos máis tarde. Agora divide o seu tempo entre os Estados Unidos e a súa casa preto de Chichester, Reino Unido, coa súa esposa Misti. É comentarista de automobilismo, participa en carreiras de coches históricos e é embaixador mundial de Bentley. Bell é tamén un socio de Bentley Naples en Naples, Florida, USA.

Derek Bell participando na carreira de soporte do Grupo C en Le Mans 2012

O seu fillo maior, Justin Bell é tamén corredor. Os dous correron xuntos nas 24 Horas de Daytona de 1991 e nas 24 Horas de Le Mans de 1992.

Derek Bell ten tres fillos, Justin, Melanie e Sebastian e catro netos, Oscar, Tatiana, Oliver e Tallulah.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Pts
1968 Scuderia Ferrari Ferrari 312/68 Ferrari V12 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE ITA
Ret
CAN USA
Ret
MEX NC 0
1969 Bruce McLaren Motor Racing McLaren M9A Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR
Ret
ALE ITA CAN USA MEX NC 0
1970 Tom Wheatcroft Racing Brabham BT26A Cosworth V8 RSA ESP MON BEL
Ret
NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN 22º 1
Team Surtees Surtees TS7 USA
6
MEX
1971 Team Surtees Surtees TS9 Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA GBR
Ret
ALE AUT ITA CAN USA NC 0
1972 Martini Racing Team Tecno PA123 Tecno
12 en liña
ARX RSA ESP MON BEL FRA
NSC
GBR ALE
Ret
AUT ITA
NSC
CAN
NTS
USA
Ret
NC 0
1974 Bang & Olufsen Team Surtees Surtees TS16 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR
NSC
ALE
11
NC 0
Team Surtees AUT
NSC
ITA
NSC
CAN
NSC
USA

Resultados completos na Fórmula 1 fora do campionato[editar | editar a fonte]

(key)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8
1968 Scuderia Ferrari Ferrari 312 Ferrari V12 ROC INT OUL
Ret
1969 Scuderia Ferrari Ferrari 312 Ferrari V12 ROC INT
9
MAD OUL
1970 Tom Wheatcroft Racing Brabham BT26 Cosworth DFV ROC
NTS
INT OUL
1971 Tom Wheatcroft Racing March 701 Cosworth DFV ARX
5
ROC
Motul/Frank Williams Racing Cars QUE
15
SPR INT RIN OUL VIC

Resultados completos nas Tasman Series[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Chasis 1 2 3 4 5 6 7 Pos Pts
1969 Scuderia Veloce Ferrari Dino 246T/69 PUK
4
LEV
Ret
WIG
5
TER
5
LAK
2
WAR
2
SAN
5
21
1970 Wheatcroft Racing Brabham BT26 Cosworth LEV
9
PUK
2
WIG
Ret
TER
NTS
SUR WAR SAN 10º 6

Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase voltas Pos. Clase
Pos.
1970 Italia SpA Ferrari SEFAC Ronnie Peterson Ferrari 512S S
5.0
39 Ret Ret
1971 John Wyer Automotive Engineering Ltd. Suíza Jo Siffert Porsche 917LH S
5.0
Ret Ret
1972 Bélxica Ecurie Francorchamps Bélxica Teddy Pilette
Richard Bond
Ferrari 365 GTB/4 GT
5.0
301
1973 Gulf Research Racing Howden Ganley Mirage M6-Ford Cosworth S
3.0
163 Ret Ret
1974 Gulf Research Racing Mike Hailwood Gulf GR7-Ford Cosworth S
3.0
317
1975 Gulf Research Racing Bélxica Jacky Ickx Mirage GR8-Ford Cosworth S
3.0
336
1976 Grand Touring Cars Inc. Australia Vern Schuppan Mirage GR8-Ford Cosworth S
3.0
326
1977 Francia Renault Sport Francia Jean-Pierre Jabouille Renault Alpine A442 S
+2.0
257 Ret Ret
1978 Francia Renault Sport Francia Jean-Pierre Jarier Renault Alpine A442A S
+2.0
162 Ret Ret
1979 Grand Touring Cars Inc.
Francia Ford Concessionaires France
David Hobbs
Australia Vern Schuppan
Mirage M10-Ford Cosworth S
+2.0
262 Ret Ret
1980 Alemaña Porsche System Al Holbert Porsche 924 Carrera GT GTP 305 13º
1981 Alemaña Porsche System Bélxica Jacky Ickx Porsche 936 S
+2.0
354
1982 Alemaña Rothmans Porsche System Bélxica Jacky Ickx Porsche 956 C 359
1983 Alemaña Rothmans Porsche System Bélxica Jacky Ickx Porsche 956 C 370
1985 Alemaña Rothmans Porsche Alemaña Hans-Joachim Stuck Porsche 962C C1 367
1986 Alemaña Rothmans Porsche Al Holbert
Alemaña Hans-Joachim Stuck
Porsche 962C C1 368
1987 Alemaña Rothmans Porsche Alemaña Hans-Joachim Stuck
Al Holbert
Porsche 962C C1 355
1988 Alemaña Porsche AG Alemaña Hans-Joachim Stuck
Alemaña Klaus Ludwig
Porsche 962C C1 394
1989 Richard Lloyd Racing Tiff Needell
James Weaver
Porsche 962C GTi C1 339 Ret Ret
1990 Alemaña Joest Porsche Racing Alemaña Hans-Joachim Stuck
Alemaña Frank Jelinski
Porsche 962C C1 350
1991 Austria Konrad Motorsport
Alemaña Joest Porsche Racing
Alemaña Hans-Joachim Stuck
Alemaña Frank Jelinski
Porsche 962C C2 347
1992 ADA Engineering Tiff Needell
Justin Bell
Porsche 962C GTi C3 284 12º
1993 Francia Courage Compétition Francia Lionel Robert
Francia Pascal Fabre
Courage C30LM-Porsche C2 347 10º
1994 Gulf Oil Racing Robin Donovan
Alemaña Jürgen Lässig
Kremer K8 Spyder-Porsche LMP1
/C90
316 6th
1995 Harrods Mach One Racing
David Price Racing
Andy Wallace
Justin Bell
McLaren F1 GTR GT1 296
1996 Harrods Mach One Racing
David Price Racing
Andy Wallace
Francia Olivier Grouillard
McLaren F1 GTR GT1 328

Resultados completos na Bathurst 1000[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1977 Australia Brian Foley Pty Limited Australia Garry Leggatt Alfa Romeo 2000 Up to 2000cc 150
1978 Australia Ron Hodgson Channel 7 Racing Austria Dieter Quester Holden LX Torana SS A9X Hatchback A 5 Ret Ret
1979 Australia Brian Foley P/L Australia Phil McDonnell Alfa Romeo Alfetta GTV C 145
1980 Australia Brian Foley Pty Ltd Australia Phil McDonnell Alfa Romeo Alfetta GTV 2000 1601-2000cc 16 Ret Ret
1981 Australia Peter Stuyvesant International Racing Allan Moffat Mazda RX-7 6 Cylinder & Rotary 119

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]