Saltar ao contido

Deporte en Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No concello de Vigo operan máis de 200 asociacións e entidades deportivas que, en colaboración coa Concellería de Deportes, traballan para dinamizar, fomentar e promover a práctica de actividades físico-deportivas.

No 2010, a cidade foi distinguida co Premio do Consello Superior de Deportes (CSD), no marco dos Premios Nacionais do Deporte, como recoñecemento ás iniciativas impulsadas para o fomento do deporte.[1]

Celta de Vigo

[editar | editar a fonte]
Encontro entre As Celtas e o Olímpico de León, correspondente á xornada 15 da Segunda Federación, tempada 2025-26, e disputado o 17 de xaneiro de 2026, no campo municipal da Madroa.

O club máis representativo da cidade é o Real Club Celta de Vigo, fundado en 1923 a partir da fusión do Real Vigo Sporting e a Real Fortuna, que ata entón rivalizaban pola hexemonía do fútbol galego e alternábanse na conquista dos campionatos rexionais; o Vigo Sporting chegou mesmo a proclamarse subcampión de España en 1908. O Celta é o club galego con máis tempadas en Primeira División. Entre os seus principais logros figuran tres subcampionatos da Copa de España (1948, 1994 e 2001) e a súa participación en competicións continentais, sendo o primeiro club galego en disputar torneos europeos, ao debutar na Copa da UEFA en 1971 e conquistar a Copa Intertoto en 2000. O equipo compite na Primeira División do fútbol español e ten equipos filial e feminino, o Real Club Celta Fortuna e As Celtas, respectivamente.

Coruxo FC, 2023-24.

O segundo club en importancia en Vigo é o Coruxo, club de fútbol da parroquia homónima. Fundado orixinalmente en 1930 e refundado en 1946, compite na Segunda División RFEF, a cuarta categoría do fútbol nacional. Xoga os seus partidos como local no Campo do Vao, con capacidade para 1 500 espectadores. Competiu durante 11 temporadas na Segunda División B, e é o club 116º na clasificación histórica.

Rápido de Bouzas

[editar | editar a fonte]

Fundado en 1914, é o cuarto equipo de fútbol máis antigo de Galicia, só por detrás do Deportivo da Coruña, do Unión Campestre de Montrove e do Deportivo Coia.[2] O club acadou o seu cumio deportivo entre 2017 e 2019, cando militou durante dúas tempadas na Segunda División B, terceira categoría do fútbol español.[3]

No equipo militaron xogadores destacados como Pahiño, quen xogou coa selección española e foi dúas veces Pichichi, Manolo Tomé, que chegou gañar unha liga co Fútbol Club Barcelona, ou Iago Aspas.[4]

Gran Peña

[editar | editar a fonte]

O Gran Peña é o cuarto club en importancia vigués. Con máis de corenta tempadas na Terceira División, o Gran Peña fundouse en 1926 na parroquia viguesa de Lavadores. Entre os anos 2021 e 2023 funcionou como terceiro filial do Celta de Vigo, baixo a denominación de Celta C-Gran Peña.

En 1958 proclamouse por primeira vez campión da Copa Galicia de fútbol ao derrotar o Lugo en tres partidos. En 1981 eliminou o Racing de Santander na segunda eliminatoria da Copa do Rei, nos penaltis, e logo de empatar a cero goles tanto no Sardinero como en Balaídos. Despois caería eliminado polo Elx.

Outros equipos

[editar | editar a fonte]

Outros equipos de fútbol da cidade son:

Baloncesto

[editar | editar a fonte]
Partido do Celta Feminino fronte ao Ensino Lugo en 2025.

O máximo representante do baloncesto vigués é o Celta Baloncesto feminino, que posúe 5 títulos do Campionato de Liga (e tamén 6 subcampionatos) e 4 da Copa da Raíña. O club foi fundado no verán de 1996 logo da adquisición da praza do Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. Xa no ano da súa fundación o equipo conseguiu o seu primeiro título nacional, a Copa Galicia.

Outros clubs de baloncesto da cidadade son:

Balonmán

[editar | editar a fonte]

O club máis laureado de balonmán vigués foi a Sociedade Deportiva Octavio, que chegou a competir varias temporadas na Liga ASOBAL. Porén, foi disolto no ano 2019 logo de varios anos de perda de equipos federados, por mor de problemas económicos.[5]

Outros equipos de balonmán da cidade son:

Deportes náuticos

[editar | editar a fonte]

Remo, piragüismo e vela

[editar | editar a fonte]

Natación, waterpolo e natación sincronizada

[editar | editar a fonte]
  • Prado Surf Club

Deportes urbanos

[editar | editar a fonte]

Atletismo

[editar | editar a fonte]

Deportes de loita

[editar | editar a fonte]
  • SD Club Marcote, en Kung Fu.

Outros deportes de equipo

[editar | editar a fonte]

En fútbol sala:

  • Anpabal FS
  • CD Mosteiro de Bembrive FS
  • CD AVCR San Mamede Zamáns
  • CD A Paz FS
  • Club Apóstol Santiago
  • Club Cios Vigo
  • Club Maristas El Pilar
  • Club Unión FS
  • Treboada FS San Salvador

En voleibol:

En hockey a patíns:

En fútbol gaélico:

En rugby:

En voleibol praia:

Instalacións deportivas en Vigo

[editar | editar a fonte]