Acetato de medroxiproxesterona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Depo Provera")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
17-acetato de medroxiproxesterona.

O 17-acetato de medroxiproxesterona (tamén coñecido como acetato de medroxiproxesterona ou MPA, do inglés: medroxyprogesterone acetate, dispoñible baixo a marca comercial Depo Provera) é unha proxestina, unha variante sintética da hormona humana proxesterona.[1] Utilízase como un anticonceptivo, en terapia de substitución hormonal e para o tratamento de endometriose como tamén varias outras indicacións. Tamén pode ser prescrita en terapias de substitución hormonal en transexuais home-a-muller.

O MPA é un derivado máis potente do seu proxenitor alcol medroxiproxesterona. Mentres que a medroxiproxesterona é algunhas veces usada como un sinónimo de 17-acetato de medroxiproxesterona, o que normalmente se administra é 17-acetato de medroxiproxesterona e non medroxiproxesterona.[2]

Efecto[editar | editar a fonte]

A inxección esta deseñada para permanecer no corpo da muller por un lapso de 3 meses. Os activos da inxección inhiben no cerebro a actividade hormonal que estimula os ovarios para que liberen un ovo cada mes, de modo que non se dea o embarazo. As aplicacións deben ser precisas cada tres meses. Ó abandonar a inxección, a fertilidade recupérase rapidamente.

Seguridade[editar | editar a fonte]

A Depo-Provera é un dos métodos anticonceptivos hormonais máis efectivos, cunha seguridade de 99%, comparado ás pílulas orais e á ligadura de trompas.

Notas[editar | editar a fonte]