Depósito de combustíbel

O depósito de combustíbel é un contedor seguro para líquidos inflamábeis, que forma parte do sistema do motor, e no cal se almacena o combustíbel, que é propulsado para que un vehículo avance (mediante a bomba de combustíbel) ou liberado (como gas a presión) nun motor. Os depósitos de combustíbel varían considerabelmente de tamaño e complexidade, dende un diminuto depósito de butano para un chisqueiro ata o depósito externo de combustíbel crioxénico multicámara dun transbordador espacial.
Normalmente un depósito de combustíbel conta coas seguintes características:
- Almacenamento seguro de combustíbel.
- O recheo debe ser sen riscos (ex. faíscas).
- Almacenamento sen perdas por escape ou evaporación.
- Prover dun método para determinar o nivel de combustíbel no depósito en todo momento. Para iso úsase un indicador do nivel de combustíbel.
- Venting (en caso de sobrepresión os vapores de combustíbel deben ser desviados por medio de válvulas).
- Alimentación do motor (por medio dunha bomba).
- Anticipar posíbeis danos e riscos para aumentar o potencial de sobrevivir.
Seguridade[editar | editar a fonte]
Un deseño e construción axeitados do depósito xogan un papel fundamental na seguridade do sistema do que forma parte.
En aplicacións automotrices, un lugar inaxeitado contribuíu a probabilidade de incendio en caso de colisión. En 1990, General Motors foi demandada por máis de cen particulares supostamente debido á decisión de trasladar o depósito e ficar sen a protección da estrutura do vehículo en furgonetas pickup.[1] O modelo Pinto do fabricante Ford tamén estivo inmerso na polémica por poñer o depósito de combustíbel nunha área pouco protexida con risco de lume e explosión en caso de impacto da parte traseira do vehículo. O caso foi a xuízo e custoulle 125 millóns de dólares. En 1993, tras fallar o xuízo en contra de GM (que foi recorrido con éxito máis tarde), a cadea de televisión NBC tamén causou polémica emitindo ensaios a modo de exemplo sobre os riscos existentes. Posteriormente descubriuse que a cadea utilizou material inflamábel para asegurar o lume.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The Mosely vs GM "Side-Saddle Fuel Tank" Case. Arquivado 01 de abril de 2013 en Wayback Machine..