Deolinda da Conceição

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDeolinda da Conceição
Biografía
Nacemento(pt) Deolinda do Carmo Salvado da Conceição Editar o valor em Wikidata
7 de xullo de 1914 Editar o valor em Wikidata
Província Ultramarina de Macau, Imperio Portugués (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 1957 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Hong Kong, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata

Deolinda do Carmo Salvado da Conceição, nada en Macau o 7 de xullo de 1913 e finada en Hong Kong o 24 de maio de 1957[Cómpre referencia][1], foi unha xornalista e escritora portuguesa, que marcou o panorama cultural lusófono do seu país na década de 1950.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De nacionalidade portuguesa, foi a cuarta filla de António Manuel Salvado, comerciante orixinario de Medelim (Castelo Branco) e radicado en Macau, e de Áurea Angelina da Cunha Salvado, natural de Macau. Estudou no Liceu de Macau.

O 1 de novembro de 1931 casou con Luís Gaspar Alves en Cantón. A parella foi vivir a Shangai, por entón unha cidade dinámica e cosmopolita. Máis tarde divorciáronse.[1][2] En 1937, xa en fase de separación co Luís Alves, foi cos seus fillos José Maria Salvado Alves e Rui Cândido Augusto Alves vivir a Hong Kong, se ben a cidade foi tamén ocupada en decembro de 1941. Nesa época dirixiu unha escola portuguesa na cidade e foi tradutora do inglés para o xornal A Voz de Macau.[2][3] Coa fin da segunda guerra mundial regresou a Macau cos seus fillos. Comezou a traballar como secretaria de dirección e xornalista no diario Notícias de Macau, fundado en agosto de 1947, e como profesora de inglés e estenografía na Escola Comercial Pedro Nolasco.

O 29 de maio de 1948 casou con António Maria da Conceição, compañeiro de traballo e posteriormente director do Notícias de Macau. Ela escribía no xornal crónicas, artigos de crítica literaria e artística, ensaios, contos e unha "páxina feminina" que foi moi apreciada.[2][3][4] En 1956 visitou Portugal por vez primeira xunto co seu marido e o seu fillo António Maria da Conceição Júnior, que nacera en 1951. Permaneceu seis meses en Lisboa, onde conseguiu convencer a prestixiosa libraría Francisco Franco para publicar o seu único libro, Cheong Sam - a Cabaia. Mais por entón foi diagnosticada cunha doenza incurable. Logo de coñecer Portugal refresou a Hong Kong a comezos de 1957. Foi hospitalizada, e faleceu no mes de maio.[1][2]

Obra[editar | editar a fonte]

Cheong-Sam - a Cabaia foi o único libro que publicou. Está composto por 27 contos, a maioría xa publicados anteriormente no Notícias de Macau. Todos eles falan principalmente da posición e condición da muller na China e en Macau.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Deolinda do Carmo Salvado". Macanese Families. (require rexistro (?)). [Ligazón morta permanente]
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rangel, Jorge (21 de maio de 2007). "Saudade e homenagem, 50 anos depois". Jornal Tribuna de Macau (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Deolinda do Carmo Salvado da Conceição". Arscives (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Brookshaw, David. "Introduction to Deolinda da Conceição" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2019.