Denise Scott Brown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Denise Scott Brown
Denise Scott Brown byn1.jpg
Nome completo Denise Scott Brown
Nacemento 3 de outubro de 1931 (86 anos)
  Nkana Zambia Zambia
Nacionalidade Estados Unidos de América
Educada en University of Pennsylvania School of Design e Universidade de Witwatersrand
Ocupación arquitecta e urbanista
Cónxuxe Robert Venturi
Coñecido/a por Allen Memorial Art Museum
Premios Vilcek Prize, Medalla de Ouro do AIA, Jane Drew Prize e Benjamin Franklin Medal
editar datos en Wikidata ]

Denise Scott Brown nada en Nkana, Zambia, entón Rodesia do Norte, o 3 de outubro de 1931, é unha arquitecta, urbanista, profesora e escritora americana, é tamén membro principal da empresa Venturi, Scott Brown and Associates, situada en Filadelfia. Denise Scott Brown e o seu segundo marido e socio, Robert Venturi, son considerados, entre outros, como os arquitectos máis influentes do século XX, tanto pola vertente de arquitectura como planeamento urbano, ben como pola escrita teórica e ensino.

Educación e ensino[editar | editar a fonte]

Nada de pais xudeus, Simon e Phyllis (Hepker) Lakofski, Denise iniciou os seus estudos na África do Sur, na Universidade de Witwatersrand entre 1948 e 1952, onde coñeceu o seu futuro marido, Robert Scott Brown. Denise viaxou para Londres en 1952 e continuou o seu ensino na escola superior londiniense Architectural Association School of Architecture. En 1955 formouse en arquitectura, ano en que tamén casou con Scott Brown. O matrimonio pasou os seguintes tres anos a traballar e a viaxar por toda Europa, até 1958, cando foran para Filadelfia, co obxectivo de estudaren na Universidade da Pensilvania, no departamento de planeamento. En 1959, Robert Scott Brown morre nun accidente de coche. Denise completou o seu mestrado en planeamento urbano, en 1960, e tornouse un membro do corpo docente da mesma universidade após a súa formación, completando o mestrado en arquitectura ao mesmo tempo que daba aulas. Nunha reunión do corpo docente en 1960, Denise coñeceu Robert Venturi, un arquitecto novo e tamén membro do corpo docente, tornáranse os dous moi próximos profesionalmente, administrando cursos en conxunto entre 1962 e 1964. Denise deixou a Universidade da Pensilvania en 1965 e casou con Venturi, en Santa Monica (California) o 23 de xullo de 1967. Denise mudouse de volta para Filadelfia, no mesmo ano, para se xuntar á empresa do seu marido, Venturi e Rauch, tornándose directora responsábel do planeamento urbano, en 1969.

Coñecida como unha grande estudosa no campo de planeamento urbano, deu aulas na Universidade da California, en Berkeley, e foi nomeada copresidente do Programa de Design Urbano da Universidade da California, nos Ánxeles. Máis tarde deu aulas na Universidade de Yale e en 2003 foi profesora convidada ao lado de Venturi na Graduate School of Design, da Universidade de Harvard. Durante os seus anos no suroeste dos Estados Unidos, Denise mostrou un particular interese nas cidades máis recentes dos Ánxeles e Las Vegas.

Arquitectura e planeamento[editar | editar a fonte]

En 1972, en conxunto con Venturi e Steven Izenour, Denise escribiu Learning From Las Vegas: the Forgotten Symbolism of Architectural Form (Aprendendo con Las Vegas: o Simbolismo Esquecido da Forma Arquitectónica), libro que expón estudos sobre a Strip de Las Vegas, realizado en conxunto cos seus alumnos. Este libro xuntou e completou Complexity and Contradiction in Architecture (Complexidade e Contradición na Arquitectura), escrito por Venturi, como unha reprensión ao modernismo ortodoxo e gustos arquitectónicos de elite, e aínda como un punto de partida para a expansión americana e para a arquitectura vernacular. Após esta primeira experiencia, Denise Scott Brown mantívose como unha escritora prolífera sobre arquitectura e urbanismo. A empresa Venturi, Scott Brown and Associates (renomeada en 1989), posibilitou que Denise elaborase grandes proxectos cívicos de planeamento, estudos, e, máis recentemente, dirixiu inmensos proxectos de planeamento, especialmente de campus universitarios. Actuou tamén como encargada de obra ao lado de Robert Venturi en grandes proxectos de arquitectura da súa empresa, incluíndo a Sainsbury Wing of National Gallery, en Londres, o edificio do Capitolio en Toulouse, o Nikko Hotel e Spa Resort, no Xapón, entre outros.

Traballos seleccionados[editar | editar a fonte]

  • Edificio de Graduación de Ciencia, Instituto de Ciencias da Vida e o Complexo Universitario Palmer Commons; Ann Arbor, Michigan
  • Campus Life Plan da Universidade de Brown y, Rhode Island (2004)
  • Suxestións para o plano do campus universitario de Tsinghua; Beijing, China (2004)
  • Biblioteca Baker-Berry, Colexio Dartmouth; Hanover, New Hampshire (2002)
  • Instituto Radcliffe de estudos avanzados do campus da Universidade de Harvard; Boston, Massachusetts (2002)
  • Plano do campus do Colexio Williams; Williamstown, Massachusetts (2001)
  • First Campus Center, Universidade de Princeton; New Jersey (2000)
  • Perelman Quadrangle, Universidade da Pensilvania; Philadelphia (2000)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Edmund N. Bacon Prize, Philadelphia Center for Architecture; 2010
  • Design Mind Award, Cooper-Hewitt National Design Awards; 2007 (con Robert Venturi)
  • Athena Award, Congress for the New Urbanism; 2007
  • Vilcek Prize, The Vilcek Foundation; 2007
  • Harvard Radcliffe Institute Medal; 2005
  • Visionary Woman Award, Moore College of Art & Design; 2003
  • Vincent Scully Prize, National Building Museum; 2002 (con Robert Venturi)
  • Topaz Medallion, American Institute of Architects; 1996
  • National Medal of Arts, United States Presidential Award; 1992 (con Robert Venturi)
  • Chicago Architecture Award, 1987
  • ACSA (Association of Collegiate Schools of Architecture) Distinguished Professor Award; 1986-87
  • AIA Firm Award, to Venturi, Rauch and Scott Brown; 1985

Controversia do premio Pritzker[editar | editar a fonte]

Cando Robert Venturi foi nomeado como vencedor do premio Pritzker de Arquitectura en 1991, Denise Scott Brown non compareceu á cerimonia de entrega de premios como forma de protesta. A organización, a Fundación Hyatt, afirmou que, en 1991, o premio só era válido para arquitectos individuais, unha práctica que mudou en 2001 coa selección de Jacques Herzog e Pierre de Meuron. En 2013, Women In Design, unha organización estudantil da Escola Superior de Design de Harvard iniciou unha petición para Denise Scott Brown recibir o recoñecemento conxunto co seu socio Robert Venturi.

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  • Denise Scott Brown, Having Words (London: Architectural Association, 2009)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Learning from Las Vegas: the Forgotten Symbolism of Architectural Form, (with Robert Venturi and Steven Izenour), Cambridge: MIT Press, 1972; revised edition 1977.
  • A View from the Campidoglio: Selected Essays, 1953–1984, (with Robert Venturi), New York: Harper & Row, 1984.
  • Urban Concepts, Architectural Design Profile 60: January–February 1990. London: Academy Editions; distributed in U.S. by St. Martin's Press.
  • Architecture as Signs and Systems: for a Mannerist Time (with Robert Venturi), Cambridge: The Belknap Press of Harvard University Press, 2004.
  • The art in waste (artigo), In:Distoriones urbanas / Urban Distorisions, Madrid: Basurama, 2006.
  • On Public Interior Space (with Maurice Harteveld), In: AA Files 56, London: Architectural Association Publications, 2007.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]