Saltar ao contido

Denis Genreau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDenis Genreau

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de maio de 1999 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
París Editar o valor en Wikidata
Altura171 cm Editar o valor en Wikidata
Peso65 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustralia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2015 Brighton SC
2015–2020 Melbourne City FC
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2015–2018 Melbourne City FC Youth 52(7)
2016–2018 Melbourne City FC 12(0)
2018–2019→ cesión:  PEC Zwolle 12(0)
2020–2021 Macarthur Football Club 23(2)
2021–2025 Toulouse FC 80(3)
2023–2024 Toulouse FC II 6(3)
2025–   Deportivo da Coruña 0(0)
  Selección nacional Número de eventos xogados
2021–   Selección de fútbol de Australia 6(0)
Participou en
8 de agosto de 2021torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 (12º) Editar o valor en Wikidata

Twitter: denisgenreau Instagram: denisgenreau UEFA: 250188519 Editar o valor en Wikidata

Denis Genreau, nado en París o 21 de maio de 1999, é un futbolista franco-australiano que xoga como centrocampista ofensivo no Melbourne Victory, da A-League de Australia. É internacional coa selección de Australia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en París, mudouse aos dous anos coa súa familia a Australia, país no que pasaran a súa lúa de mel seus pais, Sophie e Marc Genreau.[1] Criouse en Melbourne,[2] onde seu pai lle inculcou a paixón polo fútbol,[3] sendo o seu primeiro club o Brighton SC.

Melbourne City

[editar | editar a fonte]

Aos 16 anos ingresou na canteira do Melbourne City, onde capitaneou o equipo xuvenil.[4] O 27 de decembro de 2016, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na A-League, da man do adestrador John van 't Schip. Foi nun empate 3-3 contra o Perth Glory no Estadio Rectangular de Melbourne, onde substituíu a Anthony Caceres no minuto 80.[5]

Marcou o seu primeiro gol como profesional o 29 de agosto de 2017, na vitoria por 3-2 contra o Hakoah Sydney City East nos oitavos de final da Copa de Australia.[6]

Cesión ao PEC Zwolle

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2018 entrou por primeira vez no fútbol europeo, ao saír cedido ao PEC Zwolle, ao que se incorporara pouco antes o seu adestrador en Melborune, John van 't Schip.[7] Na cidade de Zwolle compaxinou o equipo sub-21 co primeiro equipo, debutando na Eredivisie nunha derrota por 2-3 ante o Heerenveen no MAC³PARK Stadion.[8] Con problemas de lesións dende o principio, disputou só 10 encontros na máxima categoría do país, así como dous na Copa dos Países Baixos. En decembro de 2018 regresou a Melbourne, onde xogou ata o final da tempada.[9]

Macarthur FC

[editar | editar a fonte]

O 28 de xullo de 2020, tras finalizar o seu contrato co Melbourne, asinou por tres anos co Macarthur FC, adestrado por Ante Milicic.[10]

O 31 de decembro de 2020 foi titular no primeiro partido da historia do Macarthur na A-League,[11] ante o Western Sydney Wanderers.[12] O 10 de febreiro de 2021 marcou o seu primeiro gol na liga australiana, na vitoria por 2-1 contra o Brisbane Roar.[13] Consolidado na titularidade, contribuíu a que o equipo acadase o cuarto posto da liga, pero non puido disputar a fase final debido aos seus compromisos internacionais.[14]

En agosto de 2021 fichou polo Toulouse, converténdose na primeira fichaxe australiana da historia do club francés.[15] Debutou co conxunto dirixido por Philippe Montanier na Ligue 2 o 14 de agosto de 2021, nunha vitoria pola mínima contra o SC Bastia, substituíndo a Stijn Spierings.[16]

Durante un partido contra o USL Dunkerque, recibiu un forte golpe no rostro que provocou a torcedura dos seus dentes dianteiros, o que lle dificultou pechar a boca correctamente. Despois de pasar polo dentista usou durante meses un protector bucal.[3] Aínda que comezou a tempada como suplente, acabou facéndose cun posto no once titular e converteuse nunha peza clave nos esquemas de Montanier.[17] Na penúltima xornada de liga contra o Nîmes Olympique, Genreau pasou á historia do Toulouse. Ao descanso, o equipo do Languedoc perdía por 1-0 contra os occitanos, antes de que Ado Onaiwu empatase o encontro na segunda metade. No minuto 79 Genreau colocou o 2-1 definitivo, culminando a remontada e dándolle ao Toulouse o ascenso á Ligue 1.[18]

Durante a tempada 2022/23 sufriu constantes problemas na pube, o que lle impediu xogar con regularidade. Chegou a xogar co equipo filial para recuperar minutos de xogo, ata que Philippe Montanier o volveu subir ao primeiro equipo e o colocou no once titular, ante a ausencia de Brecht Dejaegere.[19] O 30 de abril proclamouse co seu equipo campión da Copa de Francia ante o Nantes, aínda que non chegou a disputar ningún minuto na competición. Disputou un total de 80 partidos oficiais co Toulouse en tres anos e medio, nos que marcou 3 goles e repartiu 4 asistencias.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

O 31 de xaneiro de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da Segunda División, co que asinou un contrato por dous anos e medio.[20] Debutou na xornada 26 diante do Almería, substituíndo nos 10 minutos finais a Mario Soriano, e converteuse así no primeiro futbolista australiano e oceánico en disputar un partido oficial co Deportivo nos máis de 118 anos de historia do club galego. Disputou un total de nove partidos ao longo da tempada, sen chegar a adaptarse ao xogo do equipo.[21] Marcou un gol fronte ao Racing de Santander no Sardinero, nun partido no que acabou expulsado.[22]

Ao remate da tempada anunciouse a rescisión do seu contrato, e pouco despois regresou a Australia, onde asinou como novo xogador do Melbourne Victory.[23]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2023 recibiu a súa primeira convocatoria coa selección sub-23 de Australia, co que disputou o Campionato sub-23 da AFC en Tailandia.[24] Disputou tres encontros durante o torneo, no que o conxunto australiano logrou o terceiro posto, asegurando así a presenza do equipo nos Xogos Olímpicos de 2020.[25]

Foi convocado tamén para a cita olímpica en Tokyo e xogou de inicio no primeiro partido, no que os australianos deron a sorpresa ao derrotar á Arxentina.[26] Con todo, acabaron a primeira fase na derradeira posición do seu grupo, tras caer ante España e Exipto.

Selección absoluta

[editar | editar a fonte]

En maio de 2021 foi convocado por primeira vez pola selección australiana absoluta, coa que debutou o 7 de xuño, na vitoria por 5-1 contra a selección da China Taipei.[27] Converteuse así no primeiro futbolista na historia do Macarthur FC en xogar co equipo nacional australiano.[27]

En xuño de 2023 enfrontouse á Arxentina de Lionel Scaloni, flamante campioa do mundo, nun amigable no Estadio dos Traballadores de Pequín.[28]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa Continental[a 1] Outros[b 1] Total
PartidosGolesPartidosGoles Partidos Goles Partidos GolesPartidosGoles
Melbourne City 2016/17 A-League 4 0 - - - - 4 0
2017/18 Primeira 10-- - - 10
PEC Zwolle 2018/19 Eredivisie 10020 - - 120
Melbourne City 2019/20 A-League 6010 - - 70
Total club 11010 0 0 120
Macarthur FC 2020/21 A-League 23 2 0 0 - - 23 0
Toulouse 2021/22 Ligue 2 34 2 3 0 - - 37 2
2022/23 Ligue 1 20 0 0 0 - - 20 0
2023/24 Ligue 1 9 0 0 0 4 0 13 0
2024/25 Ligue 1 8 0 2 0 - - 10 0
Total club 71 2 5 0 4 0 80 2
Deportivo da Coruña 2024/25 Segunda 9 1 0 0 - - - - 9 1
Melbourne Victory 2025/26 A-League 24 2 2 1 - - 1 0 27 3
2026/27 A-League 1 0 0 0 2 0 - - 3 0
Total club 25 2 2 1 2 0 1 0 30 3
Total carreira 1497101 6 0 1 01666
  1. ↑ Inclúe partidos das series finais da A-League.
  1. ↑ "A French-Aussie teen's ambition..." (en inglés). 31 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  2. ↑ "Socceroos and Olyroos midfielder Denis Genreau has enjoyed a dream start to life at one of the biggest clubs in the second tier of French football" (en inglés). 5 de outubro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  3. 1 2 "For Socceroos youngster Denis Genreau, the Qatar World Cup could be a collision between his two worlds" (en inglés). 1 de novembro de 2022. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  4. ↑ "Youth in Focus: Denis Genreau". Melbourne City (en inglés). 17 de abril de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  5. ↑ "Report: City 3-3 Perth" (en inglés). 27 de decembro de 2016. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  6. ↑ "Joyce: We’re pleased but there’s plenty to work on" (en inglés). 30 de agosto de 2017. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  7. ↑ "Denis Genreau departs on loan to Eredivisie side PEC Zwolle" (en inglés). 26 de xuño de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  8. ↑ "PEC Zwolle vs. Heerenveen 2 - 3". soccerway.com (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  9. ↑ "PEC Zwolle licht koopoptie in huurcontract Genreau niet". destentor.nl (en neerlandés). Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  10. ↑ "Denis Genreau signs with Macarthur FC" (en inglés). 28 de xullo de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  11. ↑ "Match Week 1 – Squad Ins & Out: Wanderers v Bulls" (en inglés). 29 de decembro de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  12. ↑ "Western Sydney Wanderers - Macarthur FC". FOX Sports (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  13. ↑ "Denis Genreau's first A-League goal fires Macarthur FC to victory" (en inglés). 10 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  14. ↑ "Socceroos, Spaniards and Frenchmen storming Macarthur into A-League finals" (en inglés). 1 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2025. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  15. ↑ "Australia's Olympics midfielder Denis Genreau to join Toulouse" (en inglés). 31 de xullo de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  16. ↑ "Toulouse vs. Bastia 1 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  17. ↑ "Socceroo Denis Genreau becoming a key player in France" (en inglés). 13 de outubro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  18. ↑ "REACTIONS. Denis Genreau : "On va faire tous les bars de Toulouse ce soir !" L'enthousiasme du milieu du TFC après le titre de champion de France de L2" (en francés). 7 de maio de 2022. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  19. ↑ "Lorient - TFC : "Il a beaucoup travaillé !" Avant la finale de la Coupe de France, l'Australien Denis Genreau revient en forme" (en francés). 22 de abril de 2023. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  20. ↑ "O internacional australiano Denis Genreau apontoa o centro do campo do Deportivo". 31 de xaneiro de 2025. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  21. ↑ Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
  22. ↑ Pereira, Eder (29 de abril de 2025). "Genreau no termina de dar el salto en el Dépor". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2025.
  23. ↑ "Melbourne Victory sign Denis Genreau" (en inglés). 7 de setembro de 2025. Consultado o 8 de setembro de 2025.
  24. ↑ "Australia’s Group A games at AFC U-23 Championship Thailand 2020 to be shown on My Football YouTube Channel & Kayo Sports" (en inglés). 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  25. ↑ "Olyroos qualify for Tokyo 2020" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  26. ↑ "Australia stun 10-man Argentina at Olympics with Wales and Tilio strikes". The Guardian (en inglés). 22 de xullo de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  27. 1 2 "Denis Genreau becomes Socceroo #610 with World Cup Qualifier Debut" (en inglés). 8 de xuño de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
  28. ↑ "Socceroos lose out to Argentina" (en inglés). 15 de xuño de 2023. Consultado o 2 de febreiro de 2025.