Demografía de Corea do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A poboación de Corea do Norte é unha das máis homoxéneas do mundo, étnica e lingüisticamente, incluíndo apenas pequenas comunidades chinesas e xaponesas, así como vietnamitas.

A lingua coreana non forma parte de ningunha familia lingüística maior, aínda que se investigan posibles relacións co xaponés e outras linguas altaicas. O sistema de escritura do coreano, chamado hangul, foi inventado no século XV polo rei Sejong o Grande para substituír o sistema de caracteres chineses, coñecidos en Corea como hanja, que xa non se usan de forma oficial. Corea do Norte continúa co sistema de romanización McCune-Reischauer do coreano, contrastando con Corea do Sur que revisou a romanización no ano 2000.

Corea ten unha herdanza budista e confucionista, con comunidades cristiás e de chondogyo tradicional. Pyongyang, a capital de Corea do Norte, era o centro de actividade cristiá antes da Guerra de Corea. Segundo estimacións de 2009, Corea do Norte ten unha poboación de 24 051 218 habitantes, cunha idade media de 32 anos. A mortalidade infantil é de 21,86 por mil e a esperanza de vida de 63,81 anos. O 99% da poboación por encima dos 15 anos pode ler e escribir en coreano.

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

No actual territorio de Corea do Norte.

  • 1900: 7,4 millóns.
  • 1910: 7,8 mill.
  • 1920: 8,2 mill.
  • 1930: 8,6 mill.
  • 1940: 9 mill.
  • 1950: 9,7 mill.
  • 1953: 9 mill.(descenso produto da Guerra de Corea).
  • 1960: 10,5 mill.
  • 1970: 13,9 mill.
  • 1980: 18,3 mill.
  • 1990: 21,6 mill.
  • 1995: 23,9 mill.

Estatísticas demográficas[editar | editar a fonte]

Poboación[editar | editar a fonte]

24 051 218 (2009 est.)

Homes: 11 037 832
Mulleres: 11 627 513

0–14 anos: 21.3% (home 2,440,439/muller 2,376,557)
15–64 anos: 69.4% (home 7,776,889/muller 7,945,399)
máis de 65 anos: 9.4% (home 820,504/muller 1,305,557) (2009 est.)

Taxa de crecemento[editar | editar a fonte]

1,02% (1991 est.)
0,31% (1996 est.)
0,87% (2006 est.)
0,42% (2009 est.)

Taxas de nacementos[editar | editar a fonte]

20,01 nacementos/1.000 poboación (1991 est.)
17,58 nacementos/1.000 poboación (1996 est.)
14,61 nacementos/1.000 poboación (2006 est.)
14,61 nacementos/1.000 poboación (2008 est.)

Taxas de falecementos[editar | editar a fonte]

8,94 mortes/1.000 poboación (1991 est.)
9,52 mortes/1.000 poboación (1996 est.)
7,29 mortes/1.000 poboación (2006 est.)
7,29 mortes/1.000 poboación (2008 est.)

Taxa de inmigración[editar | editar a fonte]

-0,09 migrantes(s)/1.000 poboación (2009 est.)

Sexo por proporción[editar | editar a fonte]

ao nacer: 1.06 home(s)/muller
15 anos: 1.03 home(s)/muller
15–64 anos: 0.98 home(s)/muller
65 años para adiante: 0.63 home(s)/muller
total de poboación: 0.95 home(s)/muller (2009 est.)

Taxa de mortandade infantil[editar | editar a fonte]

51,34 mortes/1.000 nacementos (2009 est.)

Esperanza de vida[editar | editar a fonte]

Total: 63,81 anos
Home: 61,23 anos
Muller: 66,53 anos (2009 est.)

Notas[editar | editar a fonte]

Datos obtidos de The World Factbook Arquivado 18 de maio de 2020 en Wayback Machine..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]