Demetrio II de Macedonia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 269 a. C. |
| Morte | 229 a. C. |
| Rei de Macedonia | |
| 239 a. C. – 229 a. C. ← Antígono II Gónatas (pt) | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Período | Período helenístico |
| Familia | |
| Familia | Dinastia dos Antígonas (pt) |
| Cónxuxe | Nicaea of Corinth Chryseis of Macedon Fítia Estratonice |
| Fillos | Filipe V da Macedônia ( Apama ( |
| Pais | Antígono II Gónatas |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Реальный словарь классических древностей по Любкеру The Nuttall Encyclopædia >>>:Demetrius |
Demetrio II de Macedonia (grego antigo: Δημήτριος) foi fillo de Antígono II Gónatas, rei de Macedonia e Fila, e sucedeu ao seu pai no ano -239. Era neto de emetrio Poliorcetes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano -266 ou -265, Xustino di que se distinguiu ao derrotar a Alexandre II de Epiro, que invadira o reino de Macedonia, pero moitos historiadores cren que era demasiado novo (uns 12 anos). Casou con Estratonice, filla de Antíoco I Sóter.
Reinou durante 10 anos. Probabelmente ao comezo do seu reinado, Olimpia, viúva de Alexandre II de Epiro, buscando a súa alianza, deulle a súa filla Ftia en matrimonio, pero Demetrio non impediu a morte de Olimpia nin dos seus dous fillos nin fixo nada para vingala. A súa esposa Estratonice estaba moi descontenta con este segundo matrimonio, abandonouno e regresou a Siria, segundo Polibio.
Tivo boas relacións cos tiranos das cidades do Peloponeso que se opoñían á Liga Aquea. Despois entrou en guerra coa Liga Etolia pola posesión de Acarnania e aliouse cos aqueos, conseguindo algúns éxitos parciais. Nesta guerra tivo como aliados aos beocios e a Agrón, rei de Iliria.
Sufriu unha gran derrota a mans dos dárdanos na fronteira noroeste, que lle causaron grandes perdas, pero non se sabe en que período do seu reinado ocorreu. Morreu no ano -229 e sucedeuno Antígono III Dosón, segundo Pompeio Trogo e Tito Livio[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Demetrius II en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 965.