Demòcrates de Catalunya
| Demòcrates de Catalunya | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons |
Demòcrates de Catalunya (DC, en galego: Demócratas de Cataluña) é un partido político catalán fundado en 2015 a partir dunha escisión de Unió Democràtica de Catalunya (UDC). Ten unha ideoloxía democristiá e independentista.
O grupo que formaría Demòcrates de Catalunya decidiu escindirse de UDC tras a ruptura protagonizada entre este e Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), que durante 35 anos coexistiran xuntos a través da marca Convergència i Unió (CiU). Os seus principais impulsores son Antoni Castellà, Núria de Gispert e Joan Rigol.[1]
Pouco despois da súa fundación, o novo partido uniuse á alianza independentista Junts pel Sí que concorreu ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de setembro de 2015.
Para as eleccións xerais de España de 2015 concorreu baixo a denominación Democràcia i Llibertat.[2] O 13 de maio de 2016, Demòcrates de Catalunya anunciou que non se presentaría ás eleccións xerais do 26 de xuño, finalizando deste xeito a coalición con CDC.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Os independentistas de Unió crean o partido Demòcrates de Catalunya". El País. 12 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015.
- ↑ "CDC concorrerá ás xerais baixo o nome de Democràcia i Llibertat". El Periódico de Catalunya. 6 de novembro de 2015. Consultado o 6 de novembro de 2015.
- ↑ "Demòcrates quédase sen representación no Congreso". E-Notícies. 13 de maio de 2016. Consultado o 21 de maio de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en catalán)