Delia Osorio Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDelia Osorio Otero
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1891 Editar o valor em Wikidata
A Barra, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata

María Delia Osorio Otero, nada en Barra, Castro Canedo o 29 de novembro de 1891,[1] foi unha mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1909 matriculouse por libre na Escola Normal de Ourense. Ao rematar o primeiro curso trasladouse á Escola Normal de León. Rematou os estudos de maxisterio na Escola Normal de Pontevedra en 1913.[2] Aprobou as oposicións e foi nomeada mestra de Prada (A Veiga) en 1919,[3] e despois trasladouse ao Castro de Beiro. Pertenceu á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, da que era vogal 2ª do Consello directivo provincial en 1936,[4] e colaborou na súa revista Escuela del Trabajo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituída a principios de agosto.[5] Abríronlle expediente de depuración en 1937,[6] co resultado de separación definitiva do servizo e baixa na escala en abril de 1940.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933, p. 90.
  2. El Progreso, 2-10-1913, p. 2.
  3. La Región, 23-4-1919, p. 2.
  4. La Región, 9-8-1936, p. 1.
  5. La Región, 5-8-1936, p. 4.
  6. La Región, 27-6-1937, p. 4.
  7. La Región, 8-5-1940, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]