Delftse Hout, Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDelftse Hout, Delft

Localización
Mapa
 52°01′16″N 4°22′41″L / 52.021, 4.378Coordenadas: 52°01′16″N 4°22′41″L / 52.021, 4.378
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasHolanda Meridional
ConcelloDelft Editar o valor em Wikidata

O Delftse Hout (en galego: “Bosque de Delft") é un pequeno distrito do noroeste da vila de Delft, na Holanda Meridional, composto principalmente por unha lagoa, superficie boscosa e diversos espazos verdes, ademais dunha área residencial de arredor de 100 habitantes. A área natural é unha das precursoras da rede ecolóxica provincial dos Países Baixos.[1]

A zona boscosa á beira da lagoa de Delftse Hout

A lagoa creouse nos anos 60 a partir da extracción de area para a construción de novas áreas residenciais nas proximidades. Arredor dela hai unha zona de lecer, unha granxa didáctica para nenos e un recinto para animais, ademais dunha praia e unha área de acampada.

Esta zona limita polo oeste coa autoestrada A13 (que vai da Haia a Rotterdam) entre as saídas 8 e 9, e polo leste coa veciña localidade de Dobbeplas, que pertence ao concello de Pijnacker-Nootdorp.

O 22 de novembro de 2006 tivo lugar un referendo acerca dun plan municipal para a ampliación da zona de acampada, que levaría aparellada a redución da área pública de recreo e a corta de 112 árbores protexidas, que serían substituídas por outras novas en cantidade semellante. O resultado do referendo foi o rexeitamento do plan.

Praia nudista[editar | editar a fonte]

A partir de 2013, o concello abriu unha praia para a práctica do nudismo, aínda que diversas sentenzas xudiciais impediron que esta consideración teña rango oficial. No entanto, a Federación Naturista dos Países Baixos segue a considerala como praia nudista.[2]

Accesibilidade[editar | editar a fonte]

Durante todo o ano, mesmo en horario nocturno, a liña 81 da compañía Veolia leva ata Delftse Hout, na parada do cruzamento de Korftlaan coa autoestrada A13. 

Ademais, o autobús 60 da mesma compañía ten unha parada na confluencia entre Tweemolentjeskade e Miereveltkade.

No verán, tamén está dispoñible a liña 80 de Veolia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Delftse Hout no sitio web oficial do Concello de Delft. (En neerlandés)
  2. Información sobre Delftse Hout Arquivado 12 de xullo de 2017 en Wayback Machine. na web da Federación Naturista dos Países Baixos. (En neerlandés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]