Deimos (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega, Deimos (en grego Δειμος, "Dor" ou "Pena") era a personificación do terror. Era fillo de Ares, o deus da guerra, e de Afrodita, a deusa do amor. Cicerón, na súa De Natura Deorum, faino fillo, xunto ao resto dos daemons, de Érebo e Nicte, mentres que Hixino o mitógrafo pono entre os fillos de Éter e Xea.

Acompañaba a seu pai Ares á batalla canda seu irmán Fobos ("Pánico") e a deusa Enio, sendo os dous irmáns axudantes de Ares, cumprindo as ordes que se lles mandaban.

Deimos e outros terribles daemons acompañaron a erinia Tisífone no seu afán de volver tolo a Atamante, o marido de Ino.

O equivalente na mitoloxía romana de Deimos era Fuga, chamado tamén Metus, Formido, Timor ou Pavor.

A figura de Deimos tamén se encontra no anime como personaxe do cómic e serie Sailor Moon e personaxe de Marvel en Olimpian Gods loitando contra Thor e Hércules. Tamén aparece xunto a Fobos na película Hércules como "Pánico e pena".

Asaph Hall, descubridor das dúas lúas de Marte, chamoulle a unha delas Deimos e á outra Fobos.

Fontes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]