Deflación (algoritmo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O algoritmo deflación é un sistema de compresión de datos sen perdas que emprega unha combinación do algoritmo LZ77 e a codificación Huffman. Foi orixinariamente definido por Phil Katz para a versión 2 da súa ferramenta de archivado PKZIP, e foi máis tarde especificado como RFC 1951. O algoritmo deflación está libre de todo tipo de patentes subsistentes, e isto, antes de que expirara a patente de LZW (o cal é empregado no formato de ficheiros GIF), levou á súa popularización e uso en ficheiros comprimidos baixo gzip e arquivos de imaxe PNG, además do formato de compresión ZIP para o cual foi deseñado orixinariamente por Katz.

Podese atopar código fonte para a compresión e descompresión empregando este algoritmo en zlib, a librería de compresión de propósito xeral, dispoñíbel como código aberto.

AdvanceCOMP emprega unha implementación do algoritmo deflación que permite recompresión de archivos Gzip, PNG, MNG e ZIP para obter tamaños de archivo menores que con zlib.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]